Os nenos do cabo

Esta historia é bastante alucinante. Chegounos por unha destas colebras de correos electrónicos (grazas, Sole->grazas, Pía!). Aínda que non podas suprimir o terrible “son de fondo” de Enya mírao ata o final. Trátase do peculiar sistema de desprazamento duns nenos colombianos ata a súa escola. Terrible.

8 Comments

  1. 4 / Novembro/ 2009

    Púxome os pelos de punta :-(

  2. Chexire
    5 / Novembro/ 2009

    Cona, a ver o guapo que se queixa agora do noso transporte escolar…

    Off-topic: pola música de Enya seguirán pasando os anos, e seguirá dando os mesmos escalofríos, ou máis, que ó principio…

  3. Cesar
    5 / Novembro/ 2009

    Si o vexo en algunha película, chámolle tolo o guionista.. Creo que de mais novo tiven algun pesadelo parecido. Preguntume si a lo menos non se podía minimizar o risco faendo que pasase somentes o profesor…pero casi mellor faendo que pasase o presidente da república pra que lle den unhas clases no outro lado..

  4. PabloV
    5 / Novembro/ 2009

    cousa mais extraña, pero as tirolinas só funcionan para un lado, o que terán que subir para a ida!

  5. 5 / Novembro/ 2009

    Iso mesmo me preguntei eu. Gustaríame saber a outra parte da historia (aínda que hai un momento en que o presentador fala algo diso, pero non llo pillei ben).

  6. PabloV
    5 / Novembro/ 2009

    a naturalidade dos cativos lémbrame “salvando a distancia” a min mesmo de cativo tamén á saída da escola entrar nas obras para pasear por tablóns a 10 metros de altura… coa idade do reporteiro… nin de coña

  7. R.
    9 / Novembro/ 2009

    Impactante. Seguro que este é un risco proporcional ao que van vivir cando sexan maiores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará