Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

O porco e o carniceiro

19 / Xaneiro/ 2010 4 comentarios

O estereotipo do carniceiro é o do home bruto e brusco. Este vídeo é un fermoso revulsivo, unha boa peza para amosar como se pode abordar de xeito limpo e delicado unha tarefa que non se adoita ensinar. Non hai máis que ver esta pequena peza audiovisual, The Pig & The Butcher, na que o carniceiro Vadim Akimenko despeza un porco con coidado e precisión, amando o seu traballo. Só ficou un quilo de carne sobrante de todo este traballo. Todo un sinal de respecto a estes animais que nos alimentan.

4 comentarios »

  • Xesús F. di:

    Xa sei que isto é moi OT, pero este programa vai nesa liña e é moi instrutivo: http://www.bbc.co.uk/programmes/b00p1l1q (btw, o Young Chef of the Year tampouco estivo mal, pero non á altura do dos carniceiros novos).

  • Alex di:

    Nin máis nin menos que o que se fai en milleiros de casas do noso país. Sen baladas folk de fondo e sen garavata, claro.

  • magago di:

    Lástima que non haxa ninguén para filmalo con tanta elegancia (ou polo menos, ninguén que eu teña visto).

  • [...] El tiempo se traga los chillidos de la matanza que iban salpicando el barrio como campanadas de carne, y te sorprendes poniéndole fecha en el calendario a la matanza tradicional de Lalín para ir a verla (el 31 de este mes en la parroquia de A Xesta). Y cuando se es de una generación que tiene un pie en el aire y otro profundamente atascado en la tierra, hasta encuentras emocionante el despiece de un cerdo. Es inquietante pararse a conocerse uno mismo. El vídeo: visto en Capítulo 0. [...]

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.