Oh Sushi!: un bo xaponés en Galicia (por fin!)

Última actualización o 6 / Febreiro/ 2011


Fotos: Sole

Hai determinado tipo de comidas -que non tomas con frecuencia- das que de cando en vez te entra mono. Pero mono do grande. A nós pásanos coa comida xaponesa: cada pouco tempo apetécenos darnos un homenaxe das elaboracións limpas, elegantes e lixeiras da cociña xaponesa. Por desgraza, en Galicia non é doado atopar un bo restaurante xaponés: todo o máis algúns locais se atreven a servir sushis e sashimis e punto. A gastronomía xaponesa, con todo, é moito máis. As experiencias, por exemplo, en Santiago son bastante frustrantes. Un novo local aberto no barrio de San Lázaro, en Compostela, ofrece, por exemplo, na súa carta algús pratos de raíz xaponesa/asiática e entre eles, un sushi de surimi…como diría un antigo Presidente do país: “¡y no tengo nada más que decir!”.

Por iso restaurantes como Oh Sushi!, en Vigo [T: 986294881 / localización] , teñen aínda máis valor. Porque son excelentes illas gastronómicas no escaso mundo da cociña exótica nas cidades galegas e, no caso deste restaurante, posiblemente sexa o mellor xaponés de Galicia, así de claro. Oh Sushi! é un proxecto do dinámico cociñeiro arxentino Andrés Medici, un profesional que aposta por unha cociña xaponesa de corte puro e tradicional, na que introduce platos de fusión adaptados tamén a un gusto máis occidental, procedentes da súa experiencia noutros xaponeses na costa levantina. O resultado son pratos moi ben resoltos, cun bo produto, un arroz no seu punto de cocción para a cociña xaponesa e un moi bo produto. A opción por peixe de calidade criado en granxa permite que os prezos dun festival de cociña xaponesa coma o que nos tomamos sexan asumibles por calquera, e tamén demostran que é posible criar un gran peixe nunha boa acuicultura.

Como tiñamos moitas gañas de coñecer de xeito amplo o traballo de Andrés (e tiñamos ese mono xaponés tremendo) pedimos a cociña que nos deseñaran un menú degustación. Así que chegou a gozada que podedes ver aquí:


Un sunomono de vieira e choco (unha ensalada cun toque de vinagre)


A tradicional sopa de miso


Un tataki de hamachi


Unha ensalada de atún picante. Isto é unha auténtica delicia. Ten pouco de xaponés pero moito de rico. :-)


Nigiris de vieira con caviar de trufa


Anguía asada (espectacular).


Nigiri de salmón con shisho (unha pranta que Andrés ten ao carón da porta e que quere como a un bebé


Unhas gyozas repasadas á prancha (son unha sorte de empanadillas recheas de porco e vexeais)


Entrecot de watu


Harumaki de mazá


Sopa de melón e cogombro con xeado de sésamo

Acompañamos o menú con cañas (si, cañas) de Kirin, unha suave cervexa xaponesa que para min pega moi ben con esta delicadísima gastronomía e rematamos cunha infusión de té verde. Non sei se se vos fai a boca auga, a min volvo a ver as fotos e teño gañas de probalo todo, así de claro. Estaba excelente

Non vos podo dicir o prezo porque fun convidado, pero polo menú similar que tomaron Xosé Manoel, Óscar e Salomé hai non moito no Oh Sushi!, a cousa anda nos 35€ por persoa, cañas incluídas, que a min me parece un prezo estupendo por este festival. Comer de carta, dependendo do que tomes, tamén sairá entre 25-35 euros/persoa. Non é casual que Vigo sexa a cidade de Galicia, por certo, na que hai máis sitios de cociña oriental. Canda o mundo urbanita que hai aquí, está a proximidade de Portugal, e co de moda que está esta gastronomía no país veciño, algo terá que ver…

15 Comentarios

  1. 3 / Febreiro/ 2011

    O postre aparenta espectacular. Non sei que tal sabería, pero co arte que ten Sole e o chamativo que parece hai que ir probalo. O xoves pasado estiven alí, e non sabía nada de que había tal postre. Bueno, terei que voltar a investigar…

  2. Milu
    4 / Febreiro/ 2011

    Me gustaba mas el local donde estaban antes…no por nada, es que estaba a 30seg. De mi casa jejeje. Creo recordar que te lo recomendé alguna vez.

  3. 4 / Febreiro/ 2011

    Milu, e a emoción da viaxe? ;-)

    Xmanoel, a cal te refires? O primeiro, o Harumaki, estábache ben bo, aínda que eu o poría de segundo e o segundo de primeiro (era máis fresco). En todo caso, a sopa de melón estaba fantástica (o caramelo non tanto).

  4. robez
    4 / Febreiro/ 2011

    Manuel, 35 euros me parece ajustadísimo. Las fotos son de menú para 2 personas? Si no me parece un precio realmente espectacular.

  5. 4 / Febreiro/ 2011

    Si, si, as fotos son de pratos ao centro para dúas persoas, agás postres, claro, que son racións individuais. Xa che digo, neste non sei se hai algún prato máis, pero parécese moito a outro similar que tomaron estes amigos:

    http://acitc.blogaliza.org/2010/08/13/restaurante-oh-sushi-vigo/

    E pagaron ese prezo.

    Como dixen no post, creo que poden facelo porque este menú está feito cun excelente peixe, pero de granxa. Isto con peixe “salvaxe” súbese á chepa (perdón, á carteira).

    De cantidade de comida, unha persoa coma min (ou sexa, de certo volume corporal) queda perfecta.

  6. 4 / Febreiro/ 2011

    Hola Manuel,

    ¡Qué buena noticia! En Galicia andábamos sin japoneses con un mínimo de calidad (mi experiencia en algún local de Santiago no es que fuera negativa, es que fue sonrojante), así que aprovecharé mi próximo viaje a Vigo para visitar Oh, sushi!… donde lo que os prepararon tiene una pinta excelente (las fotos de Sole ayudan mucho) y me pregunto: ¿este Andrés Médici es el cocinero argentino que estaba con Kikuchi en el Taro de Marbella?

    Un saludo,

  7. 4 / Febreiro/ 2011

    Melvin, non che podo confirmar que traballou no Taro con Masao Kikuchi, pero conversando despois do xantar comentoume que el estivera antes nun restaurante en Marbella, e agora que o dis o do Taro sóame moito…moi posiblemente fora alí.

  8. Milu
    4 / Febreiro/ 2011

    Uy, yo creía que en Vigo había estado en el Vigo Kioto (antes daba gusto, ahora bajó mucho). Se me va la pinza…

  9. 4 / Febreiro/ 2011

    Gracias Manuel, la verdad es que puse el comentario y me decía: ¿de dónde he sacado lo de Andrés? Y creo que fue de aquí, un link que coloqué en mi post del otro día sobre “Kabuki”.

    http://www.culturasushi.com/masao-kikuchi-el-ultimo-samurai-2

    Y no sé si es el mismo Andrés Médici el que lo escribe, pues lo recuerdo hace ¿5 años? junto a Kikuchi en la barra del Taro, en el Guadalpín.

    En fin, que muchas ganas de probar esta nueva aventura, que espero que funcione…

    Un saludo,

  10. 4 / Febreiro/ 2011

    Non sei que me dá que ligues tanto o meu blogue. Vendo as fotos de Sole as nosas dan peniña…

    Temos pendente voltar no inverno. Igual é antes do que pensabamos ;-)

  11. 4 / Febreiro/ 2011

    Estimado Manolo, antes que nada agradecerte el trabajo que se han tomado tanto tú como Sole en visitarnos primero y en valorar nuestro trabajo luego. La verdad que todos tienen razón he trabajado junto a Masao durante 3 años en el Taro Guadalpin en Marbella, de donde ademas de aprender muchisimo me he traído la receta de la ensalada de atún. También es verdad que durante un año he estado cocinando en Vigo Kyoto (Vigo) y como sabes Manolo, y ahora también Melvin (impecables criticas de restaurantes japoneses), también soy el que escribe (cuando puede) en Culturasushi. Xmanoel, que pena lo del postre, no siempre lo preparamos por que es bastante irregular el asunto de los melones jejej
    Gracias y un abrazo grande a todos.

  12. 11 / Maio/ 2011

    Espectaculares fotos ¡Ya me han entrado ganas de comer! ;-)

    Por cierto, el nombre de la hierba que mencionas se escribe “shiso” (紫蘇). El castellano se la conoce como “perilla” o con el sobrenombre de “albahaca japonesa”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *