Mentres camiñas polo medio do bosque en dirección a unha das entradas do sistema de cavidades pseudo-karsticas do Folón, no concello de Vigo, a terra de súpeto comeza a falar e a tremer. Un son rítmico sae de debaixo das enormes bolas graníticas e, nalgún sitio, mesmo percibes vibracións que se transmiten á terra e aos teus pés. É o Folón, e de aí vén o seu nome, ao balbordo, á folie, á tolemia, ao gurgullo constante que vén das profundidades. O son é o do río da Rega que, máis enriba, desaparece de súpeto da superficie da ladeira e comeza a esvarar no subterráneo entre un enorme complexo de bolas de granito, un inframundo de estreitas cavidades e voltas labirínticas. Mentres, o río peta contra as pedras, remuíña en marmitas. As covas do Folón son un lugar único en Galicia, a terceira cova granítica de Europa. Teñen un percorrido en longo dun quilómetro, pero as incursións que fas nelas fanche avanzar moi pouco. Vinte metros, no Folón, son unha auténtica aventura. Fumos un grupiño de dez persoas (síntoo, non lembro o nome de todos); desde Santiago fumos Xurxo Mariño, Vicente de Souza, Xurxo Salgado e máis eu.
Pero tamén é moito máis. A Xunta declarouno Monumento Natural de Galicia e tamén Ben de Interese Cultural Están solicitadas as declaracións de Monumento Natural de Galicia e de Ben de Interese Cultural, porque este é un lugar moi especial, tanto como descoñecido: aquí apareceron evidencias de presenza humana constante desde o Paleolítico ata a Idade Media, e polos indicios atopados todo parece indicar que, cando menos no Calcolítico e na Idade do Bronce, o que se deixaba aquí, nunha das covas conectadas con todo o sistema, eran ofrendas a algo. O Clube Espeleolóxico Maúxo, é o principal axente en pular por conseguir a declaración de Monumento Natural, atopou no ano 1996 unha incríbel colección de materiais arqueolóxicos, desde machados pulimentados ata sorprendentes vasixas calcolíticas, de tres mil anos de antigüidade; unha delas é a que vedes nesa foto. ¿Que ser mítico viviría aquí dentro? Imaxínome á xente distinguindo a voz do monstro, do deus ou do espírito entre o bater do Folón, o gorgullo constante. Imaxínome, mesmo, viaxes iniciáticas ata a fervenza que se ve no vídeo. Algo diso, curiosamente, consérvase no folclore. Unha das lendas desta cova -que está rodeada de penas de mouros- fala de que no interior do Folón vivía unha moura. A xente tiña que deixarlle comida e ofrendas na entrada para que a moura os favorecera, igual que esas vaixelas cerámicas de tres mil anos antes. Teño a sensación, ao internarme, de que nos metemos no omphalos, nas covas de Delfos, que aquí nas profundidades as augas escribían o futuro dos homes. Non hai un sitio igual en toda Galicia.

Sección da cova do Folón. Gráfico: Clube Espeleolóxico Maúxo
Internámonos. Sabemos que non veremos á moura, pero si marabillosos procesos xeolóxicos en formación/destrución. A xente de AXENA que nos guía por este inframundo ten nomes para todas as cavidades, que axudan a crear un “edificio de memoria” vital para sobrevivir neste caos: o Paso de Andrés, os Catro Camiños, o Baño Turco, o Balcón… Este lugar é toda unha experiencia que pon a proba, sobre todo, a túa capacidade de resistencia psicolóxica, pero no que vas vivir experiencias alucinantes. No vídeo podes ver en parte o noso percorrido. Se tes algo de claustrofobia ou aprensión, recoméndoche que non o vexas, porque dá yuyu. Se non, é moi recomendábel. Pouca xente, agás un descerebrado coma min, se atreve a meter unha cámara de vídeo por eses sitios.
Advertencias
Igualmente, se despois do vídeo quedas tan flipado que queres visitar este lugar, teño que facerte prevencións. As Covas do Folón son un perigoso labirinto e un desafío mental: a moita xente lle teñen entrado episodios de claustrofobia e outros cadros no seu interior. Entra só con especialistas que coñezan os camiños subterráneos, porque te podes perder, segurísimo. Por iso mesmo, pedíronme que non ofreza datos de localización da entrada ao sistema do Folón. Se queres ir, contacta con Axena ou co Clube Espeleolóxico Maúxo.
Nota: a fotografía da cerámica do Folón é de Vigo Arqueológico


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 4 trackbacks }
{ 24 comments… read them below or add one }
¡Vaia aventura!
Esa é exactamente a palabra, Miguel.
Iso si que é un parque natural de atraccións!!!
¡Hola, Manuel! Aquí en San Agustín estamos alucinando con tu húmeda aventura subterránea y nos preguntábamos cómo demonios acabaste en una cosa así… ¡A nosotros nos encantaría hacer un viaje como ese! ¡Eres guay, tío! Ya nos contarás cuando vuelvas. Porque vas a volver, créenos. ¡Un abrazo!
Grazas, señores! Por certo, estade atentos a Capítulo 0 en xullo porque contra o final do mes contarei unha historia estilo Dan Brown sobre San Agustín que creo que non coñecedes, ou coñecedes só por riba.
Mirei o vídeo e quedei sen gañas de visitar esa cova. Por certo, a palabra folón non terá que ver cos muiños de folón ( ” batán ” en español ) ?.
Gustoume a reportaxe e a aventura.
Graciñas por compartir semellante aventura…e parabéns por tela sobrevivido con tanta enteireza! Aquí na emigración danesa puidemos viaxar á Galicia “máis profunda” durante uns intres gracias ao vídeo
paideleo, si que ten que ver. A raíz debe ser a mesma, a que explico no texto. É ese tipo de son da auga.
arale, alégrome de que vos valera para estar máis preto. É o mellor que poden conseguir estes textos (e vídeos).
¡Caráfio, que bonito!. Non sabes cuanto me gustaria facer esa viaxe, mais témome que teria que botar fora, algún kiliños de mais que recubren o meu espinazo. ¡Poderia deixar trancada unha entrada ou saída durante un tempo. Creo que o xusto do desengrase.
Gracias por éstas informacions.
Un pracer camiñar convosco polas profundidades!!
Para min Folón é un dos máis importantes patrimonios naturais e históricos que ten Galicia, e non esaxero en nada.
A presión urbanística na zona sempre pon este complexo en tensión e grave ameaza pola construcción de carreteiras e viais… e iso sumado ó gran descoñecemento (e escasa valoración) da nosa sociedade por parte das covas fan sempre pensar no peor… Sen embargo, e dende aquí quero agradecer como cidadán e como amante da natureza o traballo do Clube Espeleolóxico Maúxo, que topografiaron e exploraron estas cavidades con moito esforzo e sacrificio (pensade que o vistedes no video son rutas amplias válidas para un “viaxe iniciático turístico”), gracias a eles hoxe temos a información e documentación necesarias para valorar a súa importancia, coma un elemento único do noso patrimonio. Ademais sempre están alertas e evitan calqueira perigo que lle poida ocorrer a estas cavidades. Moitas gracias polo voso esforzo.
Pois un saúdo e un agradecemento moi grande para a xente de Maúxo. Grazas por defender as covas do Folón!
Moitas grazas Manolo polo video! Non sei como sobreviviu a cámara.
E moitas grazas Xurxo e Juan, de Axena, por facer de guías; sobre todo espirituais, porque sen a confianza que nos trasmitíchedes eu sería incapaz de meterme aí… e nin así fun quen de meterme por todos os buracos (teño unha espiña, digo, un buraco cravado… que terei que quitar un día destes)
Un sitio marabilloso.
Grazas e ánimo á xente de Maúxo.
Que malucos!
Con este vídeo acabas de reencarnarte no John Locke galego!
Supoño que polo de calvo…
Que experiência!
Visitar o ventre da montanha, descobrir os lugares secretos, aquela fonte mágica escondida… uf! todo um ritual.
Não extranha que apareçam oferendas, a salinha da cascada convida a acreditar em ninfas, em mouras… é todo tão feminino que realmente sinto que quando sai do buraco foi como nascer outra vez.
Ou ao melhor é que joguei de mais no Zelda…
E sem ter muitas referências, coincido co paideleo em que o nome pode vir de um moinho de folão que haveria em algum lugar do curso do rio, ou talvez próximo à zona.
Abraço pra todos!
Noraboas!!!
E o primeiro texto que leo sobre O Folón que me mergulla de novo nel, escoitando o seu murmullo e sentindo a súa maxia.
Faite volver a ese recuncho onde o silencio mistúrase cun son espiritual, onde só a vexetación e a morfoloxía exterior faite sentir os segredos agochados polos case dous millóns de anos da súa vida, da vida dos nosos antepasados, da vida da nosa nai Terra.
Aclaración do significado do seu nome:
Comentar que despois de diversos estudos de campo e pesquisas feitas o seu nome débese o son e non a muiños asociados.
Agora xa mirei o video:
Podo rir?
Síntoo, é que no tempo que durou so pude sorrir e rir. Pena non estar eu ahí!
Sorrir polo bo traballo feito e rir por ver por onde nos chegamos a meter, o por ver cómo se mollan os demáis…
Gústame o son de O Folón misturado co da lanterna recargable.
Aclaración da duda no min. 8 do vídeo:
Non vexo moi ven a rocha pero penso que o que estades a tocar e Opalo-A ou Opalo (non sei si se dí así) bioxenico, ADN fósil.
Parabens
Alégrome que che gustara o vídeo, Elena. Unha pasada as capas de ópalo, unha auténtia xoia bio-xeolóxica.
Joer, estaba eu pensando canto tardaria en leer un post sobre estas xornadas no blog de axena. Pero parece que saiu primeiro en capitulo O, en fin e igual de vo. Ademais parece que o pasachedes pipa.
Noraboa
jose, ese post está pendente e con sorte sae a finais desta semana! Esta foi unha excursión que fixemos este venres pasado, as xornadas foron a primeiros de xuño! que non te enteras…
Querido:
A mí no me vas a pillar en una de esas. ¡Qué agobio, cojones! Ya sé que está grabado y ayer hablé contigo, pero retransmiten ese viaje en directo y apago la tv. ¡Vamos que si la apago!
Me imaginaba intentando pasar entre esas rocas y quedándome enganchado entre ellas, sin poder moverme. ¡Estáis locos!