Un menú no restaurante Maruja Limón (Vigo)

Last updated on 27 / Novembro/ 2010


Fotos: Sole

Non me lembraba que en setembro pasamos polo restaurante Maruja Limón [T: 986 473 406 / localización], en Vigo; eses días tiña que facerlle unha entrevista ao cociñeiro, Rafa Centeno, para un proxecto do que agardo que saibades en breve, e fun antes ao restaurante para coñecer a súa cociña, da que só tivera un relampo dun par de platos dun ano anterior. Pedimos o menú degustación, unha estensa proposta moi centrada no produto, no que se traballaban tanto nobles como humildes, en elaboracións e usos de forte inspiración tradicional e presentación contemporánea. Gustáronme moito o tartar, as moellas ou o “café” que vedes ao final. Cun viño de ao redor dos 20 euros, pagamos por dous menús degustación 136,50 euros. Esquecérame totalmente de postealo en setembro -a maldición dos posts pendentes-, e a súa recén estreada estrela Michelín de onte fíxome pensar que publicalo agora pode satisfacer a curiosidade dalgúns gourmets. Pois aquí dentro do post tedes un menú do Maruja Limón.

7 Comments

  1. DANINLAND
    27 / Novembro/ 2010

    ¿Menú degustación a 70€?; esto me recuerda al 100 puntos de Parker a Benjamín Romeo.

  2. 27 / Novembro/ 2010

    hahahaha! É o prezo que tiñan en setembro (euro arriba euro abaixo, tería que buscar a factura). O actual non o sei!

  3. DANINLAND
    27 / Novembro/ 2010

    Non quero ser malo, Maruja Limón é un dos meus resaurantes favoritos,pero viaxar a Vigo e saber que polo mesmo vou a ter que pagar 20€ máis que fai un ano… …de repente emerxen na miña cabeza dous xingantes que rondan os 40 €, como Culler de Pau ou O Silabario; se me vexo de camiño a Portugal, creo que lle tocará a este último.

    Saudos e noraboa a Rafa de tódolos modos.

  4. maria
    27 / Novembro/ 2010

    hola chicos,soy una asidua del maruja limón, ya iba cuando estaban cerca de la plaza españa y nunca han tenido el menú a ese precio ni cerca, de hecho estuve allí a finales de octubre y tomé el degustación que costaba unos 52 euros con iva incluido, yo suelo tomar el otro menú que tienen que ronda los 40 también con iva sin bebidas. Creo que te salió por los 70 por que pedirías un buen vino. Aprovecho para felicitar a los recién galardonados Alborada y Maruja Limón, que es todo un lujo para Galicia poder ir sumando estrellas.Y si me permitís también quiero dejar constacia de lo alucinada que estoy con lo de Marcelo,no lo entiendo, para mí, uno de los grandes no de Galicia si no de España.

  5. arume dos piñeiros
    27 / Novembro/ 2010

    O touciño con vieira merece a viaxe desde calquera punto do mundo.
    Tamén existen outras opcións como o de menú degustación compartido, varios primeiros compartidos, e un segundo a elixir, que pode resultar ilustrativo do que fan alí.
    O menú degustación anda polos 40-45 euros. Con aperitivo, viño e viño aos postres, pode subir ata 70, pero daí non pasa.
    Creo que por 50 euros se pode comer perfectamente.
    Para min, o mellor dos que probei. Xa sei que Solla é excelente, pero eu quédome con este. O que pasa é que por dimensións e envergadura gastronómica, Solla merece algo máis sempre. Pero por calidade eu ao Centeno non lle quito o primeiro posto.

  6. 27 / Novembro/ 2010

    Grazas polos comentarios. Para aclarar o asunto, boteille unha visual ao estado de contas da tarxeta. 2 persoas cun viño de prezo contido que non recordo cal era (pero non creo que me pasara moito dos 20-23 euros) e o menú degustación -que inclúe os postres-, 136,50 euros. Pode ser que foran 52 euros por menú, como sinala María, pero sospeito que con IVE. Por se acaso, no post vou poñer o prezo global da comida.

  7. Levounandar
    30 / Novembro/ 2010

    Estiven no Maruja hai uns 15 días. Menú degustación 52,50. Podedes ver a miña experiencia en levounandar.blogspot.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará