


Que, como se che queda o corpo? Teño nas miñas mans o Baralho Suevo, que a Gentalha do Pichel preparou desde a súa Comisión de Historia como unha acción reivindicativa da conformación en Galicia no ano 410 do primeiro reino medieval de Europa. O Reino Suevo durou douscentos anos pero despois caeu no esquecemento historiográfico e popular. Con excelentes ilustracións de Daniel Xove, esta baralla representa as personaxes máis relevantes deste reino, ademáis do seu rico enxoval numismático, dando a coñecer a interesante época sueva da nosa historia. Unha peza para coleccionistas e unha peza para disfrutar que faría a envexa de Fournier!
A Gentalha vende estas barallas a 10 euros e só fixo unha tiraxe de cento e pico. Eu que ti apuraríame. :-)

Pois dame a min que a van ter que sacar de novo…por que agardo que llas saquen das máns. Apertas.