Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Destacado, Diario, Paparotas & Co

XII Xantanza: Unha reivindicación da coctelería no Restaurante Croque de Vigo

21 / Xuño/ 2010 9 comentarios


Fotos: Sole Felloza

Boa vida. Imos resumilo así xa para comezar. Así foi a XII Xantanza, que organizaron Xosé Manoel Ramos e Antonio Portela no Restaurante Croque [T:986 247 750 / localización] , ubicado nun lugar moi especial, basicamente espectacular: na punta de Alcabre, onde está o Museo do Mar de Vigo. Alí, neste edificio fermosamente redefinido por Aldo Rossi e posteriormente por César Portela, está, para min, a esencia plástica da modernidade vinculada ao mar en Galicia. A antiga fábrica de conservas – matadoiro atópase perfectamente integrada coa ría viguesa. A luz entra por todas partes, o azul do mar convértese na estrutura primaria de todo o edificio e a visión das Cíes converte o escenario nalgo grandioso.

Xuntámonos para celebrar a XII Xantanza. Tras unha visita guiada inicial polo Museo na que coñecimos algúns dos fondos -algúns curiosos, como a recreación dunha lonxa viguesa que estivo activa ata os 80 cun curioso contador vaporware- ata unha zona inferior que, se cadra, se tería solucionado mellor e de xeito máis barato coa edición dun folleto a cor cos contidos alí expostos. No Museo resulta especialmente chamativo, tamén, o acuario, que contén as especies das rías, e non menos divertido é asistir aos comentarios ecolóxicos dos visitantes sobre os peixes:

-Eu fago ese con chícharos.
-Pois cunha allada vai que nin diola.


Un manhattan

E chegou o momento de xantar. O que sobrancea, o que fai distinto ao Restaurante Croque, e que lle pega estupendamente, é a coctelería. Unha espectacular coctelería que te recibe e te acompaña despois do xantar. Escollimos o menú degustación, que se iniciou cun manhattan ou un dry martini, para gustos, para despois seguir co seguinte:


Coca de millo con sardiñas, tomate confitado e flor de estrela


Ravioli de remolacha recheo de txangurro e aceite de cilantro


Cigala con sopa de hervellas


Pescada con menestra (se cadra o máis frouxo do menú)


Láminas de vaca, salsa de foie e aceite de melanosporum (trufa) (espectacular)


Crema de iogur con limón e chocolate amarco con menta e tomillo limón

Un menú moi aceptable, con algúns puntos baixos (a pescada) e outros impresionantes (o lombo de vaca), que acompañamos con Casal de Paula 09 (Ribeiro) e VX. A sesión rematou con coctelería na estupenda terraza do local, sobre o mar, escollendo entre o silver fizz, a mula moscovita, a caipiroska ou o whisky sour. Pareceume fantástico: a coctelería é a artesanía dos bares. Cada copa leva un traballo e unha preparación, un saber facer absolutamente meritorio. É reivindicar para a bebida a atención que se lle presta ao xantar. Cos nosos bares convertidos basicamente en abrevadoiros de alcol de baixa calidade, a alta coctelería é unha práctica en perigo de desaparición no noso país que hai que agradecer.


Caipiroskas en preparación


Unha caipiroska

Por certo, para quen lle interese. Esa mesa para dous no alto do restaurante, que ve toda a saída da ría de Vigo enfronte súa, debe ser absolutamente espectacular. Rematamos a tarde noutro chiringuito de praia, co sol poñéndose e ese estilo tan vigués de deixar pasar as horas ao carón do mar.


P.D. Quitando a foto tamén estaba Carmen Albo, que participou connosco nesta XII Xantanza. Grazas!

Unha xantanza absolutamente veraneira. E a preparar o vindeiro evento, que xa está aquí ao lado!

9 comentarios »

  • arume dos piñeiros di:

    O museo do Mar é unha marabilla. O restaurante, malia tantas recomendacións, incluida a mesa íntima, non foi visitado. Haberá oportunidade.
    Outra vez que veña probe os callos (disimulando como quen se perde) do bareto de abaixo. Un furancho cutre pero imprescindible: os mellores (dentro da categoría rebaixados con garbanzos) da terra de Turonio.

  • carmen albo di:

    Un día estupendo en una compañía inmejorable…y encima divertidísima.

    Mil gracias por haberme invitado a compartirla con vosotros y por permitirme ponerle cara, pies y manos, (además de alma), a muchas personas a las que sólo conocía del cuadradito azul…

    Coincido plenamente en tu valoración gastronómica del evento…¿Y ahora que carallo, con perdón, cuento yo…?

  • magago di:

    Grazas a ti por vires, Carme! Seguro que podes contar moitas cousas!

  • A profa di:

    Que marabilla de fotos!

  • magago di:

    grazas. Por certo, Arume, que Carmen Albo amosoume tamén o sitio ese dos callos. É furancho, furancho…

  • Marcos di:

    Hola:
    Encantoume esta reportaxe. E chamei o Restaurante para resrervar (986 247 750) pero non me collía ninguén.
    Entrei na web http://www.apiques.com
    e o teléfono do restaurante é:
    Restaurante 986 24 76 93
    Taberna 986 24 76 94
    ou senon o mobil: 633 29 47 47

    Por casualidade non saberás o que vale unha caipirosca desas, porque ¡teñen unha pinta!!!

    Saúdos a todos:
    Marcos

  • magago di:

    Marcos, probaches este número?

    986 247 750

    O prezo da caipiroska nin idea. A nós fixéronnos un prezo conxunto con tres cócteles, así que descoñezo os prezos en particular dos cócteles. Pero non creo que sexan superiores a unha copa.

  • Mracos di:

    Probei co 986247750, o final si me colleron.
    Éste é o teléfono do MUSEO, alí dixerónme que chamara o Restaurante: 986 24 76 93 ou o móbil 633 29 47 47.
    O falar co metre díxome que non era bó chamar ó museo xa que non sempre estaban (por exemplo as 9 pecha o museo e xa non podes chamar, sen embargo ata as 24 podes chamar ó Restaurante, e o mediodía igual).
    Marcos

    P.D.- Grazas a ver este reporte ( que me mandou un amigo por mail) naveguei polas túas XANTANZAS e atopei o ATENEO. Fun a tomar un dos mellores menús do día que probei. Tanto me gustou que repetín a noite cunha churrascada (creo que é unha novidade o do churrasco).
    Moi bó sitio. Un bó exemplo do que se perden os que non percorren as estradas nacionais e van pola autovía. jeje

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.