Temos un sistema xudicial ou un coador?


Toda unha imaxe que revela a improvisación das forzas de seguridade na xestión dos rexistros no domicilio de Doutor Teixeiro. Foto: Soler / La Voz de Galicia

Hai moitas lecturas que se poden facer sobre como se está xestionando desde os medios de comunicación o caso da morte da pequena Asunta Basterra. En xeral, non se pode facer unha análise única, senón que os tratamentos difiren moito en función das cabeceiras, aínda que o asunto está collendo unha inercia que está arrastrando a todos. Pero hai unha cousa que está clara, que é ruborizante, e pola que en calquera país moderno deberan rodar unha ou dúas cabezas: a filtración absoluta de todos os datos da investigación aos medios de xeito case directo. Calquera garantía para os acusados, calquera asomo de discreción na investigación está rebentado a partir das fugas de información propiciadas desde o estamento xudicial ou as forzas de seguridade do Estado. É dun escándalo, dunha ineficiencia tan absoluta que se me poñen os pelos de punta. E ese papel vergoñento do noso sistema xudicial e de seguridade ten consecuencias como as que estamos sabendo agora: os avós finalmente non testaran na pobre nena a súa herdanza. Un Estado debe garantir a privacidade dos imputados e o secreto da investigación para evitar todo o que está a pasar, non propiciar e facilitar as escenas e os xuízos públicos que estamos a ver.

Simplemente pensen, imaxínense que algún de vostedes se atopan metidos por casualidade nun fregado similar. E que aqueles que deberan velar pola limpeza do procedemento e, polo tanto, pola súa seguridade e respectabilidade (sexan ou non culpables), se dedicaran a pasar todos os datos a vox populi.

12 Comments

  1. 26 / Setembro/ 2013

    Eu tamen sinto vergoña. Neste país calquera pode escribir ou dicir calquera tontería sin que teña que responder do que dí. O do segredo xa é de verbena. Alguén terá que responder xa polas filtracios de cotío.

  2. Antón Malde
    26 / Setembro/ 2013

    Terríbel.

  3. 26 / Setembro/ 2013

    Muchas gracias por escribir esto. Yo al ver la foto pensé algo parecido: no me gustaría que me pasase algo así a mí. Es una especie de linchamiento.
    Y espero que sirva de toque de atención a los periodistas . Me imagino que debe de ser difícil tratar esos temas, pero creo que han superado varias veces los límites. Es un crimen inexplicable por ahora, pero eso no puede llevar a lanzar hipótesis gratuitas y a señalar a personas concretas como posibles culpables.
    Yo lo flipé al ver el atestado policial de la desaparición entero en un periódico. Deberían rodar cabezas.

  4. Alba Nogueira
    26 / Setembro/ 2013

    Concordo completamente. E o caso é que hai unha inspección dependente do CXPX que pode/debe actuar.

  5. Marivi
    26 / Setembro/ 2013

    Totalmente de acordo, estamos a deshumanizarnos. O falar por falar sin pensar no dano irreparable que podemos causar,.

  6. natalia
    27 / Setembro/ 2013

    Concordo ao 100 %. 0 garantías en tódolos aspectos. Isto comenza a dar medo. Imos cara atrás… Haberá retorno?

  7. 27 / Setembro/ 2013

    Sin más. Y además compruebo que este tratamiento “casquero” es adictivo e infecta a los medios. Dará oyentes…
    Salud

  8. Miguel
    27 / Setembro/ 2013

    A responsabilidade da prensa ata onde chega?, publicarónse fotos da nena co rostro sen ocultar, algo que a Ley regula “Ley de Protección Jurídica del Menor”, xaneiro de 1996. O apartado segundo do artículo 4 establece: “La difusión de información o la utilización de imágenes o nombre de los menores en los medios de comunicación que puedan implicar una intromisión ilegítima en su intimidad, honra o reputación, o que sea contraria a sus intereses, determinará la intervención del ministerio fiscal”. intromisión ilegítima, apartado terceiro: “Cualquier utilización de su imagen o su nombre en los medios de comunicación que pueda implicar menoscabo de su honra o reputación, o que sea contraria a sus intereses incluso si consta el consentimiento del menor o de sus representantes legales”. preo podemos falar de outras traxedias ou catastrofes, Angrois, etc., non me gusta calificar ós medios nin ós xornalistas de buitres, pero a autocrtica non vai con eles, pero como ben sabemos en esto sempre teñen o as para mata-lo tres.
    Outra cousa; esto está a acontecer todos os dias, pero que pasa, que se es Barcenas, ou os Eres de Andalucía dende certos sectores non se censuran as filtracións nin a onde foi a presunción de inocencia.
    Tamen quería ver eu, se non estivesemos a falar de gente bien del ensanche de Santiago estariamos nestas, por sorte nuns días xa estará esquecido e haberá carnaza nova coa que alimentar á bestia.

  9. Patricia---
    27 / Setembro/ 2013

    Yo mas bien creo que nunca estaria metido en un fregado asi…sabes porque no ? Pues porque no mentiria…porque no llegaria a estos extremos esta mujer sabe porque llora….porque su STATUS social el nombre que tenia ahora esta manchado…se ve acorralada se ve desprotegida….pero se merece ser protegida….realmente a xente esi deberiamos aplicarlle a ley….sinto moito sei logicamente que si que claro que todos deberiamos tener es derecho pero…con gente como esta mujer….permiteme que no me de ni la mas minima pena

  10. Pablo
    28 / Setembro/ 2013

    Esta mañá falaba Miguel Túñez en Onda Cero con Isabel Gemio sobre o caso. Si. Túñez e Gemio. Tamén criticaba o xeito en que se está a dar a información pero ata el confesaba estar “enganchado como audiencia”. Todo polas audiencias, botándolle lume á fogueira con calqueira garabullo non verificado.
    E a audiencia xera beneficios, claro. Queda tamén moi ben exposto neste post de Mi mesa cojea, brutal e que fai reflexionar tanto como o teu: http://www.mimesacojea.com/2013/09/paren-las-rotativas.html

  11. alvaro
    28 / Setembro/ 2013

    Independentemente das responsabilidades de cada quén que deberá dilucidar a xustiza atendendo a varios parametros (entroutros a situación mental) a min o que esta a pasar dame moito medo.

    Medo a que se repita o xuízo médiatico que tivo Dolores Vázque no caso Wanninkhof, ao final demostrouse que era inocente, pero logo dunha condena inxusta, de poñela verde na TV e de pasar unha tempada da cadea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará