Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

Alcalde, non me collerás na túa Ruta dos Muíños

3 / Agosto/ 2009 Un comentario

A ver, que non teño nada contra os muíños restaurados como concepto, antes de nada. Seguro que todos vós, coma min, estades encantados de pasear entre muíños e sentir a natureza, así que non vos vou poñer de mal humor. Pero probade a viaxar por este país, entre os seus benditos catro puntos cardinais. Concello que crucen, concello no que te atoparás unha orixinalísima ruta dos muíños. E máis. Busquen en Youtube. Verás centos de vídeos afeccionados montados co Movie Maker, con banda sonora de Milladoiro, no que se ve a un grupiño enleando entre casoupas húmidas e carricentas, na beira dun río. A Ruta dos Muíños vai camiño de converterse nunha praga do calibre dos campos de fútbol de herba artificial ou os paseos marítimos. Un concepto tan necesario para un concello coma o polideportivo habilitado para futbito, co handicap, ademáis, de que gustan a todo o mundo. A cuestión é saber por que.

Eu parto da base que case todos os alcaldes de Galicia están convencidos de que a súa Ruta dos Muíños é única. Ou máis ben, creo que non fixeron unha ruta de sendeirismo na súa vida e que non saben que os posíbeis turistas van contar cunha oferta centenaria de rutas dos muíños nos diferentes correos. Seguro que hai unha empresa que revende os roteiros de concello a concello. E ollo, paréceme ben que se recuperen os muíños e se lles poña un taboleiro indicativo e se lles faga un paseo moi campestre. O problema é cando a Ruta dos Muíños é a única ruta municipal.

A cuestión é saber por que os Muíños e non outra. Eu teño a miña teoría. Os muíños sempre están ubicados en canóns que non se poden destragar con pistas, cemento, silvicultura cabestra. Os muíños e a vexetación autóctona dos ríos, sobreviviron na súa ruína de xeito miragreiro, porque non houbo promotores, construtores, parcelarios, negociantes do forestal e alcaldes que estimaran rendíbel furar e aplanar esas caeiras infestadas de vexetación e humidade. En realidade, por triste que pareza, os muíños e os canóns dos ríos son o único anaco presentábel de vexetación autóctona que poden amosar, hoxe por hoxe, moitos dos concellos de Galicia, especialmente na súa franxa occidental e costeira.

Estamos a favor do medio ambiente, dirán os alcaldes. En realidade, revelan como o noso último medio ambiente autóctono e as construcións tradicionais sobreviviron porque se esquenceron delas durante anos. E tamén está outro factor. Como a formación medio ambiental dos políticos é mínima, pode que existan outras riquezas ecolóxicas no territorio que ou non advirten, ou non valoran. O río, por sorte, aínda encaixa no imaxinario popular do que é natural.

En fin, que adoro as ribeiras e a súa etnografía; por iso, precisamente por iso, podémonos decatar de como revelan o xeito no que a política municipal valora moitas veces a natureza e o patrimonio cultural.

Un comentario »

  • Certo di:

    Plas, plas, plas, plas… Con quen ten muíño que coidar non te poñas a enredar (refraneiro popular galego)
    Pódese dicir máis alto, pero non máis claro!

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.