Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

Os lagos subterráneos do Courel

30 / Novembro/ 2010 8 comentarios

O meu irmán, Xurxo Gago, e o resto do equipo da asociación Axena e o clube espeleolóxicos Maúxo están metidos nun proxecto que hoxe foi un bombazo en medios de comunicación: a localización dun lago terminal subterráneo no Courel e a primeira incursión nun territorio totalmente descoñecido. Sen dúbida, as actividades de recuperación de estalagmitas e o furadón aberto nun prado da serra poñen de actualidade o tema covas, pero a historia do lago non é, desde logo, menor. A incursión foi fugaz, xa que as augas tornáronse turbias, pero abriron a existencia dun mundo fascinante na xeoloxía galega no que esta xente leva tempo traballando. Como di Xurxo neste post do blog de Axena no que explica o espazo e a filosofía que os move:

Muchas veces escucharéis que en Galicia no hay cuevas. Nuestra granítica geología impide las típicas formaciones kársticas tan comunes en otras zonas de la península pero en el Courel, una amalgama de diferentes materiales hace posible que más de un centenar de cuevas, muchas de ellas inexploradas y otras muchas por encontrar hacen que esta comarca posea una de las mayores riquezas en patrimonio geológico, paleontológico, histórico y de biodiversidad de España. Nuestra intención es clara, cuanta más información y documentación podamos conseguir para demostrar esto, enamorados como estamos de las montañas y valles de Novoneyra, ahí seguiremos trabajando.

Os medios trataron desde ángulos diferentes a historia. Galicia Confidencial, culturagalega.org, La Voz de Galicia ou El País abordaron entre onte e hoxe a existencia do lago subteráneo.

Aquí tedes o vídeo da primeira incursión neste lago subterráneo, pode que o maior ou un dos maiores de Galicia. Desde o punto de vista da ciencia xeolóxica e da espeleoloxía, ten algo de histórico.

8 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.