Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

A Illa de Ons por Staffan Mörling

9 / Xullo/ 2010 8 comentarios

Este vídeo, que me amablemente David me posteou nos comentarios do último das Repúblicas de Homes Libres, permite comprender a experiencia do antropólogo Staffan Mörling no estudo etnográfico da Illa de Ons, onde foi a investigar nos anos 70 e rematou por casar. Contén unhas fermosas imaxes de Ons naquela época (un luxo) e a descrición precisa, emocionada e contida que fai Mörling da vida na illa. O vídeo está realizado por Diego Torres a partir das imaxes do irmán de Mörling e a entrevista que se lle fixo ao antropólogo.

É unha marabilla.

8 comentarios »

  • el pingue di:

    Yo me iba a vivir allí….

  • Moncho Angueira di:

    Precioso.

    Xa o vira no seu momento a través da web da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial http://www.culturamaritima.org/

    Se non me equivoco, creo que o dorneiro é o propio sogro de Mörling. Impresionante a pericia e facilidade coa que manexa a dorna nese mar fóra da ría(unha embarcación que require moitos anos de mar para sabela levar así), e nada menos que vestido de domingo… como se tal cousa!

  • Moncho Angueira di:

    Corríxome e confirmo o dito: efectivamente é o sogro de Mörling. El mesmo o di. (Cousas de ver o video sen audio e da miña mala memoria…)

  • PabloV di:

    pois si que gostei da «emoción contida» e do dexotismo de escoitar falar das Ons con este acento peculiar

  • alvarez di:

    Logo de tantos verans acampando en Camaguey (lease Melide), emocioneime de ver as illas cultivadas e a xente vivindo nela.

    E como dixo Moncho Angueria antes, resaltando o «protagonista» desde fermoso documental, «nada menos que vestido de domingo… como se tal cousa». Asi é a xente mariñeira, doutra caste moi diferente dos que somos de terra.

  • Aurelio R. di:

    Era unha parte desa paisaxe que non se pode perder…
    Facia a un sentir unhas proporcións…sua pequenez, a pequenez dun, miña pequenez…

    Pura poesía. Grazas.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.