O Castro: outro recinto fortificado inédito en Rianxo

Last updated on 8 / Xuño/ 2014

Un importante recinto defensivo artificial domina o río Ulla e…a autovía do Barbanza.

Quería comezar con esta imaxe grande que vedes aquí enriba para chamar a atención sobre o importante que é que hoxendía sigan aparecendo novos sitios arqueolóxicos. En vermello están O Pilotiño (o novo castro rianxeiro do que dimos constancia o outro día) e O Castro, o novo sitio arqueolóxico que presentamos hoxe. Ambos os dous teñen en común cos xa coñecidos -Isorna e Bexo- un control case paranoide sobre os camiños, as vías de comunicación naturais e o río Ulla. O que vemos aquí é unha paisaxe arqueolóxica que cada vez se vai completando máis, cunha intensa presión cultural ao redor deste magnífico recurso cultural do centro de Galicia, que é este río. Por iso ten sentido seguir explorando o territorio e procurando o seu pasado: hoxe sabemos aínda máis sobre a intensidade do poboamento humano e o importante que foi o río para culturas anteriores á nosa, igual que o segue sendo para a nosa, como vedes nas infraestruturas públicas.

E iso é a segunda reflexión da que é imposible non darse conta. Que teñen en común O Pilotiño e O Castro, o novo sitio arqueolóxico, ubicado exactamente ao carón da glorieta de saída/entrada da autoestrada do Barbanza cara Catoira? Pois iso: a autoestrada. Que fixeron exactamente os equipos arqueolóxicos responsables de prospectar estes montes? Por que estes dous sitios arqueolóxicos non foron localizados e inventariados? Podo entender que O Pilotiño non fora visto (de aquela non había as tecnoloxías actuais), pero O Castro é un mazacote ben cantoso. E, ademáis, o sitio arqueolóxico que hoxe presentamos, está ubicado nunha zona chamada na cartografía “Monte do Castro”. Curiosamente a autoestrada pasa ao carón, pero sen tocalo (aínda que obviamente por dentro do perímetro de seguridade arqueolóxica do xacemento) e tamén a glorieta desenvólvese aos seus pés. Ou sexa, ou ben os arqueólogos responsables deste traballo non se enteraron da existencia do castro, ou ben enteráronse e colaboraron a través do seu silencio coa empresa e a Administración en non declarar este lugar. Dá a impresión, pola proximidade das obras, que ás caladas apostouse por minimizar o impacto sobre el, posiblemente sen aplicaren as medidas científicas cautelares habituais (escavación, etc.) para aforrarse pasta e tempo. Descoñezo a documentación e non vou facer acusacións neste sentido, só sospeitas. Pero a cousa canta demasiado.

O Castro non figura no PXOM de Rianxo. Se está inventariado pola Xunta, non se produciu unha transferencia de información cara o PXOM (cousa realmente difícil). Pero como digo, é case imposible non atoparse co castro, que está exactamente no límite da autovía, algo absolutamente escandaloso. Tamén descoñezo se se fixeron sondaxes de control nesta zona, pero entendo que se o castro non foi declarado, as sondaxes non tiñan moito sentido facelas. Como cada vez se sabe máis, e os arqueólogos saben ben desde hai décadas, os castros son “máis que castros”, fóra deles hai vida, hai restos de gran valor (mirade Coeses), por iso hai áreas de cautela…

En fin, unha xogada de moito nabo.


Mapa de pendentes. Observade a posición do castro en relación á autovía.

Pero agora imos ao asunto. Un dos editores de patrimoniogalego.net, Elixio Vieites, localizou a través do LIDAR a existencia dun promontorio de acusadísimas ladeiras xusto ao carón da saída da autovía a Catoira. A existencia dun topónimo Monte do Castro na área tamén chamou a atención. Así que hoxe fumos dar un paseo ata o lugar e confirmamos o sitio arqueolóxico, que parece do máis interesante.


Interpretación do frontal oeste do castro con posibles elementos defensivos.

Trátase dun recinto fortificado de forma oval (N-S), que aproveita as pendentes naturais dun esporón do Monte do Coto ou da Picota para achairalo na súa zona superior e fortificalo. O recinto está moi cheo de maleza e é moi, moi díficl recoñecelo. O LIDAR revela unhas posibles plataformas na zona este que non puideron ser verificadas, pero a visita ao sitio arqueolóxico permitiu recoñecer máis elementos que o LIDAR non amosa, como a posible existencia dun foxo na zona oeste, a máis vulnerable, e un posible parapeto exterior, que se pode apreciar na imaxe, moi esmorecido, case inexistente. A plataforma superior é totalmente chaira e artificial.


Artificialización do outeiro. Imaxe LIDAR.

A posición estratéxica do Monte do Castro é espectacular. As súas dimensións suxiren que se trate dun castro de pequeno tamaño vinculado ao control do territorio, dos camiños, e dunha ampla zona de potencial agrario que baixa ata o río.

Esta información foi transmitida ás autoridades competentes para que o sitio arqueolóxico poida ser protexido de forma legal, xa que a quen lle correspondía facelo non o fixo no seu día. E mira que era difícil non velo. Como sempre digo, nós non dicimos que fumos os primeiros en velo, localizalo, saber del…basicamente dános igual. Pero o que si está claro é que se trataba dun sitio arqueolóxico sen protexer no PXOM.

Localización do castro en patrimoniogalego.net

Actualización: aquí podes consultar outro post con máis datos sobre o castro.

7 Comments

  1. Pablo
    26 / Maio/ 2014

    Hay muchos lugares que no aparecen en los PXOM pero que aparecen en los catálogos de patrimonio de la Xunta. Por ejm una necrópolis de 3 mámoas enormes en Forcarei que no salen en el PXOM, y al investigar un poco resulta que habían sido catalogadas e incluso excavadas por Filgueira Valverde en los años 60-70 , con su numero de catlogo etc.
    Segun me han dicho, estos catálogos se pueden consultar por cualquiera,simplemente hay que ir a la delegación de Patrimonio en la provincia pedir autorización y te enseñan EL PAPEL donde esta registrado.Del cual no puedes hacer fotocopias ni nada. Repito, PAPEL. :-)

  2. Pablo
    26 / Maio/ 2014

    Y despues están los “olvidos” incomprensibles, o comprensibles si somos malpensados. Como una mámoa de más de 30 mts que no sale en el
    PXOM DE A ESTRADA que dice: “Patiño Gomez e Garcia-Lastra Merino (1987:213) sinalan a existencia doutro elemento tumular de grandes dimensións situado a uns
    800 m. ó NL dos túmulos I e II (de chan da quenlla), do que non foi confirmada a súa existencia”

    Referencia en el artículo mencionado del año 87 (Nos lo remite Montserrat García-Lastra Merino):
    ” Mámoa ES.14. Está a un kilómetro al Noroeste de ES.13 y a unos 800 mts. al este de ES.06. Se observa a gran distancia porque está situada en una gran planicie sin vegetación alta,sólo con hierbas y tojos pequeños. Sus ejes miden 30 y 28 mts. con una altura de túmulo superior a los dos metros. La violación tiene un diámetro de 7,5 mts. y una profundidad de 1,20 mts, con zanja de entrada desde el Este. Está situada a una altitud de 400 mts. y la vegetación de su superficie es análoga a la de entorno”

    En fin… que la protección del patrimonio es una coña total…

  3. 26 / Maio/ 2014

    De todos os xeitos, Pablo, iso acontece moito máis nos PXOMs vellos. Hai PXOMs dos 80 e dos 90 que traen unicamente elementos básicos, pero nos últimos anos o inventario avanzou de xeito notable. O PXOM de Rianxo é de 2011, moito despois da construción da autoestrada, e aínda así, na revisión que lle están facendo vanse incluír máis de dez novos elementos…

  4. Moncho
    26 / Maio/ 2014

    Mira que pasei veces polo seu lado na bicicleta… Haberase que dar unha voltiña de novo.
    Por certo que, falando da construcción da autovía, hai anos tiven oportunidade de falar cun paisano que traballara nela e contábame que, cada dúas por tres, daban con algún elemento arqueolóxico. Xa vos podedes imaxinar que a política que imperaba era a do “calade e tirade para adiante…” En fin!

    Aproveito para facerche unha consulta que levo tempo queréndoche preguntar: Con que programa abres as imaxes LIDAR? No visor Gis permíteme descargalas, pero despois non hai maneira de abrilas. Hai forma de velas directamente online, ou hai que facer a descarga necesariamente?

  5. 26 / Maio/ 2014

    Ola, Moncho, si, eu tamén sentín iso da autovía, pero non podo confirmalo…ata que agora comézanos a saír estas cousas. Lembro ser eu pequeno e escavaren unha mámoa na Pobra e contarnos o arqueólogo que a autoestrada ía pasar sen que eles remataran de escavar (faltaríalles a metade). Eu maldito se entendía por que era iso…e sigo sen entendelo.

    Con respecto ao LIDAR, estou aprendendo a andar con eles. Cando teña uns cantos métodos doados “para todo o mundo” farei un titorial público. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará