“Españoles en el mundo”: mínima antoloxía do disparate turístico

Last updated on 12 / Agosto/ 2014

Debería haber unha palabra -e, se cadra, xa exista (agradezo comentario)- para describir esas conversas collidas, involuntariamente, ao voo no medio dunha multitude. Esa irrupción sen querer nunha conversa involuntaria que chega ás túas orellas como un peixe que se engancha accidentalmente nunha rede coa malla máis pequena. Teño a sensación de que cando estás nun país cunha lingua allea a atención magnifícase en canto se escoita algo nunha lingua próxima. Prestamos máis atención a esas frases soltas intercambiadas entre estraños nunha cola, nun grupo próximo ou na mesa do carón, da que lle prestariamos aquí.

Durante a viaxe que fixemos este verán a Escocia -cunha pequena parada en Londres- cruzámonos con moitísimo turista español, pero unicamente nos puntos de masificación turística (Lago Ness, castelo de Edimburgo, Torre de Londres). Uns poucos quilómetros alén do tour programado ou do libro de Historia de secundaria, o turista español adoita desaparecer. Foron moitísimas as frases recollidas ao chou que fan reflexionar sobre que é o que realmente percibe moita xente cando vai ao estranxeiro, cales son as motivacións da viaxe e cantas destas motivacións son persoais e cantas, realmente, son sociais, de estatus, de inercia, etc. E faime graza porque este Estado é un lugar no que a xente adoita ter un concepto culturalmente moi elevado de si mesmos: aquí reina o chiste do americano inculto e que viaxa sen saber por onde anda, ou a risa pailana sobre o mal que fala inglés aquel ou aquela que se atreve a facelo en público. A realidade, percibida ao chou, é terrible. Xuro por Snoopy que estas dez frases foron escoitadas e son reproducidas literalmente. E deixámolo en dez, como unha mínima selección, porque, desde logo, non nos parecía unha ocupación interesante do verán andar a recoller frases do estilo.

Como veredes, máis que ignorancia -que tamén-, o que resumen é a arrogancia dun turista que viaxa sen saber por onde anda e cun interese mínimo pola propia idea de viaxe.

1. British Museum. Sala do Partenón. Señor duns cincuenta anos a un amigo. “Pepe, esas dos rusas de ahí seguro que quieren rollo”.
2. Aeroporto de Stansted. “Me voy de aquí y todavía no sé qué coño es el porridge ese”.
3. Castelo de Edimburgo. “¿Quillo, pero entonces estos se van con Irlanda o no se van con Irlanda?”
4. Castelo de Stirling. Referíndose aos marabillosos medallóns renacentistas do pazo de Xacobe V: “Estos botones los hacían para tapar las humedades”.
5. Castelo de Stirling. “Hazle foto también a la reconstrucción en 3D”, en referencia a unha maqueta posta nunha mesa.
6. British Museum. Neno duns 8 anos: “Papá dijo que nos encontráramos en la sala 25”. Nai: “A mí lo que diga tu padre me la suda, ¿eh? Me la suda”.
7. Camera Obscura de Edimburgo. Xogo de espellos deformantes na rúa. “Vamos a entrar aquí que esto sí que es divertido”.
8. Torre de Londres. “Vente, vente, que aquí están los cuervos del poema”. A señora debeu pensar que os corvos homenaxeaban o poema de Poe, así que debeu levarse un chasco ao saber que tiñan que ver, máis ben, cunha profecía para Carlos II.
9. Fort William. Comedor dun Bed & Breakfast. Moza adolescente: “¿Probamos el desayuno escocés?”. Nai: “Vamos a comer cosas normales. Vete tú a saber qué tiene eso”.
10. Fort William. “¡Tanta historia con la cerveza y luego son incapaces de servírtelas frías!”. En referencia a unhas cask ales, as cervexas de barril, que están sen filtrar, e que se sirven simplemente frescas, case mornas, na cultura local.

Ollo, con isto non quero dicir que o turista español sexa máis burro que o resto. Seguro que se din as mesmas barbaridades en italiano, en inglés, en alemán ou en francés, pero faime graza que sempre se vexa a palla no ollo alleo.

Por certo, dirán que non hai ningunha frase en galego. É certo. É que só escoitamos falar en galego unha vez. Foi na habitación dedicada ao pazo real asirio de Nimrod no Museo Británico. Un pai amosáballe un marabilloso friso ao seu fillo e dicíalle:

“Fíxate, a escena representa a xerarquía de poder establecida dentro da corte e do exército de Asurbanipal e exemplifica a gloria do soberano na captura desta cidade inimiga”.

…que igual é un pouco o outro estremo, non? En fin, que cadaquén xogue a tirar a conclusión que queira (se é que se pode, que non creo) :-)

26 Comments

  1. 11 / Agosto/ 2014

    O meu professor de ciências naturais na primária, Don Manuel, não cansava de repetir esta frase: “Burro no es el que no sabe, es el que no quiere saber”.

    A ignorância é universal, a arrogância e o orgulho da própria ignorância é typically Spanish.

  2. Xabier Moure
    12 / Agosto/ 2014

    O amigo Xosé de Vilarín, de Murias de Rao (Navia de Suarna), di que os visitantes (perdón, turistas) que se achegan por alí fican decepcionados cando ven que os veciños viven en casas con lavadora, televisor… e ata internet. Decepcionados porque no canto de carros utilizan tractores (“¿Papá, es cierto que en los Ancares todavía viven en las pallozas?”).
    Non hai moito, un amigo envioume unha ligazón onde “informaba” das marabillas de Galicia, salientando que “es famosa por sus romerías, el marisco y… el contrabando”.

  3. Jesped
    12 / Agosto/ 2014

    Ta claro, os jalejos non somos espanhois, somos xente con unha cultura moito maior e que sabemos apreciar como se merece outras culturas. Fíxádeos ate donde chejou a nosa lingua reinventada que ajora ata hai un “pazo” de un tal “Xacobe V” en Scotland…

  4. Maceirax
    12 / Agosto/ 2014

    A min pasoume en Portugal, persoas superviaxadas -andaluces, maiormente- tratando aos locais coma indíxenas por simplemente non falar español ou cometer erros ao facer o esforzo de tentar dirixirse a eles no seu idioma.
    Apertas Manolo.

  5. 12 / Agosto/ 2014

    Jesped, para a túa información, imos queimar un par de neuronas traducindo un breve texto. Do web oficial do Castelo de Stirling:

    “Stirling Palace was built for King James V” (http://www.stirlingcastle.gov.uk/palacestory)

    “O pazo de Stirling foi construido polo rei Xacobe V”. Sobre a tradución de James por Xacobe, lembrar que o Camiño de Santiago, o Camiño de San Xacobe, chámase en inglés o Way of St. James (http://en.wikipedia.org/wiki/Way_of_St._James).

    Resulta que o galego vale perfectamente para traducir outros idiomas, e non só para coidar das vacas. :-)

  6. 12 / Agosto/ 2014

    Maceirax, en Portugal poderíanse recoller centos destas. Eu teño unha das peores, e das que me fixeron sentir unha tremenda vergoña allea (aínda que non sei por que) e, sobre todo, carraxe. Estabamos nunha casa rural ao carón de Óbidos, era a hora do almorzo, e chegou a señora da casa cuns billetiños. “Desculpen, como vostedes son españois, quería consultarlles se isto ten algún valor. É que llo deixaron de propina outros turistas españois á limpadora nun sobre por riba da cama”. Mirámolo e eran un par de facsímiles de billetes da República en papel barato. Aqueles días, El Mundo promocionaba unha colección de billetes da Historia de España e os sinvergoñas aqueles deixáranlle á criada de propina dúas destas réplicas.

    Cando llo dixemos á señora, a muller ladeou a cabeza. Nós comentamos a falta de gusto e educación daquela xentalla e a señora díxonos que cousas así eran relativamente frecuentes por parte de turistas do país veciño. En fin.

  7. Jesped
    12 / Agosto/ 2014

    Claro, por iso ó Rei de España chámanlle “Philip VI”, ó anterior “John Charles I”…

  8. 12 / Agosto/ 2014

    ???? ein??? mande???

    En linguas coma o español ou o galego tradúcense os nomes dos reis e membros da realeza á propia lingua. Por exemplo:

    Prince Charles of England

    Tradución en El País: Príncipe Carlos de Inglaterra (http://elpais.com/elpais/2014/06/30/gente/1404145574_005292.html)

    Ou en galego: Rey Felipe VI de España

    Tradución da CRTVG: Rei Filipe VI de España. (http://www.crtvg.es/informativos/primeiro-despacho-de-traballo-entre-o-rei-filipe-vi-e-o-presidente-do-goberno-838208)

  9. Jesped
    12 / Agosto/ 2014

    Precisamente, signos de “jran respeito cultural” pola nosa parte, tanto por galegos como por españois.

    Pregúntome qué tipo de nomes inventarán para Hiro Hito ou Naru Hito… “Maruxiño”? XD

  10. Elixio Vieites
    12 / Agosto/ 2014

    Home … eu sei unha… pero ao revés. Un paisano dunha aldea do Courel preguntoulle a un “turista” deses a donde ía desa maneira co animal que levaba ao lado. O turista espetoulle …”·pero no lo ve.. buen hombre…a pasear un poco el perro”. E o paisano díxolle .”..home… aquí os cans paséanlle sós

  11. 12 / Agosto/ 2014

    hahaha! Moi boa!

  12. Cossue
    12 / Agosto/ 2014

    “A ignorância é universal, a arrogância e o orgulho da própria ignorância é typically Spanish”

    O senhor Jesped semelha arquetípico.

  13. Pascual Gutierrez-Cepeda de los Llanos
    13 / Agosto/ 2014

    Es muy triste viajar y amargarte tanto oyendo comentarios de otros.

    Si viajar a un destino donde crees que deberías estar tu solo, te recomiendo que ganes mucho dinero y te compres un yate. Es lo que hacemos los que podemos. De lo contrario, no tienes derecho a quejarte. La gente de las barriadas de Alcorcón tb tienen derecho a ir a Escocia, a Londres, o a donde les de la gana.

    Muchas veces me ha pasado encontrarme con gallego-hablantes por Europa adelante, y sentí exactamente lo mismo que tú. Sé lo mal que se siente con la verguenza ajena si uno es sensible. Como yo ya vengo de vuelta y tu parece que aun vás, me siento capacitado para aconsejarte que no sintonices lo que no quieras sintonizar.Las personas con excelente oído musical pueden elegir ,dentro de la orquesta, sólo los instrumentos que quieren escuchar.

    Un fuerte abrazo de tu amigo,
    Pascual

  14. Cossue
    13 / Agosto/ 2014

    Só por deixar a cousa clara, na nossa língua já no século XIII se adaptavam os nomes de réis ou papas. Assi por exemplo na Crónica Geral/de Castela temos passages como: “Et enos xvj anos adeante morreu aquel Bieyto papa, et foy posto en seu logar Nicholaus, o primeyro”, onde Bieyto é Benedictus III, e Nichoulaus é Nicolaus I. Saúde.

  15. 13 / Agosto/ 2014

    Pascual, en absoluto me he amargado. Emplearía otros términos: sorprendido/asombrado/divertido/alucinado, etc. Tampoco me quejo: los que no tenemos pasta para el turismo de gran lujo debemos hacer parte al menos una parte del camino con el turismo de tour, y no pasa nada; además, sospecho que en los hoteles cinco estrellas se escucharían involuntariamente una cantidad de sandeces similar, pero eso es normal: no todo en los viajes es comodidad. También las escuchamos en la cola del súper. Por otro lado, me parece fantástico que las buenas gentes de Alcorcón o Ciruelos de la Frontera viajen, que es una cosa sanísima. Lo que demuestra el post es que deben viajar aún mucho más.

    Por otro lado, me alegro de que hayas escuchado un montón de gallegohablantes haciendo turismo por el mundo adelante. Porque yo llevo años viajando y no los he encontrado casi nunca, excepto si me iba a barriadas obreras de las periferias de algunas cidades europeas o americanas. Sí, esas a las que no va el turismo. Será porque no nos gusta viajar.

  16. Jesped
    13 / Agosto/ 2014

    O “arquetípico” paréceme defender en portugalego o traducir nomes propios co argumento de ” já no século XIII” se facía… mentras se cita que “o orgulho da própria ignorância é typically Spanish”… pero non típica galega, verdade? porque os galegos nin somos ignorantes “nim espanhois”, como se intenta suxerir.

    Pena que na práctica queda demostrado que tanto “espanhois” como galegos neste caso fan o mesmo: adaptar de forma ridícula nomes propios á sua lingua, envolvéndose no “arquetípico” patriotismo de “o meu é o mellor”.

  17. Manoel Vieites da Silva
    14 / Agosto/ 2014

    Eu já vivi umas quantas vergonhas alheias com turistas espahóis aí polo mundo afora e aqui polo mundo adentro a sul do Minho… E berram, não sabedes o que berram…

  18. 15 / Agosto/ 2014

    Jesped,

    Na Galiza há várias culturas. Por uma parte temos a cultura tradicional que é uma cultura de pessoas discretas, humildes e trabalhadoras que tem um amor pelo saber e que, isentos de qualquer arrogância, nunca se orgulharam da sua ignorância.

    Depois temos uma cultura moderna urbana muito espanholizada e que, frequentemente, ajusta-se bem aos arquétipos do espanhol arrogante, ruidoso, corrupto e orgulhoso da sua ignorância e da sua “picaresca”.

    E não é que o diga eu, já houve vozes mais autorizadas que o escreveram muito antes. Escutemos, por exemplo, Machado:

    http://www.poemas-del-alma.com/a-orillas-del-duero.htm

    “de campos sin arados, regatos ni arboledas;
    decrépitas ciudades, caminos sin mesones,
    y atónitos palurdos sin danzas ni canciones

    Castilla miserable, ayer dominadora,
    envuelta en sus andrajos desprecia cuanto ignora.”

    Por isso, entre outras cousas, a aculturização espanholizante da Galiza é uma autêntica mágoa.

    Saúde,

    Miro

  19. breiko
    16 / Agosto/ 2014

    Certo, dende que vivo em UK escoito mais castelam que na minha vila, incrivel as conversas e pouco saber estar desta gente, sempre berrando no transporte publico e tentando fazerse os graciosos/racistas a costa dos ingleses nom brancos…

    Fai anos fora coa namorada a Lisboa e tamem quedara abraiado co dos espanhois berrando coa camareira do restaurante ” y ehtoh porque no ehtah en epañol! que no entendemo naaa! “.

    E depois falam de nos coma de pailans… estamos colonizados por umha banda de ignorantes e maleducados, e isso tampouco di moito dos galegos :(

  20. Pedro
    17 / Agosto/ 2014

    O jesped este é simplemente […]. Resulta que os ingleses tamén traducen os nomes dos reis e dos papas. Vaia! a ver se van ser tamén tan parvos como el pensa de nós. En moitas linguas europeas existe a tradición de traducir estes nomes. En cambio non se traducen os nomes dos presidentes ou ministros, por exemplo. Incoherencia? Pode, pero é algo tan incoherente ou non como traducir algúns topónimos e outros non. Por exemplo, din NUeva York, pero New Castle.

    E agora para facer sangue: Se vedes un turista gritón, case seguro que é español, pero se ademais escupe continuamente no chan, non teñades dúbida é españolísimo. Se encima vai tratando de chamar a atención e incluso canta pola rúa para que vexan a súa alegría, andaluz case seguro. Se a todo o anterior unimos unha falta de respecto enorme polas xentes do lugar, pola súa comida, etc., entón poderedes ter a certeza absoluta de que é españolito/a de clase media ou novo rico de nivel cultural minúsculo pero con moita fachenda, iso si.

  21. 17 / Agosto/ 2014

    Grazas polo comentario, Pedro. Permitinme a licenza de editar o calificativo que lle das a Jesped, xa que en Capítulo Cero non se admiten calificativos insultantes cara outros comentaristas. Saúdos.

  22. Jesped
    17 / Agosto/ 2014

    O insulto… esa gran ferramenta para defender argumentos como o “respeito típico galego”.

    Alégrame ver a resposta de Magago, ó que evidentemente tampouco lle gustarán os meus comentarios, pero nin insulta nin censura innecesariamente.

    E non, non oiredes a ningún anglofalante chamar “John Charles I” ó recentemente abdicado Rei, o que sería igual de absurdo coma se lle chamásemos Xan Carlos I, ou que os nosos nomes propios fosen cambiando cada vez que imos a un país con lingua distinta.

    Pero este detalle non é o fondo da cuestión, que é a contraposición da ignorancia “típica española” á sabiduría e respeito cultural dos galegos.

    Aquí temos un cómico exemplo da sabiduría galega:

    http://youtu.be/WKEjhdro3ps

    ¿Qué vos parecería se nun blog andaluz alguén o puxese coma exemplo de cómo somos os galegos? algo tipo: “Illo, mira qué paletos son los gallegos.” meténdonos a todos os galegos no mesmo saco.

    Despois de mais de 25 anos vivindo en Galicia e 10 en Madrid, compartindo traballo e casa con madrileños, andaluces, valencianos, canarios, vascos, australianos, mexicanos, ecuatorianos, alemáns, polacos, arxentinos, norteamericanos, búlgaros, … a miña opinión e que o peor que podemos facer é xeneralizar opinións coma “os españois son X”, “os andaluces son X”, “os galegos somos X”, …

    A miña muller é xaponesa, e despois de mais de 10 anos vivindo e viaxando por toda España en galicia temos a “honra” de ser o sitio donde con moita diferencia recibiu o peor trato por parte da xente na calle. Unha terra “moi culta e respetuosa” donde a pesar de que fale un galego máis que decente e español perfecto a xente fala na sua cara como se non estivese presente ou como se fose idiota, se lle insulta gratuitamente, se lle escupe, se lle tiran cacahuetes, colillas… esta tamén é a nosa Galicia.

    ¿Quero decir con isto que “os galegos” somos así? claro que non, pero vaia casualidade tamén que este tipo de comportamentos ignorantes e racistas pásanlle nun pobo/cidade de Galicia mentras non lle pasaron nun pobo/cidade (similar en habitantes) de Madrid, cando viviu alí moitos mais anos.

  23. 17 / Agosto/ 2014

    Jesped, por zanxar esta cuestión. Rétolle a que lea de novo o texto orixinal deste post -o de arriba de todo- e me sinale, citando literalmente algún fragmento de texto, onde se di que os galegos temos un mellor comportamento no exterior que outros pobos, ou se os españois son máis burros viaxando que outros pobos. Non se deixe levar polos seus propios prexuízos -que os ten, e abondos- e lea seriamente os textos sobre os que quere opinar. Fíxese en todo o pó que anda a levantar por non ser capaz de ler un texto. Na medida en que vostede está a opinar sobre a súa propia opinión e non sobre o texto orixinal, a conversa é calquera cousa menos frutífera.

  24. Isaac
    20 / Agosto/ 2014

    Escoitado a un guía turístico nunha viaxe ás Cíes:
    -“Tódolos anos aparece por Cangas algún castelán preguntando polo “CABO JOM” (Cabo Home) e se dubidas repíteche ..”CABO JOM NA PARROQUIA DE HOJAIO” (parroquia O Hío).

  25. Xabier
    21 / Agosto/ 2014

    Ola! Íache comentar algo de benvida (e creo que adeus) a Escocia, pero como están as cousas por aquí…
    :)
    :)
    Para a próxima vez que veñas, avisa, e a ale págoa eu.

  26. 21 / Agosto/ 2014

    Trolleadas, Xabier…nada que non coñezas. ;-)

    Pasei por Stirling, pero a penas unhas guirihoras para ir ao castelo, que iamos para outro sitio. Non quixen liar con avisos. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará