Un usuario do blog deixoume este aviso no post sobre o castro de Soesto, en Laxe, que no seu momento tivo unha escavación de urxencia ante as obras do novo vial a esta localidade. Esta información non está verificada pero creo que é moi importante estar sobre aviso:
Onte falei co xefe da obra que está facendo a carreteira e efectivamente vai pasar por encima do camiño con laixas que vai ata a entrada do castro (según teño entendido o único en Galicia con este tipo de entrada enlaixada), as obras empezaron este luns, e se nadie para esto en breve a porta de entrada ó castro será sepultada baixo a carreteira, esto e información de primeira man (o xefe da obra) El mesmo me dixo que a solución máis sinxela e máis coherente sería que a carreteira seguira polo trazado actual, que non perxudica a nadie e ten ancho de sobra para as características da carreteira que se pretende construir pero que non sabe por que intereses políticos se insiste en pasar por riba do castro, os arqueólogos que agora mesmo están traballando alí tampouco o entenden. Ós da Xunta impórtalles un pimiento.

Xa sabiamos que moitos dos nosos dirixentes non teñen apego á terra ou ó patrimonio, pero neste caso parece de cenutrio non desviar un pouco o trazado do asfalto.