Pena Furada: o ‘festival’ do tempo

Hoxe foi un día de achados literalmente impresionantes en Pena Furada. Durante as labores de limpeza, apareceron novos espazos. Obsérvase un tremendo derrubo nunha das terrazas e localízase un pequeno e espectacular espazo pechado ollando para o Monte do Gato, onde hai unha gran concentración de túmulos megalíticos…Pero moito máis. Especialmente interesante é o achado deste potente muro que delimita a plataforma inferior á moura. Un muro enorme -que non é muralla, porque pecha ao final dun espazo- e que fai pensar nunha estancia de enormes dimensión, ou ben de soporte que estaba aló. E cerámicas de todo tipo, máis cravos que desvelan os espazos de madeira…un festival do tempo.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará