O camiño propio do Garum

Last updated on 17 / Abril/ 2012

Onte pola noite o Garum Bistro convidounos a coñecer os pratos da súa nova tempada primavera-verán. Para os que non coñezades o Garum, é un establecemento xa clásico da nova restauración compostelana: pratos creativos de base tradicional a un prezo medio, para clientes que procuran unha cociña con certos toques creativos e unha selección de viños diferente. O Garum hoxendía é un pouco un modelo do que serán moitos restaurantes de cidade no futuro: prezos asequibles, moitísima actividade nas redes sociais e accións que van ‘máis alá’ de servir menús, con programacións de catas, cursos de cociña e outras actividades. Entre os espazos de alta cociña de Compostela e os numerosos establecementos máis ou menos populares, o Garum foi un dos primeros en inaugurar un ‘camiño propio’, unha vía intermedia para un cliente novo que procurase un modelo distinto, cunha carta estacional e coidada.

Onte reunímonos para coñecer a nova tempada gastronómica do Garum que prepara Eloy Cancela; pratos sinxelos que introducen chiscadelas a produtos exóticos; técnicas contemporáneas para produtos tradicionais, e un uso feliz de ingredientes ‘encantadores’, como as especias. Peperetes, entrantes ou racións como esa berenxena con xarda, ou a pataca rallada á prancha con boi especiado, ou un cebiche de langostinos e xeado de piña. Gustoume especialmente esa caldeirada de rodaballo, cun concentrado caldo mariño, ou a paletiña de año cociñada a baixa temperatura, reforzada con ese preve de café que potencia o peculiar sabor da carne de año. Cancela parece crecerse mesmo nos postres. Esta filloa con canela e este biscoito son para repetir aínda que non quede sitio onde facelo.

A nova carta do Garum xa está dispoñible no restaurante. Aquí está o web.

5 Comments

  1. 12 / Abril/ 2012

    Mi madriña, que pintas.
    Haberá que pasarse por alí.
    Graciñas por esas imaxes que alimentan… ;-)

  2. 12 / Abril/ 2012

    Buf… quedamos sen verbas, só o noso máis profundo recoñecemento. Graciñas Manolo, un grandísimo pracer… coma sempre

  3. 12 / Abril/ 2012

    Bo post Manuel,

    gústame o teu espazo. Vai máis alá do puramente gastronómico.

    Directo o meu GReader ;)

  4. 13 / Abril/ 2012

    Boas noites Manuel!

    Inda ando rememorando os sabores, texturas e aromas desta xolda culinaria que ti ben describes.

    Eu fun unha das afortunadas que puido tomar parte desta cea. Cousas do azar! O Garum quixo facer partícipe desta cea aos seus seguidores de Twitter. Fixeron una sorteo e velaí tocoume.

    Alga Codium, queixo provolone, caviar de ourizo, escuma de tomate, reducción de café, caldo de miso,… Elaboracións e productos que non se proban todos os días. Non so soan ben, senón que no Garum saben combinalos maxistralmente cos ingredientes principais. Noraboa ao cociñeiro Eloy!

    Boa mesa, boa compaña e mellor conversa. Que máis se pode pedir!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará