Diario de Pena Furada: muros escalonados?

Last updated on 10 / Outubro/ 2011

Non puiden estar cos compañeiros de voluntariado en Pena Furada esta fin de semana, pero non pararon de darlle duro. E, coma sempre, cando ves o vídeo, dáte rabia non ter estado alí. Algunhas cifras de alucine: van aproximadamente 1000 obxectos documentados en tres fins de semana de traballo e retirando unicamente a cuberta vexetal. A maior parte deles son cerámicos, e moi coherentes en todo este nivel superficial. Pero o que máis está chamando a atención é o muro que, agora claramente, esténdese por toda a banda oeste do sitio arqueolóxico. Non é un muro calquera, está ben feito, con pedras de sillares, pero ademáis, e ollo con isto, parece estar escalonado. Pendente dunha análise máis detallado, este non é un factor menor; ao ser escalonado, a súa función defensiva está en entredito, e iso explicaría a ausencia de moita pedra deste derrubo, que debera ser máis abundante se a finalidade fose primariamente militar. Pero lembremos tamén que a estrutura de muros escalonados tamén é habitual nos espazos castrexos…O muro continúa de xeito moi coherente máis alá do que pensabamos, e amósase nunha terraza entre as dúas portas do sector sur. Alí, este muro pega unha estraña curva…O vídeo é do sábado, e ten mellor calidade que o gravado no domingo, pero na escavación deste día todo este muro do novo sector revelouse como unha estrutura moi potente…

Antón, David, Jorge e José explican neste vídeo a existencia deste insólito muro que acentúa a monumentalidade do lugar. Pena Furada está rebasando expectivas pero tamén confirmando algo que sospeitabamos. Remataremos a intervención con máis preguntas que respostas. E iso, señores e señoras, é a clave do avance do coñecemento.

Grazas, Jacobo, polo vídeo!

2 Comments

  1. 10 / Outubro/ 2011

    de nada!
    mi primera vez, chispas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará