Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co, Roteiros

Restaurante O Ateneo (Piñor): dous mil anos de Historia en pratos

14 / March/ 2010 2 comentarios


Erundina Vázquez e os seus fillos Sonia e Juan Manuel. Foto: Sole

Nesta casa todo vén de caste. A nai de Erudinda morreu literalmente entre os fogóns. E a súa filla, hoxe unha gran dona do oficio de dar ben de comer, coida canda o seu fillo Juan Manuel (na cociña) e Sonia (en sala) dun dos sitios máis sonados na zona do Deza e do Ribeiro para ir comer ben: o Ateneo de Piñor [localización /988 403 203]. En apariencia, un restaurante e hotel de estrada, como outros tantos. Pero só en apariencia.

No seu interior, Erundina Vázquez reivindica a cociña tradicional. Pero un concepto moi amplo da cociña tradicional, unha cociña da memoria recuperada, de pratos máis complexos, de calidades impecables que só se conseguen con esforzo persoal. Este sábado celebramos alí un magnífico xantar de Ao pé do lar. Xuntámonos amigos blogastrónomos e xente do equipo da exposición para degustar un tras doutro, todos os pratos da exposición, agás o arroz con lumbrigante. Foi un xantar deses que entras á mediodía e saes co lusco-fusco, incriblemente ben comido e bebido. Foi un desfile proporcionado de sabores contundentes e directos, da vella cociña tradicional: un auténtico menú confort-food, porque moitos nunca probaran eses pratos pero prestábannos como se foran magdalenas de Proust. Ao comelos, estabamos a reivindicar un concepto moito máis amplo, máis rico e diverso da gastronomía galega, que vai moito máis alá dos catro pratos doados e rápidos de facer que se ofrecen na maior parte dos restaurantes do país. A gastronomía tradicional galega é unha disciplina de tempo, cariño, precisión.

O ágape rematou coa tortilla ao ron, flambeando con granos de café e limón, con unhas marabillosas cañas, leite fritido e biscuit. Unha auténtica delicia que mostra as marabillas de Erundina Vázquez como reposteira.

Un consello: parade no Ateneo de Piñor, ou facede por parar. Menús do día sinxelos e ben coidados. E se tedes o capricho, encargádelle antes a Erundina a costrada ou o follado de salmón. Ides alucinar.

E de postpost: a foto post-semiXantanza coa cociñeira. Eu non saio porque estaba facendo a foto, pero aos compañeiros véselles que o pasaron fatal. ;)

Outras visións: Colineta, Pantagruel Supongo, Laconada

2 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.