Nova prestación de patrimoniogalego.net: consulta todo o catálogo á vez desde Google Earth

Pois xa é posible. Presentamos patrimoniogalego.net para Google Earth! Trátase dunha ferramenta engadida e complementaria para seguir patrimoniogalego.net e empregalo en combinación dun dos programas SIG (sistemas de información xeográfica) máis potentes e populares de Internet.

Só tes que baixar este ficheiro KMZ, abrilo desde Google Earth e disfrutar!

Cada noite o noso servidor realiza unha operación para convertir a base de datos nun ficheiro KMZ -a estrutura de datos nativa de Google Earth. Isto quere dicir que te recomendamos baixala de novo, de cando en vez, para disfrutares dos contidos actualizados con todas as últimas incorporacións á base de datos. A día de hoxe (31/03/2015) vaste atopar máis de 6800 elementos xeolocalizados!

Que podes facer con estes datos?
Lembrarte que estes datos están baixo unha licenza Creative Commons. Non podes copiar os datos e empregalos por aí sen mencionar a fonte orixinal (patrimoniogalego.net) e o seu catalogador, e non podes empregalos con ánimo de lucro sen obter o permiso dos catalogadores de cada un dos bens.

Queremos agradecer a Eladio Rial, técnico do noso equipo, a escritura deste software que multiplica as posibilidades de patrimoniogalego.net.

3 Comments

  1. 8 / Abril/ 2015

    Hola,

    tamén podense deixar os datos nun mapa de CartoDb [http://cdb.io/1E4hBfv]. Os mapas son públicos e a xente pode consumir os datos a través da sua API. Tamén pode descargalos en diferentes formatos [https://michogarcia.cartodb.com/tables/patrimoniogalego/public] e así non limitalo so a o uso co Google Earth.

    Podese desenvolver un pequeno script que actualice os datos dende os seus servidores para evitar ter que descargalos cada certo tempo e que os usuarios teñan sempre a versión boa deles.

    Gracias por o traballo.

    Saudos.

  2. Antonio
    18 / Maio/ 2015

    Hola,

    Gracias por compartir este tipo de recursos. Tengo una duda, en caso de compartir/usar información de esta capa tengo claro que habría que hacer referencia a la fuente (patrimoniogalego.net) pero ¿cómo debemos hacer mención al catalogador?

    Un cordial saludo

  3. Xabier
    3 / Decembro/ 2015

    Boas, sería posible ter unha dirección de WMS para poder abrir o arquivo cun software SIX? . Sería máis viábel para os que manexamos estos programas que ir descarregando cada certo tempo o arquivo para telo actualizado. Grazas !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará