Unha fraga vella, unha vida nova

Que enigmáticas son estas fragas nas que está a piques de declararse o outono por activa e por pasiva, con fanfarrias e quebrantos. A fraga é unha representación de microclimas e as ponlas das árbores son dedos polos que vai entrando, amarela, a nova estación. A frouma, refrescada polas chuvias, vai soltando o seu clásico e denso cheiro de madeira e follas podres, un cheiro que a min se me antolla arrecendo. Hai cheiros que son táctiles, que teñen que ver co fundir as botas na frouma ata o fondo, sen medo a mollar o calcetín.

Así de fermosa luce a Fraga de Catasós, en Lalín. Uns señores máis preocupados pola identidade dos seus apelidos que pola dos seus proxectos xogan ás damas nas mesas onde esta fraga se volve cartografía. Pero eu quédome coa misteriosa e cambiante cartografía das follas do outono, e dos camiños que se afunden na terra mentres tamén se afunden no tempo.

Fotografías de Sole Felloza.

4 Comments

  1. pablo
    27 / Outubro/ 2014

    Que bonito, Manuel.

    Los que somos de la parte de la costa nos sentimos un poco extraños en medio de estas carballeiras y ecosistemas foráneos. Echamos de menos nuestros eucaliptales alfombrados de tojos,silvas y xestas, salpicados de vertederos de escombro aquí y allá
    en fin, quien supiera escribir para glosar nuestros bosques autoctonos

  2. 28 / Outubro/ 2014

    Grazas, Pablo, eu tamén son da costa. Por iso se cadra valoro tanto estas fragas.

  3. 16 / Novembro/ 2014

    Comparte o que queiras, Miguel! Alégrome de que te guste.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará