Fotografías que son novelas (15): Manuel Hermo Vidal

É ver esta imaxe e saber que algo marchaba mal nela. Fíxense. Observen á muller, logo aos fillos maiores, que están de pé. Estudien a cara da filla maior, da dereita, a do mediano e como a penuria parece transformarse en carraxe na do fillo máis alto. Contrástena coa dos nenos pequenos, que non saben moi ben que é o que está a pasar. E despois reparen nel, en Manuel Hermo Vidal, de alcume Molinera. Está sentado e ten unha pranta dunha nobreza; durmiu pouco, pero a súa cara é dunha enorme serenidade. Esboza un sorriso lene, o correcto e o xusto. Está facendo ese xesto para o futuro. Para os seus fillos. Para a súa muller. Pero ese sorriso case imperceptible, pero case desafiante, chega ata nós. O fondo pode ser calquera lugar, aínda que sospeito (mañá se teño un minuto tentarei comprobalo) que é o Pazo de Raxoi.

Manuel Hermo Vidal era tenente alcalde da Pobra do Caramiñal. E era o alcalde en funcións durante a sublevación militar fascista de 1936. Esta foto está tirada despois de saber que estaba condenado a morte.

Foto: Proxecto Nomes e Voces. Ver ficha de Manuel Hermo.

13 Comentarios

  1. 19 / Novembro/ 2013

    A foto dun afouto.

  2. 19 / Novembro/ 2013

    Por certo, localicei o lugar exacto da foto e nos axuda algo máis a entender do contexto na que foi tomada. A foto realizouse no patio interior do Pazo de Raxoi. Os baixos deste pazo compostelán (cousa que non todo o mundo sabe) eran unha cadea á altura de 1936-37. Ese patio interior, hoxe non visitable, era o patio ao que sacaban aos presos detidos. A foto está tomada xusto ao carón da entrada a este patio desde o exterior. Ou sexa, a familia a penas entrou no patio dos presos para realizar a fotografía. O sitio exacto sufriu algúns cambios mínimos, pero é perfectamente recoñecible e cando estiven nel, e imaxinei a escena, e as voces ecoando (é un patio moi profundo, escuro e húmido, un patio de perfecto presidio), deume un triste calafrío.

    Estou traballando para coñecer máis información sobre esta historia. Ao parecer, só sobreviven dúas persoas desta fotografía. Xa vos contarei.

  3. 19 / Novembro/ 2013

    Realmente impresionante. Arrepía pensar nese escenario.

  4. isaac
    19 / Novembro/ 2013

    Penso que ten un pitillo na man… e nunha foto de familia, cando todos están moi postos para a fotografía non é moi normal… supoño que lle deron pouco tempo para fumar, estar coa familia e sacala foto.

  5. 20 / Novembro/ 2013

    Un bo detalle, Isaac.

  6. Paula
    14 / Febreiro/ 2014

    El é o meu bisavó, o neno baixiño da esquerda , é o meu avó,pai da miña nai.. .é incrible a historia que me contaron sobre meu bisavó e todo o que decubrín sobre él pon os pelos de punta..
    deixo meu gmail.. por si alguén está interesado neste tema..

    paulyta.otero@gmail.com
    Un saúdo!

  7. María
    3 / Marzo/ 2014

    A Manuel Hermo Vidal, mi abuelo, lo asesinaron el 16/04/1937, aunque sigue vivo en cada uno de sus hijos, nietos o descendientes. Su inteligencia, valía y valor nos hacen llevar su memoria con la cabeza bien alta, ya sea en su Galicia natal o fuera de ella. Como decía un amigo las personas solo mueren cuando las olvidamos y a Manuel Hermo Vidal lo recordaremos siempre.

  8. 25 / Decembro/ 2014

    Se ve en su serenidad que fue una persona de principios y amante de su familia. Que Dios bendiga a sus descendientes.

  9. Manu Hermo
    14 / Febreiro/ 2015

    Ese home era o meu bisavó, e o que está xusto detrás del, o rapaz do medio, era o meu avó, e cada día que vexo esta foto síntome orgulloso de levar o mesmo nome que estas dúas persoas, os cales son realmente os que me representan. Por sempre Molinera. Eu sei que vivides en nos.

  10. 16 / Febreiro/ 2015

    Fermosas palabras, Manu. Unha aperta grande.

  11. Hermo Iglesias "la molinera "
    13 / Abril/ 2015

                                                       EL MOLINERA

    Rabí, “Maestro”, ¿Que tengo que hacer  para heredar la vida eterna?: 
    Ama a Dios sobre todas las cosas y al Prójimo como a ti mismo.

    La memoria histórica deja constancia para mal de que el ser humano no solo no cumplió con estas sabias palabras, sino vez tras vez cometió los mismos errores, todas las guerras son malas pero las que se pelean entre hermanos si caben son peores.

    Dios nos doto de libre albedrío pero la libertad tiene sus limites sino se respetan se pagan las consecuencias.
    Nadie en su sano juicio se tiraría del décimo piso, porque el resultado sería desastroso. No podemos borrar el pasado pero Sí evitar cometer los mismos errores.
    La guerra civil española es un ejemplo claro del fracaso del ser humano, porque ni siquiera se respecto la ley de la sangre,  hermanos carnales se pelearon entre sí.

    16 de abril 1937 una fecha para no olvidar  porque alguien dijo que las personas solo mueren cuando las olvidamos.
    Recordando a todos los “Molineras”, que de un modo u otro siguen vivos en nuestra memoria.
     

  12. Susana Goyanes Hermo
    17 / Abril/ 2015

    Este home era meu bisabó, pai de Guillermo, meu abó, o maior dos sete fillos. Eu conservo a carta que lle escribíu pouco antes do seu asasinato xunto coa foto orixinal. Acabo de enterarme que ten unha rúa co seu nome. Sempre presente na miña memoria con moitisimo orgullo

  13. Anónimo
    17 / Abril/ 2015

    Que palabras más profundas y esta triste historia no hace más q recordarnos q el hombre a dominado al hombre para perjuicio suyo, pero es evidente que su recuerdo sigue presente entre sus seres queridos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *