Última actualización o 23 / Agosto/ 2013
Nun escaparate de Dijon descubrín esta magnífica colección de conservas portuguesas. A empresa chámase José Gourmet [esta é a ligazón ao seu interesante web] e ten unha divertidísima colección de conservas embaladas con esta moderna e divertida presentación, encargadas a diferentes ilustadores portugueses. Cada conserva, ademáis, incorpora un pequeno texto literario vinculado ao produto que se presenta. Por exemplo, das sardinhas en azeite:
As sardinhas passeavam na costa atlântica, fazendo cócegas, costa acima, costa abaixo. E, de tanto rir, esticar, abanar, contorcer… a costa ficou assim como a conhecemos.
As sardinhas con tomate:
Certa sardinha quis transformar-se num tomate. Conseguiu mas perdeu o aroma e não achou piada ao corpo, vermelho e liso. Decidiu voltar atrás e passou a convidar o tomate para conversar: conversas de conservas.
As lulas en caldeirada:
Uma lula queria ser pintora. Arregalava os olhos e pintava tudo o que via. Mas, logo que acabava de pintar, mudava de cor e misturava-se com a sua pintura. Por isso ninguém a via nas exposições.


¿Pero están boas ou que? Preciosas, si señor.
Non as probei, cabaleiro, este é un post estético. :-)
Teñen toda a pinta, dende logo, Esperemos que haxa concomitancia de fondo e forma, como dicía un profe de literatura moi … que tiña no instituto. Se as dou catado, enviarei informe.
;-PS (relambéndome con pensalo)
teñen uns textos moi semellantes os que les pon eses artista carnotan nacho porto as suas pezas, veali tedes un elnce, non teño comision , o millor os eu bestiario de segunda xeracion http://www.nachoporto.com/catalogoweb/bestiario/dosgene.php