Último día

Despois de xantarmos, movímonos a outro local para tomar algo antes de continuar a tarde. Pedimos dous chupitos de licor-café. Trouxéronnos isto.

-Perdoa -dixémoslle ao camareiro sorprendidos- pedimos dous chupitos, non dúas copas.
-Desfrútenas, señores -contestou o camareiro entre dentes, cun ton amargo- que hoxe é o meu último día neste lugar.

E foi atender outra mesa de consultores que observaban o mundo a través dos seus smartphones.

6 Comentarios

  1. Antonio Lijó
    17 / Novembro/ 2011

    Aqui sempre fomos de fartura, como se diría en Riveira.

  2. 18 / Novembro/ 2011

    Iso chámase a estratexia de gorxa queimada!

  3. Celtius
    18 / Novembro/ 2011

    Ui non me quero imaxinar como saichedes dalí!

  4. 19 / Novembro/ 2011

    Non me dighas, Manuel, que non puideches con iso…

  5. avelino
    21 / Novembro/ 2011

    Se de min dependese unha antoloxía do relato breve contemporáneo, este iría de cabeza.

  6. 21 / Novembro/ 2011

    Moitas grazas, Avelino! O tremendo é que é totalmente real.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *