Unha viaxe á Illa dos Mortos

Last updated on 22 / Xaneiro/ 2012

Hai uns días, fumos coñecer un sitio arqueolóxico moi especial, encravado no corazón da ría de Arousa. Hoxe podes ver, neste vídeo, a miña visión persoal dese lugar marabilloso, que me tiña fascinado desde pequeno, e que tralos temporais do último inverno destapou unha importante sorpresa arqueolóxica. Eu sabía que aparecera algo no Guidoiro Areoso, pero non sabía exactamente de que se trataba. Foi grazas a unhas fotos enviadas polo investigador palmeirán Domingo Regueira que puiden coñecer, abraiado, o que revelara o mar en Ghidoiros. A partir de aí, en certo xeito, todo desembocou neste audiovisual. Mañá pola noite, domingo, xa vos contarei máis detalles técnicos sobre o sitio arqueolóxico e a súa problemática.

Creo que o propio documental vos vai sorprender en si mesmo: é un salto cualitativo na forma na que facemos as cousas a nivel audiovisual en Capítulo Cero. Recomendo moitísimo velo en alta definición (cambiar do modo 360p que sae por defecto aí no vídeo de Youtube a 720p ou 1080p).

Quero agradecer o traballo a todos os que me acompañastes nesta aventura cultural. Todos eles están mencionados nos créditos do vídeo.

Actualización 1: Desde o sábado ás 09:55 ata o luns ás 08:00 da mañá este vídeo leva 3017 visionados, converténdose nun auténtico fito na historia de Capítulo Cero e supoño que na divulgación cultural da historia galega en Internet. Quen dixo que non nos interesaba o noso pasado?

Actualización 2: Fixen un post complementario con información, contexto e situación actual do illote. Podes consultalo aquí.

81 Comments

  1. Pedro Bravo
    14 / Xaneiro/ 2012

    Fascinante, ainda que para aqueles que vem “só umas pedras” se trate duma “obsessão particular”.

  2. Silvia Martinez
    14 / Xaneiro/ 2012

    Impresionante!! Gracias unha vez máis por amosarnos anacos perdidos da nosa historia. Un documental fermoso que me deixa con ganas de mais, coma sempre…

  3. 14 / Xaneiro/ 2012

    A próxima vez que vaia ao Grove verei se podo ir ver o sitio. Fabuloso.

  4. medulio
    14 / Xaneiro/ 2012

    wow wow wow, unha auténtica illa dos mortos, esa mítica illa dos mortos do alén. Ves hoxe tócanche parabéns manuel. hai días bos e días malos.

  5. medulio
    14 / Xaneiro/ 2012

    Así que Avalón ven sendo a illa das mazas, interesante, empezo a atar máis cabos…

  6. medulio
    14 / Xaneiro/ 2012

    Agora tes que facer coma Baudolino e o rei Arturo e atopar o Santo Grial…e a fonte da eterna xuventude onde nunca se morre…porque detrás de todo mito sempre hai unha verdade…

  7. 14 / Xaneiro/ 2012

    Grazas, a clave de Ghidoiros, ademáis, é toda a información que extraeron os equipos arqueolóxicos comandados por José Manuel Rey que traballaron na illa a finais dos 80 e principios dos 90. Domingo pola noite, como digo, mergullarémonos un pouco máis nos resultados dos traballos científicos en Ghidoiros. Ao meu xuízo, o que conta a ciencia sobre Ghidoiros é tan fascinante coma o propio mito que nós podemos soñar. É fermoso facer convivir as dúas cousas.

  8. 14 / Xaneiro/ 2012

    Caro Manuel:
    Parabéns pelo documentário e mágnífico ver ao Carlos de cameraman. Eu fui muitas vezes de criança ao Areoso. Era fascinante ver o seu mar de cor verde e como ao dar uns passinhos já não calavas. Duma volta fomos em dorna, com um amigo da família e ao vir para terra levantou-se mar e foi o dia mais terrorífico que tenho passado no mar. Numa carta marinha que tinha meu pai, ele era o contramaestre da Arousa, chamavam ao pequeno arquipélago Freu da Corredoira de Guidoiros? Gidoiros? Xidoiros?. O de Freu da Corredoira sempre me chamou muito a atenção pois é uma terminologia totalmente terréstre, mesmo camponesa. Acho que administrativamente Gidoiro Pedregoso e Areoso são do Concelho da Arousa. Se a sua proteção depende do interesse das autoridades locais, já te digo que este interesse podemos defini-lo igual que o sobrenome do teu capítulo, zero. Grande achega e como carcamão, obrigadíssimo.

  9. elixio
    14 / Xaneiro/ 2012

    E se foran estas as barcas de pedra, as “misarelas”, que segundo a tradición traían os restos de San Xóan e San Mauro?. No libro Mitoloxía de Galicia: lendas,tradicións, maxias, santos e milagres de Vitor Vaqueiro, falanos delas. Dita barca áchase situada no concello da Pobra, no cauce do río Barbanza,chegou aí escapando dos mouros, e o río converteuse en Pedra(de onde toma o nome). A narración popular especifica que neses lugares os mouros tiñan pozos non que aprecían encantos, e que foron cegados pola forza da natureza.

  10. 14 / Xaneiro/ 2012

    Non, a barca de pedra da Miserela é outra, e aínda segue alí, cabo do antigo eremitorio…un día ensínocha. :-)

  11. Pancho-Lapatianco
    14 / Xaneiro/ 2012

    Fascinante, da vértixe pensar no que pode dar de si. Levo anos matinando no que pode dar de si o istmo que une A Lanzada co Ogrove (mal chamado O Grove): se non me trabuco, a secuencia é esta: neolítico: terra firme, logo ca subida do nivel do das augas: mar (xusto cando a Lanzada e Ogrove estaban cheos de barcos fenicios-romanos-atlánticos); e logo os ventos e mareas crean a barra de area actual que acaba de unir illa e continente no s.XVI-XVII. Moitos sustratos para investigar.
    Vai ferver a rede con este video. Noraboa.
    Paleochan teñen aparecido hai uns anos nas praias de Ferrol, logo dun temporal, claro.

  12. 14 / Xaneiro/ 2012

    Claro, ten en conta que unha superficie da illa orixinal na prehistoria está baixo a auga, neses fondos clarísimos. Sempre me gustou esa visión túa do que haberá no itsmo da Lanzada. Estou contigo niso: un día habemos levar sorpresas por aló.

  13. roi
    14 / Xaneiro/ 2012

    magnífico traballo, na narración, dende a introducción cinéfila e artúrica, as magníficas imaxes aéreas do kopter ese, a concreción do teu discurso cun perfecta exposición das ideas e dos achados…en fin, seguro que hai xente que o analizará mellor, mentres espero máis audiovisuais da productora de capitulo 0.
    parabéns de novo

  14. Pancho-Lapatianco
    14 / Xaneiro/ 2012

    Faime gracia que a túa voz grabada en directo e a voz en “off” semellan diferentes, como se foran dúas persoas distintas. Moi bo.

  15. 14 / Xaneiro/ 2012

    Si, pero son un paquete locutando o off. Ademáis, algunhas pezas do off están gravadas con resfriado e outras non. Fágoo mal, pero éche o que hai. :-) A todo isto, os off están gravados co iphone, na terraza e a gata tocando as narices ao lado. Viva o caseirismo (ás veces).

  16. elixio
    14 / Xaneiro/ 2012

    Esquecíaseme darvos os parabéns a todos polo traballo.E imposible que a xente quede “impasible” ante estes achados. As tomas do hexacóptero son do mellor que teño visto neste tipo de videos,(sen desmellorar o demais). Quen dixo que as tomas aéreas eran caras?. Eu tamén quería un. ….por certo onde se compran? :)

  17. 14 / Xaneiro/ 2012

    maravilhada!!

    levo umha tempada debatendo com algumha gente da Arouça sobre a necessidade ou nom de publicitar a apariçom do dólmem do areoso. há quem opina que nom se deve dizer mui alto para evitar os actos vandâlicos.
    eu defendo, sobretodo conhecendo o teu bló e dada a minha profissom docente, a via da divulgaçom acompanhada de educaçom.
    o vosso documentário dá-me a razom.

    chapeau!

  18. Bieito Romero
    14 / Xaneiro/ 2012

    Interesante achega. Lembranzas do Morbihan e de vellas lendas que eu coñezo do interior d’Ourense, terra dos meus abos.

    Saúdos e parabéns!

  19. Magago
    14 / Xaneiro/ 2012

    É o gran debate, pero eu téñoo bastante claro: a maior parte das agresións son porque a xente non coñece, non é consciente do valor do destruído e, por iso, destruir nin sequera dá mala imaxe social. Non son técnico, pero tamen penso que se debera limitar o acceso a Areoso. Vou estar fóra toda a fin de semana pero o domingo pola noite porei exemplos.

  20. Pancho-Lapatianco
    14 / Xaneiro/ 2012

    Son case as 2 da tarde e van xa ¡¡ 99 reproduccións do video !!

  21. 14 / Xaneiro/ 2012

    Hola, acabo de ver el emocionante video sobre a A Illa dos Mortos y la verdad es que me ha parecido fascinante.
    Tuve la oportunidad de ir muchas veces a O’Barbanza, mi padre era también de Palmeira y tuve la suerte de visitar en esta maravillosa zona mamoas, petroglifos ocultos en el monte, iglesias misteriosas,y paisajes espectaculares, todo en el espacio de muy pocos kilómetros.
    ¡Pero no sabía nada de esta isla ni de los tesoros que oculta!
    Muchas gracias por descubrírmela y un saludo,

  22. 14 / Xaneiro/ 2012

    Impresionante! Estádesvos superando en cada post.

  23. 14 / Xaneiro/ 2012

    Simplemente incrible!! vendo reportaxes como este dase un conta de que aínda sabemos ben pouco dos nosos antepasados, abraidaos deberon os fenicios ou outros pobos cando chegaron as nosas costas… Moi bo traballo e reportaxe, Saudos!!

  24. Xabier P. DoCampo
    14 / Xaneiro/ 2012

    Emocionante! Conseguiches contaxiarme a emoción coa que narras o que o teu corazón acobilla. Parabéns para ti por facer isto, e parabéns para nós por recibilo. Xa sabemos onde temos os galegos o noso Avalon!

  25. roberto
    14 / Xaneiro/ 2012

    Parabéns de novo Manolo por outra mostra máis do moito que resta por ‘redescubrir’ nesta fermosa terra¡

    Grazas por ensinar¡ E a ver para cándo nos dirixes noutra cruzada polas penas a rebuscar pola terra…

    Un saúdo

    PD:Por certo, case o esquecía.

    Vai tempo que teño un run- run na cachola e cada vez vai a máis: Neste contexto de crise, con tanto falar do cambio de modelo produtivo, de novas fontes e maneiras de organizar a vida… e eu sempre penséi que esta era unda das vías. A CULTURA, A HISTORIA do teu lugar…¿acaso pode haber maior engado, maior valor engadido para diferenciarte do ‘resto’?

    Queda claro que por custo non nos imos diferenciar, pois vaiamos logo pola nosa idiosincrasia, polo que nos fai únicos…

    Non falo de privatizar, nin de xestión burocrática e fría, senón de xestión intelixente do que temos: dende pequeno viaxéi un pouco e sempre me chocóu do que aquí todo era de balde ou non se lle daba importancia a cousas que fóra sí che cobraban por elas ou estaban postas en valor, etc.

    Repito, non falo de turismo salvaxe, senón de viaxes culturais- históricas sosegadas, non masificadas… e que redunden en toda a poboación,comenzanso polos autóctonos.

    Bueno, síntoo porque ao final si que me enrolléi.

  26. 14 / Xaneiro/ 2012

    Parabéns Manuel, qué magnifico programa- piloto sería o “Capitulo cero” que colocas hoxe no blog para a TVG…A pesares das eivas de produción, empregas intelixentemente numerosos recursos visuais, orgaizas sabiamente o discurso e os puntos de interés. Pégaslle unha soberana paliza a moitos documentais das “produtoras galegas” con medios técnicos sobrados. Pero é que ademais, ten pulso narrativo, rigor, amenidade e sobre todo, sobre todo, paixón, que é o que se bota en falta nos preñazos programas adicados á historia habitualmente. Por suposto que o colocarei na lista de distribución de Cliphistoria e o poñerei en clase para que @s alumn@s do meu instituto teñan un referente do significado da divulgación histórica. Agardamos novas entregas…Un saudo agarimoso.

  27. Francisco M. Cores
    14 / Xaneiro/ 2012

    Isto é impresionante admirado Gago, mais resulta aínda mais fascinante que haxa todo iso na Illa do Areoso, non deixa de ser menos sorprendente o pouco interese que amosáchedes na vosa visita á nosa Illa, onde eu memso vos puden amosar só algúns pola presa que había. Eu son só un tímido aficionado, pero eiquí temos restos localizados igualiños aos que amosas no vídeo, e seguramente aínda en mais cantidade. Temos un compañeiro no noso “Grupo de Historia Os Bufos” que coñece bastantes dos elementos que temos localizados, e que non é outro que o teu “operador de cámara”, o noso inefable Rianxeiro. Eu estou convencido de que o que temos no Areoso está estreitísimamente relacionado có que hai na Arousa, pois nesas épocas como ben dices, o mar estaba aproximadamente 5 metros por baixo do que está hoxe, e hoxendía nas secas a profundidade máxima é de 2 ou 3 metros, o que quere dicir que a lingua de area que se pode apreciar no Google Maps por exemplo que une a Arousa e o Areoso polo fondo mariño, nesa época era terra firme, e pode ser que os nosos antergos tuveran esa zona como un lugar de enterramente, áparte dos que como che digo temos na propia Arousa. Preguntalle, pregúntalle ó Rianxeiro, jejeje. Unha aperta e os mais sinceiros parabéns polos vosos impresionantes traballos.

  28. 15 / Xaneiro/ 2012

    Impresionante o video! As imaxes co hexacopter ese son tremendas!!! Estou moi interesado no tema dos paleochans que sae no video. Vivo no Hío, en Cangas, acarón do mar, e teño visto moitas veces esa especie de “afloramentos” de pedra no medio das praias, sobre todo no inverno. Alguén con coñecementos do tema me podería dicir se sempre son paleochans e con interese arqueolóxico? Grazas

  29. 15 / Xaneiro/ 2012

    Perdón, penso que non me expliquei ben antes. Onde dixen afloramentos de pedra, referíame a esa especie de terra compacta que é denominada como paleochan no video.

  30. david
    15 / Xaneiro/ 2012

    agora entendo un chío en twitter hai uns días sobre a montaxe de vídeo!

    grazas, cantas veces mirei para a illa sen ver

    e asino, xa ben o sabes, todo canto di Manuel dous post máis arriba

    (outramentes, canta ostra non houbo, gústame cando me sento no banco de San Paio da Quintana mirar como as pedras do paredón se asentan en cunchas e cunchas delas)

    di aquí unha mociña buscadora de castelos que xa coñeces “ostrás, que está moi ben”, e que alucina co exacóptero

  31. 15 / Xaneiro/ 2012

    Non se pode facer máis con menos. Parabéns, Sr. Gago, ata a voz en off non está tan mal como se dí. Que aprendan os de History channel!.

  32. susob
    15 / Xaneiro/ 2012

    Unha reportaxe excepcional, moi ben realizada. Cada vez que te vexo nun video non podo evitar lembrarme do naturalista David Attenborough. Estiven no illote hai no verán do ano 2009 e só aprecie a última das estructuras megalíticas que nos amosas. Sen embargo quería dicirlle a todos os teus lectores que as condicións da túa visita foron ideais. No verán hai deceas de embarcacións amarradas ao areal e infinidade de bañistas pululando por todas partes -ainda que seguro ningún interesado na arqueoloxía-, polo que se fose posible o acceso ao Guidoiro debería ser en primavera ou no outono. Á vista de todo o que foi aparecendo non estaría de máis que se establese un cupo de visitantes ou embarcacións.
    Parabéns, como sempre

  33. 15 / Xaneiro/ 2012

    No se kien izo el video, pero se paso dandole volumen a la musica y apenas se escucha la narracion… voy a intertar seguir viendolo :)

  34. 15 / Xaneiro/ 2012

    ahhh muy bien el video al final… Una pena que este en galego, me habria gustado compartirlo con amigos que no son galegos.

  35. Luis
    15 / Xaneiro/ 2012

    Magnífico video, Manuel.
    As imaxes, impresionantes. Por desgraza, tiña que aparecer a inevitable mostra de vandalismo (a botella de plástico no interior de dolmen)

    Sergio: yo he compartido el vídeo con amigos que no son gallegos. El gallego no es euskera. Y la pronunciación de Manuel es bastante clara. Doy fe de que alguien que no hable gallego no tiene excesivo problema en entender el vídeo. Si a veces se hace el esfuerzo de intentar entender audiovisuales en inglés, en gallego no ofrece ni la centésima parte de dificultad.

  36. 15 / Xaneiro/ 2012

    Parabéns por esta pequena obra mestra, e por descobrir umha das muitas Ilhas dos Mortos que de seguro zarrapicam a nossa particular Costa Oeste.

  37. medulio
    15 / Xaneiro/ 2012

    E unha cousa ¿por qué o illote Guiadoiro non está incluido no parque das Illas Atlánticas?

  38. brigantium
    15 / Xaneiro/ 2012

    Graciñas Manolo, mereceu a pena a espera, lástima do contexto económico, sempre pasan estas cousas/descubertas canto menos recursos ten a administración, e cando os ten, destínanse a supostas infraestructuras mais interesantes para o desenvolvemento do país. O que me flipa do tema, é que o sustrato no que se atopan esas mámoas e un sustrato calcáreo/areoso, polo que os restos óseos deberían terse conservado. Non son nengún experto pero polo que sei eso supón que é o único sitio coñecido da Galiza onde se poden ter conservado eses elementos, igual que na Lanzada pero dunha época moito mais antiga. Estou devecendo por ler os informes das excavaciós das que falas para confirmar este dato.
    Saudiños.

  39. uquipermui
    15 / Xaneiro/ 2012

    uuuuuaaaaawwww… impresionante!! as tomas aereas de flipe… e o de reporteiro intrepido vaiche ;) gracias por amosarnos a fantástica paisaxe que temos.

  40. 15 / Xaneiro/ 2012

    Grazas a todos e todas!

    Si, trátase dun medio básico que preservou estupendamente restos óseos, sobre todo fauna doméstica. Iso é o interesante dese paleochan.

  41. Pedro Bravo
    15 / Xaneiro/ 2012

    Mágoa que o Sérgio não se ofereça a legendar o vídeo em inglês…

  42. Celtius
    15 / Xaneiro/ 2012

    Sería superinteresantísimo que estivera lexendado en inglés!, Noraboa Manuel, es INCRIBLE, de verdade INCRIBLE!, que luxo ter unha persoa coma ti aqui en Galicia, e que luxo de blog!

  43. 15 / Xaneiro/ 2012

    Eu non teño tempo de facela, pero se a alguén lle apetece versionalo ao inglés, que se poña a elo sen problema ningún. Bótolle unha revisión e incorporámolo a Youtube, que ten unha aplicación estupenda para incluír subtítulos opcionais.

    O mesmo digo para o castelán ou calquera outra lingua.

  44. Xacordei
    15 / Xaneiro/ 2012

    Excepcional!. Moitas gracias polos tesouros que nos achegas en este magnífico blog. Espero impaciente outro traballo…

  45. 15 / Xaneiro/ 2012

    Pois prepárate, que contra final da semana temos novamente tralla. Aínda teño os pelos de galiña con algo excepcional que vivimos hoxe. :-)

  46. Lume
    15 / Xaneiro/ 2012

    Levaba tempo reprimíndome, más con este documentario xa queda ben clariño que:

    MANUEL FOR PRESIDENT!!!!

  47. Andregoto G.
    15 / Xaneiro/ 2012

    Un reportaje magnífico, es emocionante ver este pequeño Morbihan gallego. Enhorabuena.

  48. Olegario Sampedro
    16 / Xaneiro/ 2012

    Noraboa. Sorprendente vídeo, excelente producción. Un luxo ter xente nesta zona que faga cousas desta calidade.
    Acabo de poñerlo ós meus alumnos nun IES e quedaron encantados. Moi didáctico.
    un crack din eles.
    Saúdos dende Ribeira

  49. 16 / Xaneiro/ 2012

    Unha das conclusións mais importantes que obteño é a que se tira dependida dos comentarios dos docentes de sinalan que teñen exposto o video ós rapaces dos IESs como material didáctico, xa que implica a reactivación da conexión da xente de hoxe/mañá co fluxo do contexto cultural pretérito. Fondo e singular.

    Catalizar,como ben lle presta dicir o M. Gago, propiciar a reflexión verso dos nosos referentes é un dos albos mais importantes e urxentes que acada meritoriamente este xeito de botar luz sobre o patrimonio cultural galego.

    Parabéns pola capacidade de levar a ollada da sociedade galega, tamén, cara o seu marco referencial natural.

  50. 16 / Xaneiro/ 2012

    Onte por fin conseguín ver e escoitar o vídeo. Como estou sen audio no portatil non me enteraba de moito inda que vendo as imaxes mais ou menos se vía de que vai. Escoiteino vía chamada telefónica dende Portugal, previa sincronización dos vídeos para poder seguir no meu ordenador as imaxes, e o audio do vídeo reproducido na casa do meu mozo polo teléfono jajajajaja Mereceu a pena! Impresionante! Noraboa polo traballo.
    Ahora con ganas de ver esas novidades das que falas no comentario de máis arriba: “contra final da semana temos novamente tralla” jejeje

  51. salva
    16 / Xaneiro/ 2012

    Precioso vídeo e moi informativo.
    O de facer o vídeo en inglés pareceme moi interesante pq este tipo de achádegos soen ser mais apreciados fora da peninsula.
    Grazas por facerme menos ignorante.

  52. Xurxo Mariño
    16 / Xaneiro/ 2012

    Realmente xenial. Parabéns polo documental, e grazas, moitas grazas polo traballo e a emoción!

    saúde!

  53. 16 / Xaneiro/ 2012

    Fati, tiñas que levar un premio ao enxeño, un dolmen enteiro!!

  54. 16 / Xaneiro/ 2012

    Por certo, quando vinhestes á arouça no verám e fomos ver a ara do Ninho do Corvo, figestes-nos subir a ela a todas e todos, porque diziades que umha das cousas importantes neste tipo de monumentos era a sua orientaçom.
    A ara de Ninho do Corvo tinha umha cazola orientada aonde? AO AREOSO!
    Como nom ando a comprovar datas, nom sei qual das construçons é anterior, mas já anda este cerebrinho a elucubrar e imaginar…

  55. 16 / Xaneiro/ 2012

    Si, o que nos chamou a atención a todos os que fumos de visita aquel día foi a aparente vinculación visual entre a pedra do Niño do Corvo e o Areoso: máis ou menos todos coñeciamos xa nese momento o especial do illote e a canle de evacuación de augas parecía saír cara alí, en dirección Areoso, así que chama moito a atención. Pena do contexto arqueolóxico que se pinzaron co muro de cemento!

    Agora ben, non é doado dicir se a pedra é natural ou artificial: eu non me atrevo, desde logo, e sempre hai que aplicar a navalla de Ockham: a explicación máis doada, a natural, é a correcta no 98% dos casos, cando non hai elementos claros de gravado sobre a superficie.

    Como digo, mágoa de contexto arqueolóxico.

  56. Angela
    16 / Xaneiro/ 2012

    Imaxino que moitos queredes ir e non sabes cómo, é o problema de ser unha illa. Eu fun dúas veces o ano pasado a Areoso e dúas a Sálvora con http://www.crucerosangel.com, son lugares protexidos e non todas as empresas teñen permisos para chegar. Foi fabuloso chegar na zodiac. O ideal é facer un grupo privado para que te leven e evitar as aglomeración turísticas, ainda que por sorte ou desgracia (xa non sei..) ningunha das veces ía moita xente. Tiña ganas de voltar, despois de ver o video moitas máis..

  57. karl
    16 / Xaneiro/ 2012

    Para algúns de nós, o Areoso segue a ser un lugar sagrado, porque alí vive un “animal sagrado” ;). Alí cría unha especie en “perigo de extinción” en Galicia, a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).
    Parabéns polo vídeo..feito con guidoirocópter?

  58. 16 / Xaneiro/ 2012

    Que interesante o desa píllara!

    Por certo, resultoume bastante interesante ver un alca morto na praia…

  59. SirSaavedra
    17 / Xaneiro/ 2012

    Xenial. Haberá que ir si ou si.

  60. karl
    17 / Xaneiro/ 2012

    Desculpas, esquecínme dunha pergunta: que é ese valado ao redor da illa, é de Patrimonio. A illa era ou é un lugar típico de picnic no verán..

    Ata logo e gracias

  61. 17 / Xaneiro/ 2012

    A illa ten áreas protexidas por temas de flora, fauna e arqueoloxía. No verán aquelo é unha feira, por desgraza. Sinceramente, poucos sitios vin cun equilibrio ambiental e arqueolóxico tan delicado como Ghidoiros. O acceso debera ser posible, pero baixo permiso administrativo. Debera formar parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas ou asi.

  62. Manuel Santos
    17 / Xaneiro/ 2012

    O documental: informa e emociona.

  63. Manuel Santos
    17 / Xaneiro/ 2012

    Esquecinme de dicir: ben feito.

  64. Karl
    18 / Xaneiro/ 2012

    Gracias pola precisión sobre o valado. Unha autoprecisión, a píllara esta catalogada como “Vulnerable”, non en “Perigo”.Para engadir mais atracción á illa a zona creo que foi repoboada con cabaliños de mar, nun proxecto de recuperación destes fantásticos seres mariños, buscarei a info
    Atentamente

  65. Pilar
    18 / Xaneiro/ 2012

    Ola! Eu, coma ti,son unha namorada das lendas artúricas dende cativa e situei sempre a Avalon no Ortegal, en San Adrian ou en Sismundi, donde o río Mera chega ó mar levando un forte arrecendo a mazá.Despois de ver o documental, magnífico e inspirador, xa non sei que pensar…. Moitas grazas polo traballo e agardo novas entregas de Capítulo Cero

  66. 19 / Xaneiro/ 2012

    Ola

    Parabéns por esta reportaxe e por amosarnos un pouco máis da historia dos nosos antergos, e como ben dís os que somos da Ría de Arousa e estamos tan apegados ao mar nunca deixaremos de abraiarnos coas sorpresas que nos depara, sempre algunha nova cousiña nos vai amosar.

    Comparto o teu traballo pois creo que a mellor ferramenta que temos para poder preservar a nosa cultura e os nosos elementos etnográficos é a súa difusión, dalos a coñecer para que a xente se conciencie da riqueza que temos, e como ben dis no vídeo: temos que aproveitar esta riqueza que pode ser o pan de maña e así lograremos que se tomen as medidas necesarias de conservación.

    Un saúdo dende a outra beira da ría.

  67. jose
    19 / Xaneiro/ 2012

    Enhorabuena por el excelente mini documental sobre o gidoiro areoso.

  68. Xan
    19 / Xaneiro/ 2012

    O Ghidoiro está pragado de visitantes no verán. Nun lugar tan pequeno e cun equilibrio ecolóxico e cultural tan delicado habería que controlar un pouco o que alí se fai. Como en moitas ocasións, bastaría con que se cumprisen as leis existentes, por exemplo non fondear os barcos mesmo na praia (con incluso perigo para as persoas), coas proas batendo na area, como ollei por ducias unha volta que fun en caiac. A Garda Civil ante as miñas queixas só contestou que iso era o habitual e que non ían ir…

  69. 19 / Xaneiro/ 2012

    Moi bo, unha marabilla, como todo o referente á HISTORIA do noso país, tan descoñecida e tan difícil de divulgar. Menos mal que temos xente moi valiosa que nos ofrece de vez en cando traballos como este.

  70. 19 / Xaneiro/ 2012

    Realmente, o proceso máis eficiente e económico para isto penso que sería integrar as Ghidoiros, as dúas, no Parque das Illas Atlánticas, que xa ten un sistema de xestión, un regulamento de acceso ás illas, un procedemento de solicitude e mecanismos de vixilancia e control. Sería barato e sería un primeiro paso, sobre todo porque a riqueza de Ghidoiros non é só arqueolóxica, senón tamén natural.

    Habería que ver que consecuencias ten para o exercicio da pesca na área (lembremos que é conflitivo en Sálvora e en Ons), pero creo que son dificultades solventables.

    O político que fixera isto marcaríase un tantazo criminal.

  71. Martiño Nercellas
    20 / Xaneiro/ 2012

    Parabens por 14 minutos fascinantes.

  72. Lampurcias
    24 / Xaneiro/ 2012

    ¡Enterramentos megalíticos nunha illa tan minúscula! Interesantísimo.

    Nunca oira falar destes restos, pero semella un achado arqueolóxico senlleiro na historia do noso país e dunha importancia que está todavía por dilucidar.

    Esperemos que, se resistiron tantos anos, non se vaian a estragar agora que terán máis “publicidade”.

    Felicítote polo documental (aínda que o de meter as imaxes de “Excalibur” non me convence moito :-)).

    Saúdos.

  73. Pancho-Lapatianco
    24 / Xaneiro/ 2012

    Lampurcias, ten en conta que daquela ese terreo non era unha illa, senon parte da península do Salnés (o nivel dos océanos era menor que o actual, cousas dos “cambios climáticos”). O que non lles quita nada da importacia que teñen. Como se fala, enténdese para moitos que estes dólmenes formaban parte dunha necrópole que se extendería tamén pola illa de Arousa (e poida que quede algún enterrado baixo as areas do fondo mariño actual, se se deron as condicións axeitadas e non se desfixo cas mareas e correntes).
    E o da “excalibur”, pois pode gustar máis o menos; é unha concesión á imaxinación que nos mete en temas que son reais (o das espadas e armas atopadas en ríos ou agochadas expresamente baixo penedos) que deron lugar e esas lendas. Coido que separa a parte “fastástica” da “científica” axeitadamente, pero co engadido que o “fantástico-lendario” engancha a moitos: logo xa lle irás explicando paseniñamente a parte “científica”. De feito así o fan moitas veces na BBC e quedamos pampos dicindo “que ben fas as cousas, claro, teñen cartos” …

  74. 24 / Xaneiro/ 2012

    Grazas, Pancho, explicáchelo mellor ca min.

    Só unha puntualización. Aínda que está verificado cientificamente o cambio do nivel do mar para ese periodo, non se pode probar que fose unha península, ao que eu sei; é unha hipótese moi posible, pero amigos xeólogos teñen as súas dúbidas tamén ao respecto. O que si, sen dúbida, Illa de Arousa e Ghidoiros estaban máis preto, moito máis preto entre elas.

  75. miguel
    26 / Xaneiro/ 2012

    Simplemente brillante, non so a fotografia do video se non a forma de narralo. Recomendote manuel esta serie documental con algo mais de presuposto ca tua XD pero non por iso moito mellor. Disfrutaa:

    http://www.youtube.com/watch?v=8hG01ZzlKxI

    Por certo deberiades pensar en tentar vender unha serie documental a tvg ou a v television.

  76. Litel
    27 / Xaneiro/ 2012

    Parabéns por este magnífico documental. Polo seu contido e pola súa fermosa factura. Debería ser de obrigado visionado nas escolas. Un saudo.

  77. Alejandra
    23 / Febreiro/ 2012

    Pareceme un video xenial

  78. javier
    6 / Xuño/ 2012

    Maravilloso agardo ir en kayak un dia e ver o sitio respetando o espazo por suposto.Queria dicirlle ó que comenta que que pena que este en galego que non o compartiu con amigos que son galegos….home,podes compartilo,seguro que non lles importa que este en outro idioma.igual eles fan esforzo por entendelo e aprecialo igualmente.¿ou non compartes nada que non este en castelan?¿ves peliculas en ingles ou en V.0?Pois vaia….hay que viajar un poco mas.y leer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará