Obxectos que falan, obxectos que suceden: visita e debate en Galicia 100

Fintan O’Toole

Este venres 21 de outubro teremos un acto moi interesante na exposición Galicia 100, que xa está na Coruña, no local de Afundación (Cantón Grande, 8). Trátase dun acto combinado: unha visita guiada que impartirei eu, duns 55 minutos de duración, e que comezará ás 19 horas, seguida dunha mesa redonda titulada Obxectos que falan, obxectos que suceden, con convidados de luxo. Estará Fintan O’Toole, o comisario da exposición Ireland in 100 objects, inspiradora de Galicia 100, e un dos 300 intelectuais británicos máis destacados da actualidade, segundo The Observer (e iso que non é británico!), Fernando Bouza, catedrático da Universidade Complutense de Madrid, así como o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

A entrada é libre e estades convidadas e convidados a esta pequena festa da cultura.

3 Comments

  1. Antón
    22 / Outubro/ 2016

    Parece un Punset de máis alá dos Pirineos !

  2. Fernando Molina
    25 / Outubro/ 2016

    Buenos días, el pasado viernes 21 de Octubre asistí en A Coruña a la visita guiada de la exposición Galicia 100. Quiero darte mis felicitaciones por ella. La visita me pareció muy instructiva y entretenida. Tiene mérito que durante una hora toda la gente, éramos muchos, estuviéramos pendientes, con interés, de lo que allí nos contaste.
    Después estuve en el coloquio y se me quedó en el tintero una cuestión. Entiendo que debí plantearla allí y no por este medio, pero no lo hice, que le voy a hacer. Además me he estado preguntando todos estos días por que no hice la pregunta. Por eso me he decidido a escribirte.
    A los gallegos en el resto del estado nos asocian directamente con una serie de objetos:
    El hórreo, el cruceiro, el carro de bueyes, incluso por la rueda del afilador.
    Estos objetos no estaban en la exposición, o por lo menos no los vi. Son objetos típicos y a la vez tópicos. Yo creo que si cualquier persona del resto del estado se le pregunta por algún objeto con el que se nos relacione, seguro que menciona alguno de ellos. También supongo que el paraguas, como mencionaste el viernes, podría estar también.
    No quiero poner ninguna pega a la exposición, al revés, hay que daros la enhorabuena. Me parece muy correcta la elección de objetos. Alguno de ellos me sorprendió, por ejemplo el cartel de las fiestas parroquiales, pero también tu explicación del porqué estaba ahí fue extraordinaria. Me di cuenta que la exposición estaba muy pensada. Pero por eso también me sorprendió la falta de esos “elementos típicos”.
    Tengo que volver a ver la exposición.
    Saludos
    Fernando Molina

  3. 26 / Outubro/ 2016

    Ola, Fernando, moitas grazas! E grazas tamén polas propostas dos obxectos, precisamente o que nós alentamos son esas reflexións. “Que falta?”, esa é a pregunta e a partir de aí estamos a recibir as respostas. Hai que dicir que todas, como a túa, son moi interesantes e moi razoadas, e abren debates importantes. As que ti propós é moi interesante porque fíxate, cando comezamos a deseñar a exposición, inmediatamente, sen pensar, comezaron a aparecer dous tipos de obxectos: os libros e os elementos etnográficos coma o carro ou a roda do afiador (o caso do hórreo é distinto porque é un tipo de ben cultural inmoble, como unha casa, non un obxecto, e polo tanto non pode entrar na exposición). Que nos saíran de xeito tan doado estaba revelando algo: traballabamos sobre unha idea da cultura (libro impreso) e de Galicia (tópico postal) que quizais nos velaba para ver outras cousas. Si tiñamos claro que non queriamos facer unha exposición etnográfica, porque existen marabillosas coleccións deste tipo en Galicia (en Santiago, o Museo do Pobo Galego) senón ir un pouco máis alá dese tipo de cuestións evidentes. Aínda así, non rexeitamos obxectos etnográficos (hai mallas, ferrados, obxectos de canteiro, ferramentas para traballar o liño) pero tiñamos claro que nunha selección de 100 obxectos o etnográfico non podía monopolizar ou ocupar todo, debía existir un balance. É, por suposto, unha aposta subxectiva, e os que ti comentas ben poderían ter figurado tamén, pero se cadra por acumulación xenerarían unha idea máis previsible do país. E non buscabamos iso. O cartel das festas é un exemplo do que queriamos, como ben te diches conta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará