O outro día preguntabámonos se a segunda figura de Pena Furada, o antropomorfo ubicado na Porta 2 do que vos presentamos fotos noturnas o outro día, tamén se relacionaría de xeito peculiar co sol. Pois isto é o abraiante. Si, si que o fai, e de xeito ben peculiar. Antón e Elisa estiveron o outro día traballando todo o día en Pena Furada, facendo levantamentos planimétricos de todo o localizado, e deixaron a cámara preparada para ir medindo o que pasaba coa figura da porta 2. E isto é o interesante e fermoso. A figura destácase enormemente, durante un lapso de tempo non moi grande nestas alturas do ano, un pouco antes do solpor. Chégase ao punto que se poden percibir os rasgos faciais sen necesidade de iluminación artificial. Así que temos unha Moura que parece ter sido concebida para resaltar á mediodía e outra figura, non sabemos se masculina ou feminina, que cando menos ‘funciona’ tamén de xeito notable coa luz rasante do solpor.
Que lugar!

Sé o primeiro en comentar