Last updated on 20 / Novembro/ 2012
Para un capítulo que nos pediron sobre a experiencia da Torre dos Mouros, redactei este texto, crítico coa argumentación tradicional que se fai para xustificar unha intervención arqueolóxica ou un proxecto de recuperación, e defendendo que os sitios arqueolóxicos, mesmo desde o punto de vista económico, son algo máis.
Podes lelo no interior do post.
El proyecto de la Torre dos Mouros parte de la premisa de que un sitio arqueológico es un objeto cultural. Es decir, constituye no sólo un espacio físico de trabajo científico, sino también un ecosistema de productos y servicios en continua generación de contenidos. Como tal, puede ser concebido dentro de las estrategias de la denominada industria cultural y del conocimiento y aprovechando sus recursos, canales y potencialidades. Creemos que es imprescindible pasar del concepto ‘actividades adicionales de difusión’ a la idea de construir una programación cultural per se, orientada a diferentes segmentos de población.
Así mismo, este objeto cultural debe convertirse en una fuente reconocible de recursos para la población local y supralocal, y esos recursos no deben ser únicamente económicos, sino sociales, comunitarios e identitarios. Los sitios arqueológicos son, por definición, lugares de memoria, pero también espacios que agregan valor a sus territorios de múltiples maneras. Creemos que muchas intervenciones arqueológicas deben ser concebidas, en primera instancia, intervenciones de creación de ‘espacio público’, como lo son las escuelas o los campos deportivos.
Consideramos un grave error de nuestras políticas públicas sobre el patrimonio cultural el legitimar la viabilidad de una intervención arqueológica y de recuperación de un yacimiento únicamente a través de los beneficios del sector turístico, usando exclusivamente criterios de retorno económico a través de inputs de hostelería. Las políticas así concebidas suelen ignorar a la población local, que debe ser la defensora del yacimiento ante las administraciones públicas cuando estas cambian sus prioridades y políticas.
Por otro lado, muy pocos yacimientos arqueológicos son o serán capaces de generar un amplio flujo de visitantes turísticos reconocible como tal en Galicia. En la actualidad, sólo aquéllos que reúnen grandes condiciones fácilmente perceptibles de espectacularidad natural, como Baroña o Santa Trega, pueden conseguirlo (Torre dos Mouros reúne condiciones similares, es una de las mejores vistas de la Costa da Morte, pero queremos ir más allá en su narrativa). Esto puede generar entre los promotores frustración y desánimo ante las expectativas defraudadas que se plantearon o les plantearon. Se olvidan de que la clave de funcionamiento para muchos yacimientos, “importantes pero no impactantes”, es la difusión sostenida a medio plazo. En zonas rurales puede ser más rentable desde el punto de vista de la oferta turística generar ecosistemas y entornos ricos en pequeños elementos complementarios que una operación única, como ocurre en la Dordoña francesa.
El discurso legitimador turístico alienó y distanció a muchos ciudadanos de sus yacimientos y recursos de patrimonio cultural local: no sienten que sean “bienes comunes” (González et al, 2013), sino que, a falta de estudios de mercado y planes estratégicos realistas, están destinados a un turista imaginario que nadie sabe exactamente cómo es ni de dónde viene. Son recursos construidos hacia un exterior impreciso e indeterminado. Son esas políticas las que condujeron al fracaso y abandono del 90% de las rutas de senderismo abiertas en los últimos diez años en Galicia. Son senderos escasamente recorridos y no reconocidos por la población local como alternativa de ocio para ellos mismos o foráneos; su no consideración como infraestructura pública municipal provocó su desatención. El gestor político no pierde un sólo voto con un sendero impracticable.
Nuestra estrategia pasa por implicar a la población local en los procesos de construcción del conocimiento científico alrededor del sitio. Consideramos que un yacimiento arqueológico puede desempeñar un importante rol de estructuración y vertebración de las comunidades locales, en un contexto de pérdida de los referentes habituales en la sociedad tradicional; ante el colapso gradual de la economía rural tradicional -que es también un colapso de su imaginario simbólico- y su redefinión hacia no se sabe dónde, los yacimientos ejercen un papel de permanencia y vínculo. Creemos que es este papel estructurador el punto de partida de las oportunidades sociales y oportunidades de negocio, como efectivamente el turismo cultural, pero también para la generación de un renovado capital simbólico alrededor y sobre el territorio, absolutamente vital para el dinamismo social de un área.

Concordo plenamente no fondo do asunto.
O binomio arqueoloxía-turismo é unha falacia na maior parte dos casos. O “rendemento” da arqueoloxía mídese noutros parámetros, pois debe servir, sobre todo, para fornecer de referentes físicos a unha memoria, e esta memoria (historia), na media en que é compartida e asumida, debe servir para criar conciencia de comunidade. Ése si que é un valor de verdade, e con el outros valores (mesmo os económicos) se incrementan.
O fracaso de certas políticas (sendeirismo, por exemplo) non ten que ver coa utilidade concreta do sendeiro, senón coa inexistencia desa conciencia de comunidade (chamémoslle sociedade civil). En realidade, estas iniciativas funcionan do seguinte xeito: Un concello rural accede a fondos para financiar iniciativas de desenvolvemento rural. Alguén propón desbrozar unha vella corredoira para crear unha ruta de sendeirismo. O concello contrata unha brigada, e usa os fondos para alimentar a súa rede clientelar. Chegan as eleccións, e o alcalde recibe os votos agradecidos, mentres a corredoira volve a encherse de silveiras. Obxectivo cumplido: o alcalde consegue manterse no posto, os contratados conseguen cartiños para ir o fin de semana á macrodisco comarcal, e o subdesenvolvemento rural crónico permanece para poder seguir optando a fondos que permitan seguir alimentando redes clientelares. Este sistema é algo consentido porque funciona. En ausencia de sociedade civil, o rural galego non esixe unha boa xestión, porque os feitos demostran que é a ausencia de xestión o que permite ao sistema perpetuarse. Por iso se vota ao que se vota.
Esa análise ten truco. Si que existe sociedade civil, e ten ese comportamento que describes. E teno porque é o máis rendible para os que controlan os resortes do poder.
Sair desa “corredoira” custa tempo e moito traballo, e aquí, coma en New York, son poucos os que arriscan a abrir camiño nas toxeiras.
A xente do “rural” non é menos lóxica ca xente de Coia, de Montealto, ou de Oleiros. Simplemente que a economía permite moitas menos aventuras.
Ola, Ouhhh, non sei en que sitio do texto falo da xente do rural e do seu comportamento…podes precisalo máis?
O das rutas é para min algo moi frustrante. Non debo ter moita sorte, pero sempre me cadra ou que están a monte, ou pasan por sitios que non ten xeito, ou van todo por pistas, ou non son circulares e precisas dous coches, ou teñen tamaños desmesurados ou curtos de máis…
As poucas que me gustaron quédanme moi lonxe da casa, e claro, tampouco vas facer quilometradas só para ir andar unha mañá.
O mellor é o que se apunta: que partise dos veciños dunha parroquia a idea de facer e manter unha ruta, e que lles fose funcional a eles. Poderíase estimular premiando as máis bonitas, as mellor sinalizadas ou cousas así.
Referiame ao que dixo O’Padin:
“O fracaso de certas políticas (sendeirismo, por exemplo) non ten que ver coa utilidade concreta do sendeiro, senón coa inexistencia desa conciencia de comunidade (chamémoslle sociedade civil).”
“En ausencia de sociedade civil, o rural galego non esixe unha boa xestión, porque os feitos demostran que é a ausencia de xestión o que permite ao sistema perpetuarse. Por iso se vota ao que se vota.”
Eu creo que case exactamente o mesmo se lle pode apoñer ao empresariado galego, o que vive nas cidades e nos chalets e non practica o feismo. E moito me temo que tamén ao empresariado catalán, por poñer un que está de moda.
Xa vedes, sonche un pouco sensible cando se fala do rural :-)
Sr. Ouhhh, disculpe se o ofendín. Cando digo “rural” fago unha xeralización poida que inxusta, pero enténdase por rural o que non é urbano, asumindo que hai en Galicia unha dicotomía marcada entrambos os dous mundos (reflexada mesmo no comportamento electoral). A Galicia rural tamén ten virtudes, así como a urbana padece graves eivas. No fondo estamos bastante dacordo. Dí vostede que existe sociedade civil no rural, mentres eu o negaba. Cando digo “sociedade civil” refírome a “conciencia cívica” e non a un mero agregado de individuos.
A conciencia cívica no rural existe, non digo que non, pero foi moita máis da que é. O que había foi desfeito por décadas de incuria, abandono, emigración e desleixo. Hoxendía, cadaquén aspira a poder facer na súa leira o que lle pete, por iso digo que falta conciencia cívica, escasean eses vencellos necesarios para poder falar dunha verdadeira comunidade preocupada polo interese xeral máis que no particular. O sistema do que falamos (e coido que os dous criticamos nos mesmos termos), garante precisamente iso mesmo: nin xestión, nin regulación. Queres facer un galpón? ti vai facendo! queres botarlle un piso ao chalé? ti vai facendo! Queres aterrar o castro para plantar alcolitos? Ti vai facendo! Se algo non se pode facer, a culpa é da Xunta. A vista gorda págase en votos. A vista aguda é para quen disinte. De todos xeitos case ninguén disinte, este sistema non necesita ser violento, nin forzar a ninguén. Todos viven felices nesa lei da selva que se evidencia nunha paisaxe escarallada e nun patrimonio esfolado. Acabar con isto non é doado, claro que non, para iso precísase de conciencia cívica, ou como eu digo, tecer a sociedade civil.
Nas vilas e cidades pasan cousas semellantes, non digo que non. Se hai un maior civismo non é porque exista unha tendencia conxénita do Homo urbanita da que carece o Homo rusticus. É que é máis doado tecer lazos cando hai moita xente vivindo xunta.
Agora xa estou máis de acordo ;-)
Por debaixo do que escribin antes está un sentimento que teño moitas veces, e é que me parece oir neste tipo de críticas, que xa digo que eu en xeral comparto, ecos de algo así como:
“que pena de paisaxe, esto en Cantabria non pasaba” (e quen di Cantabria, di Pais vasco, Bretaña, Escocia, etc.)
A min nese discurso sempre me falta saber algo, si somos así pola choiva ou pola falta dela. Que temos no sangue que nos fai ser “ben peores” que bretóns, cántabros, e astures.
A pregunta é: que nos distingue deles? e seremos tan malos como parecemos? e xa de paso,antes, poñamos no 1910, éramos mellores?
Por se non quedou claro antes, non me sentín ofendido señor Padín, sempre é un pracer lelo.
Ouhhh, pois ese é o gran debate. Mira que levo eu especulado co asunto, e sigo sen telo claro!
A miña hipótese é que ten que ver coa educación franquista. Hai un gran salto cualitativo entre o sentido social e estético dos emigrantes de antes da Guerra e os de despois, e eu sospeito que o ensino durante a ditadura tivo algo que ver nun sentimento de autoodio que antes da Guerra non estaba tan claro…Eu crin sentir algo dese tema cando ás veces, discutindo na miña vila, á xente tamén glorificaba o estado de conservación dos pobos asturianos pero non podía tolerar que aquí se puidera facer o mesmo…
Agora ben, a ditadura tamén a houbo en Asturias, ou Cantabria. E na Bretaña o asunto foi moi distinto.
Eu creo que debe ser como o tema dos incendios. Unha suma de factores que, queirámolo ou non, se fan inexplicables. A día de hoxe, a miña pregunta é máis ben como podemos cambiar isto.
Tamén na miña vila eu vin un pouco onde podía estar parte da clave do cambio. Lembro o momento no que se conservou a primeira casa de pedra. Foi cousa dun médico de “fóra” con diñeiro, que mercara unhas casas ruinosas preto da praia de Cabío, e que decidiu restauralas, para estupor da veciñanza. Foi esa casa de pedra restaurada a principios dos 90 por un rico a que provocou que desde ese momento un número gradual de xente decidira non tirar as vellas casas e comezase a moda discutible do “granito á vista”.
É interesante o que comenta Magago sobre o rico que restaura a casa vella. Eu teño notado como con frecuencia certos gustos estéticos van por parroquias. Hai zonas onde da gusto ver as casas das aldeas e lugares, o cal faime pensar que se produciu un fenómeno de imitación do veciño máis próximo. Pero, tal e como ocorreu en Cabío, os fenómenos de imitación teñen máis éxito se o imitado é considerado alguén socialmente respectado ou valorado.
Magago dis un par de cousas para pensar.
A primeira que antes da guerra había outra forma de ver dos emigrantes retornados. Eu a verdade non o teño tan claro. Por un lado vemos as casas dos anos 10-30 e por outro vemos as do 60-90, e parece que hai diferenza, á favor da preguerra. Pero creo que o sentimento era moi similar: “vou facer algo moderno, nada que ver co que hai, que é un atraso”. Hai unha cousa que si creo que é diferente. O sentimento de grupo é claro nos da preguerra, existen centos de escolas para demostralo, pero sempre coa idea de progreso a través da educación para sair do “atraso”.
Igual era interesante un estudio sobre quen e cantos construían antes da guerra e o mesmo despois dos 60. Igual saen datos utiles para entender algo o tema.
A segunda o da suma de factores. Estou de acordo, non pode en algo humano haber un só factor que todo o explique.
E por último o caso do médico é común a moitos sitios. Hai que ser de fora (nalgún sentido) para poder apreciar/valorar o entorno.
Aproveito para avisarte da publicación dunha tese na USC : “Antonio y Anselmo Arias Teixeiro. Dos lulistas gallegos en el siglo de la Ilustración” de Miguel Álvarez Soaje (http://dspace.usc.es/handle/10347/6413) Supoño que as túas fontes xa te terán informado, pero por si acaso. Hai un material moi interesante nela, por exemplo sobre a viticultura do Ribeiro no XVIII.
Ven ao caso esto porque nela hai este texto “El Reino de Galicia es el más infeliz de toda la España en lo espiritual, corporal y temporal; en lo espiritual, porque sus gentes son las más rústicas, falaces, embusteras, interesadas,ingratas y litigiosas, como se prueba porque en sus Tribunales, todos Inferiores y principalmente Superiores es muy mayor la pluralidad de sus pleitos que la de todos los otros Reinos de España juntos,” O texto segue e non ten desperdicio.
Nas críticas que aparecen moitas veces ao feismo vexo algo “parecido”, algo de “explicación de quen sabe como deberían ser as cousas”. Gustaríame ver traballos serios de antropólogos sobre o tema. Eu realmente non coñezo case nada publicado.
Grazas, Ouh! O material que comentas é fantástico.
Pois si, Ouh e Gago. O que viña eu a dicir é que o problema do patrimonio, o feísmo e demais é sistémico, e non se arranxa sen mudar o sistema, gradualmente ou de vez.
Gago, o feísmo antes da guerra tamén existía. As casas esas de estilo “indiano” eran percibidas por moitos como algo alleo e estrambótico, tirado de libros de repertorio que copiaban modelos europeos completamente fantasiosos. Castelao desprezaba esa arquitectura, que alcumaba como o estilo “Che”. A súa proliferación mesmo provocou a reacción contraria, a dos arquitectos como Manuel Gómez Román, o soñador de Compostelas, que creou un modelo de chalé de estilo galego para satisfacer a demanda burguesa sen rachar coa tradición estética deste país.
A chave está na emigración dos 60, en gran medida. Desarticulou completamente a sociedade e as súas referencias. O emigrante americano non regresaba, e se o facía era con cartos para facer un pazo modernista. Tamén a imposibilidade do retorno facía tecer eses vencellos solidarios coa terra de orixe, a creación dos centros galegos, e o financiamento de escolas e outras obras pías. O emigrante dos 60 vai e vén, despreza o agro que abandonou porque non lle daba máis que fame. As leiras non as traballa, senón que son unha bolsa de capital ao que se pode recurrir en caso de necesidade. Por iso as terras de labor de antes son hoxe monte. Axiña que aforra un pouco, remoza a casa petrucia engadindo un piso novo, ou fai unha casa nova ao carón, aproveitando a concentración parcelaria, mentres que a vella a deixa caer. Ou marcha á vila, na que abrollan edificios absurdos, de cinco e oito andares, que tanto se identifican co progreso que contemplaron nas cidades nas que traballaron.
Hai un estudo arquitectónico da casa unifamiliar galega contemporánea, de Lizancos Mora, dende a perspectiva da racionalidade e economía de medios, sen entrar a criticar sen máis os aspectos estéticos, o cal paréceme honesto. Non sei se vale como estudo antropolóxico, pero é o que hai.
Mirarei ese traballo de Lizancos, grazas. De todos modos unha cousa máis, estamos a falar da vontade do “construtor” emigrante retornado, pero que hai do “regulador”? supoñendo que o “laissez-faire” vaia asociado ao clientelismo, noutras zonas non son clientelistas? Ou é que a presión social non permite que ao construtor individual se lle pase pola cabeza facer “algo innovador”