
Fotos: Sole
O principal signo identitario de Tui é, por veces, o seu principal problema. A fronteira e a ponte internacional coloca a Tui no mapa, pero tamén a converte nun lugar de paso rápido cara Portugal. Unha mágoa: a vila é fermosa, conta cunha catedral-fortaleza moi orixinal no panorama galego, e baixando dela cara o río está un casco histórico moi singular. Así que pouco sabemos da súa oferta gastronómica, e de todo o Baixo Miño en xeral. Hai que ilo solucionando!

Cata de aceites inicial
Achegámonos a Tui para coñecer o restaurante Silabario [T: 986607000 / localización], que é parte dun complexo hoteleiro. O Silabario ten un interiorismo coidado, en madeiras claras, con moito espazo entre mesas e unha enorme cristaleira que dá ás hortas, pazos en ruínas e ao fondo as fortificacións de Valença. Ao fondo, unha habitación separada con cómodas butacas permite aos fumadores compartir os cafés e os cigarros dentro do propio restaurante.
Segundo Alberto González, o Silabario ten unha filosofía: “empezar desde o principio”. O restaurante mantén unha certa idea de obradoiro, de espazo no que se aprende, e no que se combinan diferentes técnicas nos pratos, desde postas en escea máis clásicas ata platos xa propios dos menús da gastronomía contemporánea galega. O resultado é unha comida tecnicamente moi coidada, lixeira pero sabrosa, e cun certo alento persoal. O seu chef, Alberto González, é unha das máis recentes incorporacións do Grupo Nove. “A nosa xeración -que montou restaurantes nos últimos catro anos-“, díxonos o cociñeiro, “debe achegar algo novo á dos cociñeiros precedentes que iniciarion este movemento de renovación”. Para González, a aposta debe ser “profundizar aínda máis no tradicional, achegándolle a modernidade”. O chef louva as vellas elaboracións da gastronomía clásica, “de libro”. E a brasa como técnica na que aínda se pode aprender todo.
Hai un menú estacional, creo que con cinco pratos, a 29 euros. O menú degustación, que foi polo que nós optamos, ten nove pratos e está en 42 euros. Supón un percorrido gastronómico por mariscos e peixes nos que mesmo hai certas doses de espectáculo, coma no corte da cola do bogavante á brasa de carballo, e incluíndo como única carne un máis contundente pichón.


Ameixa con coliflor (puntazo)

Ventresca de atún (espectacular)


Alberto González prepáranos o bogavante asado.
Sorprendeunos moi agradablemente. Pratiños limpos e coidados, cunha importante presenza da grella e da brasa como método de cocción, cun produto tratado con moitísimo respeto e algunhas chiscadelas portuguesas. “A cultura da raia márcanos”, díxonos o cociñeiro. Alberto González é un chef novo que xa non ten presa, preocupado por evolucionar con tranquilidade e solvencia. O resultado está impecable a día de hoxe. O seu restaurante aínda non é moi coñecido polos afeccionados á boa mesa en Galicia, pero atópase nun nivel magnífico.

Peixe sapo cunha pipirrana de tomates raf.

Pichón de sangue co seu paté, feijoada lixeira e guacamole

Mirabeis en compota

Milfollas cun chulo granizado de picotas
A carta de viños é pequena pero está bastante ben seleccionada, aínda que se botan en falta máis viños do Rosal, do Condado e da beira portuguesa, que son as áreas vitícolas máis próximas ao restaurante. Son eses detalles os que melloran moito o acento local dun establecemento. As copas son excelentes para viños de gran capacidade aromática, e sírvense a boa temperatura. Nós disfrutamos cun Tricó 08 (para min é dos Salnés que máis me gustan).
Paga a pena facer unha excursión a Tui para xantar tranquilamente no Silabario e despois achegarse paseando ata a súa descoñecida zona vella. Un truco: despois de comer métanse na horta do bispo, o miradoiro privado do pazo episcopal ao que se accede desde o claustro do catedral. Hai por alí unhas cadeiras nas que poden repoñerse discretamente do xantar na perspectiva do fermoso escenario do río e Portugal aos teus pés. Só faltaría entón un bo café, pero atrévanse a pedirllo ao bispo. Seguro que non ha de ter mal produto.

Si señor, muy bueno.
Por hacer algo de crítica, decir que por ejemplo, que la selección de aceites no me parecio nada especial y los panes que los acompañan no son los adecuados para catarlos. Es preferible un pan con miga.
El bogavante al espeto, perfecto. Ahora bien, el plato creo que se cae un poco.
Y bueno, creo que los postres bajan de nivel. Meterse el último postre entre pecho y espalda, cuidado ¿eh? Esa canditad de merengue suizo a esa altura de la película “é cousa de homes”!!! jajajajaja.
Pero la verdad es que si, está muy bien. Un precio muy ajustado (cuando costaría este menú en Madrid?) y mucho mimo en la cocina.
Milu.
Milu, coincido basicamente contigo. Creo que ao tema catas de aceite en restauración se cadra haxa que darlle unha volta. É divertido e tal, pero xa non ten o mesmo efecto que hai un par de anos. Se cadra, como ti dis, traballar máis a excepcionalidade dos aceites, ou algo así. Iso si, eu pasei do pan tostado que acompañaba a bandexa e empreguei o pan con miga normal da mesa. :-)
Vese que es máis home ca min, oes, porque eu non din acabado o merengue, iso si, con gran pesar (estaba boísimo, e o follado aínda máis).
Outro que apunto Manuel, e eu son amigo do bispo. Jajajaja. Gracias.
Nós temos ido dúas ou tres veces, cun bo grao de satisfacción, a verdade. Alégrome do teu post, porque penso que pode axudar un restaurante interesante que non tiña, ao meu parecer, moita presenza na blogosfera galega especializada. O paseo despois de comer, pola vila e tamén á beira do Miño, é magnífico.
As fotos son, coma sempre, moi boas, e iso tamén conta!
Saúdos.
Juan
Veño de descobrir este blog dun xeito curioso: escribín a Código Cociña para que o novo blog que desenvolvemos fose incluído na listaxe. Respondeume Soledad e visitei a súa coidadísima caixa de fíos e, tirando do fío… mirei o teu blog nos seus favoritos. Soábame de algo iso de Capítulo 0, entrei e comprendín; era a mesma persoa que mirara pola maña na TVG 2 falando do Código Cociña.
Desculpa por sairme do tema. Tentarei pasar pronto polo Silabario para degustar a súa cociña. Estou plenamente de acordo contigo en que os restaurantes do Baixo Miño, en xeral, deberían incluir máis viños autóctonos nas súas cartas. Na guiamichelins tentamos cubrir o nicho blogueiro desta marabillosa comarca pero non fixemos máis que empezar.
Pois moita sorte coa guiamichelins! É moi útil coñecer sitios para comer desa área!
Me encanta!!! los platos son siempre sorprendentes, los postres impresionantes y el trato sencillamente perfecto!!! Un sitio totalmente recomendable, esperamos seguir disfrutandolo mucho tiempo…