#ventoechuvia: presentación con ‘making of’ na Libraría Couceiro este venres 22

O outro día presentamos en Santiago o proxecto Vento e Chuvia. Agora é o momento de xa presentar o libro, e sobre todo, achegar algo distinto á presentación do outro día: o apaixonante proceso de traballo a nivel conceptual, narrativo e gráfico que está detrás de Vento e Chuvia. A idea é explicarvos a nacenza, o tecido dalgunhas das historias, ver o seu río e a súa desembocadura. Sole Felloza axudaranos narrando algunha delas. Será este venres 22 ás 20:00 na Libraría Couceiro, na cidade vella de Compostela. Alí nos vemos!

6 Comentarios

  1. Miguel Gutiérrez
    20 / Novembro/ 2013

    Noroboa….. menuda presentación… menudo traballo… menudo equipo..parabéns de verdade.
    Unha pregunta. Coñecedes en Corme un sitio chamado a Capela dos Mouros? Está situadoo o fondo da ría de Corme….

    Miguel Gutiérrez
    Riotorto

  2. 20 / Novembro/ 2013

    Grazas, Miguel. Esa Capela dos Mouros pode ser a da Illa da Estrela, ou de algona praia en fronte da Illa da Estrela?

  3. Miguel Gutiérrez
    21 / Novembro/ 2013

    Si efectivamente un monte enfronte da Illa. Dígoche pq lle comentei o da Torre dos Mouros a un compañeiro meu que é de Corme. E enseguida me saíu co da Capela dos Mouros….. Imaxino que estará referenciando unha mámoa ou algún outro monumento megalítico… mais tarde cristianizado.

    Saúdos

  4. magago
    22 / Novembro/ 2013

    Miguel, o topónimo está posiblemente vinculado a que na Illa da Estrela houbo unha capela antiga da que aínda se ven as bases.

  5. Miguel Gutiérrez
    25 / Novembro/ 2013

    Son dos temas distintos. Por un lado a Ermida da Illa da Estrela e por outro a Capela do Mouro. Esta capela desaparecu fai moito tempo. O sitio está nun monte preto da Illa cunha vistas boas sobre toda a ría e ten ao seu redor lendas …. envíoche por mail un plano de situación aproximado

    Saúdos

  6. 25 / Novembro/ 2013

    Grazas, Miguel!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *