Algueira Pizarra 2007, elexido mellor viño de Galicia nos premios Magnum

Onte pola noite celebráronse no restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe a segunda edición dos Premios Magnum do Viño galego que convoca a distribuidora de viños María Fechoría. A empresa, comprometida coa comercialización de viño galego, aproveito para presentar o seu novo web, que inclúe catálogo de compra en liña dos viños que ofrece, entre outros contidos.

Os gañadores nas catro categorías foron:

– Mellor divulgación do viño galego: Obra social de Nova Caixa Galicia, por ser a única institución galega cun programa de formación sobre viño para público xeral desde hai bastantes anos.
– Mellor tratamento de viños na sala/ bar de viños: Viñoteca Bagos, de Pontevedra. Un clásico do bo beber da cidade do Teucro.
– Mellor viño do ano: Algueira Pizarra 2007. Fernando Algueira recuncou, xa que gañara o ano anterior tamén co seu novo Merenzao.
– Mellor bodega (como colección de viños): Luís Anxo Rodríguez. Sen dúbida unha das mellores adegas do Ribeiro.
– Premio Honorífico Vinolvidable: Horacio Fernández Presa, alma de Godeval (Valdeorras).

One Comment

  1. 17 / Marzo/ 2011

    Capítulo 0 é tamén parte fundamental do éxito do viño galego!

    Moitas gracias, Manuel!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará