Vídeo da conferencia do TEDxGalicia: Unha nova vía para a memoria cultural

10 Comments

  1. Antón Malde
    19 / Marzo/ 2012

    Estupendo, achaba en falta este vídeo!

  2. 19 / Marzo/ 2012

    Moitas grazas!

  3. avelino gonzalez
    20 / Marzo/ 2012

    esta conferencia por un lado encántame e por outro arrepíame

  4. 21 / Marzo/ 2012

    Mañá escoitarémola nas aulas de galego de Bach en Londres. Grazas

  5. 21 / Marzo/ 2012

    Vaia, Antón, por que te arrepía? Polo meu momento Camacho? :-)

    Anónimo, éncheme de orgullo tal cousa; descúlpate por min dalgunhas patadas que lle meto á lingua, especialmente o uso infame do copulativo i, que non uso nunca no mundo real pero que por algún motivo sempre me sae cando falo en público ou diante dunha cámara. A ver se o dou corrixido algún día.

  6. 21 / Marzo/ 2012

    Ola Manolo ¿permítesme unha crítica? bueno, vou facer un par delas…creo que fas unha defensa da cultura e da memoria moi teórica, hai material abondo escrito sobre a cultura castrexa, moito bo e moito malísimo posto que todo sesgo ideolóxico ha utilización da memoria creo que deberiamo rexeitalo…dígocho porque sen dúbida coñeces a cansina utilizacion do cultural e específicamente do castrexo para facer campaña a prol dunha idea nacionalista que xa quedou moi superada…por outra parte, sempre está ben a recuperación da memoria (se esto ten algún sentido) pero o que non o ten e acabar co labrego para conservar o sacho…por outra parte (disculpa este debate improvisado) bueno, o das fibelas, non sei que queres dicir, non eran obxectos importantes polo seu valor de cambio, creo que eran simples pasadores como os actuais, para prender a roupa se non querían quedar en bolas no medio da batalla…tampouco sei por que dubidas dos motivos polos que baixaron á chaira…en fin, a min encántame todo o que sexa divulgación, pero dos americanos non imitaría máis que a ferramente, con contido creo que deberiamos sermos mais delicados. Unha aperta!

  7. 21 / Marzo/ 2012

    Ola, Ambb, todas as críticas que queiras, sempre que sexan respectuosas (como é o caso)!

    Imos por partes: se te fixas eu non emprego o termo arqueoloxía, senón a idea de memoria. Ambas as dúas poden coincidir, pero obviamente non son o mesmo: mentres a arqueoloxía é unha ciencia, a memoria é un concepto social que é parte indispensable de calquera cultura: unha ferramenta para interpretar o pasado.

    O primeiro exemplo, a fogueira de Castrolandín, ilustra o elemento: con independencia do uso e función que tivese esa práctica cultural no pasado, hoxendía reinterprétase para ter usos que nalgún caso poden coincidir coa práctica tradicional pero que noutros casos son tremendamente modernos. O que eu quero reivindicar é a memoria como unha ferramenta fundamental para vertebrar a nosa sociedade, pero quero reivindicar unha memoria social, vinculada hoxendía aos procesos de construción do coñecemento, como un elemento positivo de xeneración de identidade pero tamén de enriquecemento social e económico. O que eu reivindico é un uso vivo da memoria: non hai máis que ver o mundo do rural de Galicia para decatarse de que a ausencia é un signo máis dos numerosos problemas que ten o noso rural neste momento.

    O caso do castro de Besomaño tamén exposto é tamén singular en si mesmo. Mentres que a escavación é un procedemento científico, o que eu quero reivindicar algo que tamén é reivindicado polas ciencias sociais actuais: non podemos deixar de conectarnos e empatizar co suxeito humano que está detrás delas. As fíbulas -non estou de acordo contigo- son bens de luxo nunha sociedade como a da Idade do Ferro, e en si mesmas tamén son portadoras de identidade individual e colectiva, como podes ver nas últimas monografías sobre o tema. Como é lóxico, nun castro poden aparecer unhas cantas, pero non tantas como están ciscadas por Besomaño. Na conferencia quero resaltar este aspecto: como o último que queda de nós (perdón, deles) despois dunha posible catástrofe é algo tan sinxelo e tan culturalmente definitorio como unha fibela.

    Isto xa parece unha segunda parte da conferencia. :-)

  8. Restia
    22 / Marzo/ 2012

    Pois eu acho ajeitadíssima a palestra e o focamento dado nela.
    Sem memória não há nem pessoas, nem indivíduos, nem sociedades.
    Isso é assim e o Manuel Gago expõe-no com brilhantez e interesse.

    Parabéns!

  9. 22 / Marzo/ 2012

    Manolo, grazas pola túa resposta. Agradezo a túa resposta rápida e detallada. Non dubido de que diferenciamos entre memoria e arqueoloxía aínda que non concordo nos motivos. Ser ou non ser una ciencia daría para un infinito debate que comezou hai un século e o de ser ferramenta para interpretar o pasado acáelle aos dous términos da ecuación e é precisamente ahí onde está o complexo do tema. A memoria, malia todo o que nos gusta comparala co omnipresente trebello informático, non é neutra como un disco duro. A memoria ten un componente selectivo que é xustamente o que a pode facer imprescindible para artellar comunidades vertebradas, como ti dis (habería que valorar as vantaxes da existencia de tales comunidades) ou pode ser unha ferramente de “construcción de coñecemento” e de “xeneración de identidades”, tamén coma ti dis, e velaí onde sinto certo arrepío. ¿quen somos nos para inventar (así entendo o de construir e o de xenerar, pero pode que interprete mal) coñecemento e identidade?. Cando menos véxoo dunha perigosa prepotencia que non augura nada bo, sobre todo se se teñen en conta outros procesos de “reivindicación”, “reconstrucción” ou “xeración” de antiguos relatos (non lle chamaría eu historia). Eu creo que a memoria, como dicía Jacques Le Goff, moi acaídamente ten que preservar o pasado só (remarco ese advervio) para que lle sexa útil ao presente e ao futuro, para que serva para a liberación dos homes e non para o seu somentemento. E esto non é dicir pouco. Perdoa pola extensión, quédame moito por dicir, é un tema moi interesante, meus parabéns.

  10. 24 / Marzo/ 2012

    Moi bo felicidades!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará