Un sartego ‘matutano’ en Artes


No adro da igrexa de Artes (Ribeira) atópase este sartego altomedieval cuns bordes un tanto…curiosos. Localizouse na reitoral da parroquia. A cuestión é: ¿que lle pasou ao borde do sartego?¿Por que se parece a unhas patacas onduladas? A min contáronme hoxe por que, pero a ver quen de vós dá coa solución do estraño asunto (que é máis cotiá do que pode parecer).












Para que o gando puidese chegarlle mellor á auga?
Haha! Parece o lóxico, pero seica o seu uso principal era outro! Sigan xogando…
Mmmmmm Para afiar coitelos, fouces, gadañas?
tendo en conta que naqueles tempos non había cuarto de baño… eses bordes suaves son ideais para sentar o cu e facer o que se teña que facer…
(@Alugris: creo que acertaches)
Sen dúbida, esas formas veñen de afiar cousas. Coitelos ou fouciños, non creo que foran machadas ou gadañas.
Que rapidez, señores! Efectivamente, ese sartego é un gran afiador de coitelos e demais material de uso agrario. Así nolo contou María Luisa Díaz Otero, presidenta da Asociación Cultural O Faiado 2 no transcurso das xornadas sobre Camiños Antigos do Barbanza que se celebraron onte na Pobra do Caramiñal.
Ou fixérono así no seu tempo e encaixa ca outra metade ou é posterior para que poidan beber os animais.
(escribo sen ler os outros comentarios, que senon non ten chiste)
Agora falta saber o premio por acertar!!
A satisfacción polo deber cumprido, alugris.
Unha pedra de afiar con auga todo o ano, que máis se lle pode pedir?
@magago e un xogo de coitelos?
hahaha! A próxima haberá que falar co concello para que esponsorice estes concursos.
Cando vin esta foto lembreime dunha pedra que se garda nos almacéns do Museo de Pontevedra que os eruditos da época (Filgueira e demais) intepretaron como pedra con escritura ibérica e non é outra cousa ca un bo pedrolod e granito con centos de marcas de fouciños. Un clásico.