Foodspotting: un elegante e divertido servizo para explorar a gastronomía

Last updated on 6 / Marzo/ 2011

A verdade é que estou fascinado con Foodspotting, unha rede social que combina as características habituais deste tipo de servizos cos de xeolocalización. Foodspotting baséase na recomendación de pratos, viños e creo que tamén hoteis nun continuo fluxo que te permite localizar, alí onde esteas, pratos recomendados por outros usuarios nas túas proximidades con gran precisión; como Foursquare, incorpora compoñentes lúdicas, como marcar e nomear os pratos entre todos, e todas estas cousas.

Das que coñezo, é con diferencia a rede social máis doada para localizar pratos chulos. Xa teño un perfil no que vou publicando cousas que probo e me gustan, que podes consultar aquí. Con todo, unha das utilidades máis chulas tamén, son a capacidade editorial, que é algo que lle boto en falta a outras redes, nas que todo está orientado a que ti traballes para elas. En Foodspotting podes facer guías “de autor”, con certa capacidade de edición, as túas propias normas de interacción, moi coidadas visualmente…; hai guías xeniais, como as editadas polo televisivo Anthony Bourdain, ou a guía Zagat. Hai mesmo guías nas que podes recomendar cousas a Anthony Bourdain!

Eu xa publiquei dúas guías que aínda están en proceso de elaboración: Grandes Pratos de Galicia e Santiago de Compostela Imprescindible. As dúas están aínda moi verdes e por agora moi experimentais; ireinas ampliando estes días (sempre) pero é para que vaiades vendo como vai a cousa e se as queredes apuntar, pois xenial.

O que ten certa graza é que a penetración de Foodspotting en Galicia é absolutamente mínima. É dicir, que é unha aplicación fantástica para a web pero especialmente para os teléfonos móbiles (ten versións para Android e iPhone). Anímovos a etiquetar os pratos de Galicia. Creo que é un escaparate interesantísimo para dinamizar a gastronomía local. É como ter un recomendador visual de tapas e restaurantes en todo momento, especializado na cousa culinaria. Unha gozada.

Na columna da dereita, despois dos destacados de sección, tamén tedes un badge cos pratos e tapas que vou marcando eu.

Aquí tedes un vídeo explicando o que é Foodspotting:

4 Comments

  1. 24 / Febreiro/ 2011

    Non coñecía Foodspotting e si que me parece interesante. En canto teña uns minutos igual me animo cunha destas guías. Mágoa que non ten versión para blackberry.

  2. 26 / Febreiro/ 2011

    En android todavía está en beta. Só dispoñible na própia páxina.

  3. conciencia
    10 / Marzo/ 2011

    Si, moi made in USA isto. Non?
    Facede a proba. Puxen África no buscador (location) e saíronme Barcelona, Madrid, Londres, París, Berlín, Estambul, Ryad… e un lugar no golfo de Guinea…
    Que curioso, non?
    En África non hai lugarers onde se coma ben?
    http://www.youtube.com/watch?v=MROV4kOph-8&feature=related

  4. 10 / Marzo/ 2011

    Conciencia, non sei se viches ben como funciona Foodspotting. Eles non suben contido, senón os usuarios que se rexistran gratuitamente no sistema. Por iso vas ver moito máis contido nos EEUU que, por exemplo, en Noruega, ou mesmo en Galicia: a rede social naceu a penas hai un ano aló, está en inglés e ten máis usuarios rexistrados de aló. Na medida en que a rede social se faga popular nunha área concreta, irá tendo máis contido dese espazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará