Last updated on 8 / Febreiro/ 2012

Fotos: Sole
No concello coruñés de Cabanas, ben pretiño de Pontedeume, atópase o Muíño de Trigo [T: 981432185/localización]. Chegamos a el recomendados por Manoel Foucellas, quen leva a gala ser o primeiro cliente que chegou en grúa a este restaurante.




O que destaca do Muíño de Trigo é a cucada, digámolo así. Ocupando un antigo muíño fariñeiro, o local debe ter unhas sete ou oito mesas repartidas entre dous pisos, cunha decoración que enfatiza a calidez. Este é un exemplo fantástico de restaurante con encanto. Aquí sírvese unha gastronomía de notas tradicionais moi ben resolta, con notas ilustradas e unhas presentacións impecables. Absolutamente recomendable a filloa de peixe e marisco, o bacallau con choquiños guisados, ou o lombo de xabarín, que iso foi o que tocamos. De postre non se mate a escoller, e pida este surtidiño de medias racións dos postres caseiros de Lourdes, a cociñeira. A todo isto, úneselle unha atención esmerada e unha adega amplia e ben selecta, tirando ao estilo clásico pero con moitas referencias.

Se van, préstenlle por certo atención a este home, Fernando, todo un espectáculo. Un gran profesional ferrolano que, ademáis, non dubidará en darlles conversa se lle dan cancha. Pagamos uns trinta e algo de euros por cabeza. Barato non é, pero cómese con moito gusto.

pois haberá que ir por alí e probar. Ten boa pinta… agora a ver se son quen de darlle un pequeno repaso á web do restaurante: cabañas, la coruña? Estamos no século XXI que pachi e o seu ministro xa están a descansar
É un lugar xa con algúns anos, mudou de donos pero a maxia do muiño perdura, a min pareceme caro, muy caro. Non sei se comiche no Muiño do vento en Magalofes, queda preto de este, moito mais prosaico pero cunha cociña excelente, en especial as ameixas á plancha.
Saúde