o soño dunha noite de san xoán

san xoan

Onte vimos O soño dunha noite de San Xoán. Teño que recoñecer que pasei un bo rato: a peli fai unha boa mestura entre a adaptación de Shakespeare e a propia invención de guión da xente de Dygra. A película gaña forza e dimensión de xeito claro a partir do momento no que as personaxes gañan no mundo máxico: a imaxinación dos deseñadores e a liberdade de representación permiten salvar os problemas que ten o 3D para representar corpos humanos -a personaxe mellor modelada é sen dúbida o duende Oberón– e, sen dúbida, o grupo de instrumentos musicais -a gaita con patas é ben pavera. Tamén están ben introducidas as chiscadelas á tradición popular. Con todo, o principal problema da película, como boa parte do audiovisual nacional, é que a pesar de estar financiado polos cartiños públicos, as versións en lingua galega son puro compromiso. Pódese comprobar na web oficial (non hai versión en galego) e nos propios créditos da película.

One Comment

  1. Anónimo
    31 / Xaneiro/ 2006

    olá eu sou o diogo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *