Hoxe publican en El Hematocrítico este menú, supostamente dado aos nenos do comedor da gardería da escola Municipal A Caracola da Coruña. Con todas as cautelas xornalísticas (non contrastei esta información coa fonte da gardería), queríaa compartir convosco para alegrarvos algo do día igual que a min me alegrou a noite.
Haberá a quen lle pareza pretencioso, pero a min pareceume divertidísimo, e unha demostración de que se pode facer algo rico e sano para nenos pequenos que, non o esquenzamos, hoxendía mesmo teñen programas de cociña para eles. Non son un experto en nutrición, pero o menú parece bastante equilibrado e seguro que ten moita menos fritanga que outros menús doutros colexios cos que están castigando aos nosos escolares, aderezados con ketchup para camuflar. Así que un aplauso para as/os cociñeiras/os da Caracola!
Despois de navegar un rato pola web da Caracola, é evidente que teñen moi bo dente:
http://periodicos.edu.coruna.es/eimacaracola/2013/05/13/marga-y-clara-alumnas-de-practicas-en-cocina/
http://periodicos.edu.coruna.es/eimacaracola/el-comedor/
http://periodicos.edu.coruna.es/eimacaracola/2014/03/12/20140312-gran-calcotada-en-la-caracola/