
Fotos: Sole
Leramos en varios blogs ao redor do nacemento do restaurante Trébula, en Cangas. Obviamente, gústanos abondo que nazan restaurantes novos en vilas pequenas con gañas de facer cousas distintas. En canto tivemos un momento, achegámonos a probar o restaurante Trébula, en Cangas. O local atópase nun moi bonito emprazamento, sobre o paseo marítimo de Rodeiro, nunha zona recuperada da Cangas mariñeira.
O Trébula ofrece unha cociña actualizada con platos ben resoltos e presentación coidada. Ensalada de vieiras, salpicón, peixes e arroces sen demasiada tacha. Cando fumos dixéronnos que estaban cambiando de carta e aínda non tiñan a nova carta estacional: se cadra por iso botei en falta un maior alento da cociña e do produto local que me fixera saber que estaba en Cangas; o probado e visto na carta non se parecía moito ao que vira previamente en blogs como o de Daninland que me animaran moito a visitar o lugar. Pola contra, cando nós fumos (non sei agora) non había tampouco menús degustación na oferta do restaurante.




Con todo, como vedes, no Trébula cómese ben; o espazo é bonito, a terraza envexable e tranquila, e a selección de viños moi adaptada ao seu espazo. Nós disfrutamos cun delicioso Contra a parede e pagamos uns 40 euros por cabeza.

Eses cambios, que de seguro atopastes; teñen unha explicación ben lóxica…
Cal?
O chef. Houbo cambios na cociña.
O que non quere decir, que ese arroz e esa sobremesa; chamen a trabarlle ó monitor.