Escépticos, un gran formato de divulgación científica

Last updated on 17 / Setembro/ 2011

Unha das grandes materias pendentes da comunicación no Estado é a divulgación científica. Temos moitísimo que aprender e experimentar ao redor da elaboración de contidos atractivos que teñan como base o rigor e o método da ciencia, sen perder a capacidade de entretemento doutros formatos. Se tedes media hora, recoméndovos moitísimo ver este primeiro episodio de Escépticos, unha serie documental emitida por ETB (que acaba de solicitar unha tempada completa aos seus autores!) de José A. Pérez e Luis Alfonso Gámez. Un entretidísimo documental que desmonta os mitos desa teoría da conspiración que aseguran que o home non chegou á Lúa. Chapeau!

2 Comments

  1. 12 / Xaneiro/ 2011

    Ah, pero… logo… ao final foron??? :-)

    É o conto de Pedro e o lobo. Aos americanos estalles ben que non se lles crea nada. Tanto marearon tentando facer crer ao mundo tantas mentiras que xa poder ir á lúa, a marte e a casa de Cristo vinte veces seguidas e volver, que sempre haberá un escéptico disposto a negalo.

    Ou é que había armas de destrucción masiva no Iraque? E morreu tanta xente como ía morrer de gripe aviar? E a gripe porcina non ía ser mesmo peor?

  2. Miguel Losada
    12 / Xaneiro/ 2011

    Agora si que falches Padín!

    Tou dacordo. Xa comentei noutra que os Usa sempre van de farol, son moi dependentes da súa imaxe e, grandemente, viven dela dende a segunda grande güerra.

    Eis un exemplo do xeito deles en relación cos medios.

    Ten tres páxinas o artigo pero non ten desperdizo se o miras entre liñas.
    A vontade de xestión interesada da información como unha ferramenta cara o exteriór, na que se poden empregrar o cinema ou as “news” fica ás vistas.

    “The U.S. has an image problem, and it may largely be due to our own communication as a nation. ”

    “WHAT? America is not loved like we once thought it was? After the Marshall Plan, billions in foreign aid, and successful World War II and Gulf War rescues, what has gone wrong?”…

    “The role of the entertainment industries. They should be encouraged to develop their own industry policies for the exercise of responsibility in marketing and distributing movies and TV shows to international audiences where a frame of reference is lacking in terms of what may be viewed as reality.”…

    O resto en

    USA Today (Society for the Advancement of Education), July, 2002 by Melvin L. Sharpe

    http://findarticles.com/p/articles/mi_m1272/is_2686_131/ai_90683550/pg_2/?tag=content;col1

    Saude
    O Miguel Losada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará