San Miguel de Arretxinaga: un templo dentro dun templo

Hai un pequeno adro con vellos con chapela falando do tempo e da vida; hai unha vella vellísima tras unha porta de doble folla vendo pasar o tempo. E hai unha capela octogonal, cabo da conxunción de dous ríos, San Miguel de Arretxinaga, en Markina-Xemein, corazón de Euskadi, país algo máis dondo e manso cheo de casas fortaleza dos séculos XIV-XV. A capela é do tempo das capelas, do XVIII, onde se reformaron as ruínas anteriores e garda unha auténtica sorpresa no seu interior.

Estes tres pedrolos, alisados pola graxa das mans peregrinas durante séculos, conforman unha pequena capela. O lugar, de culto antiquísimo, foi respectado, e a capela foi construída cautelosamente envolvendo, como con papel celofán, a tríada de pedras. Son autenticamente enormes, teñen o seu rito de paso -hai que deslizarse sete veces por unha estreitez entre elas, e sorprenden no seu equilibrio aparentemente precario, pero no que levan miles de anos.

Aquí podes apreciar o volume dos pedrolos en 360º:

One Comment

  1. manuel
    24 / Marzo/ 2012

    E desde o campo da xeobioloxía, San Miguel de Arretxinaga é unha auténtica bomba, non deixa indiferente. Fai un tempo entrei con outra persoa i, en cuanto abrimos a porta, foi como unha hostia enerxética, como empezarte a sentir mal e con dificultade para mover os pés do chan, case saímos a piques de vomitar. Non é gratuito que San Miguel, o santo que pon en ristre ó dragón , é decir, ás enerxías, sexa o patrón dese sitio. E un sitio que vibra especialmente forte. Manuel, xa de paso, non te achegarías tamén ó mosteiro de monxes cistercienses de Zenarrutza alí ben pretiño en Bolívar. Por certo que venden un licor importado de Galicia, dos monxes de Oseira, que cura todos os males, incluso os enerxéticos… Un saúdo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará