Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Riscos e futuros da blogosfera gastronómica

19 / May/ 2009 3 comentarios

Hoxe á mañá tivemos un interesantísimo debate en Navarra Gourmet, o evento gastronómico celebrado no Baluarte de Pamplona. Moderados por José Luís Orihuela, na mesa estabamos Philippe Regol, de Observación Gastronómica, Cristina Martínez, de Garbancita, Jorge Guitián, do Gourmet de Provincias e eu mesmo. O auditorio, unha maioría de blogueiros con gañas de conversar e debater ante o momento interesante no que estabamos.

¿Son os blogs gastronómicos unha realidade emerxente? Para nada. Son unha realidade moi real que xa está a participar do sector gastronómico con bastante intensidade, ocupando espazos e inventando outros novos, e cunha progresión velocísima. No encontro debatemos sobre os riscos. Eu falei do que me preocupa: realizamos estes blogs no noso tempo libre, pero cada vez recibimos máis convocatorias e convites interesantes a actos, presentacións, mostras, recibimos notas de prensa….todo iso ocupa o tempo libre que antes dedicabamos a un posteo bastante outsider sobre o sector. Agora estamos dentro. Coñécennos. Convídannos a conferencias. Saímos en revistas. E vivimos o risco que os nosos blogs se volvan uniformes no seu contido, demasiado imbricados dentro dunha estrutura que, en última instancia, é comercial e empresarial. Creo que este fenómeno, no Estado español, só está a acontecer deste xeito nos sectores da tecnoloxía e da gastronomía.

O tema, como se debatiu na mesa, non é a inserción de publicidade nun blog -que pode ser un proceso perfectamente regulado e diferenciado da práctica do bloguear. O problema son todas as técnicas de publicidade encuberta, agasallos paralelos que non son tan doados de xestionar coma un banner ou un patrocinio porque moitas veces non son esencialmente económicos…e tamén a proximidade real e amizade cos axentes dun sector (cociñeiros, adegueiros, produtores) cos que podes conxeniar, especialmente no ámbito que se podería denominar gastronomía de proximidade (Galicia é un exemplo). O verdadeiro reto dos blogs hoxendía está en xestionar esta nova realidade de insiders con intelixencia, frescura e honestidade.

Non me deu tempo a explicar a segunda parte da miña proposta, que é como loitar contra ese risco de esclerotización. E xira ao redor destas tres ideas.

a) Promover a creación, non crear máis gurús da opinión. O que fan falla son creadores de comunicación gastronómica: orixinais, serios, divertidos, que experimenten. A opinión hoxendía está demasiado barata e é demasiado sinxela. Feitos. Feitos. Feitos.
b) Pasar do individual ao colectivo. A blogosfera gastronómica debera imbuírse de determinadas nocións de Internet. Temos que mashupizar a gastronomía e abrir a súa API. :-) Proxectos en común que non anulen a nosa personalidade nin a nosa marca persoal.
c) Loitar contra a uniformidade. O futuro da comunicación gastronómica está na diversidade, na exploración, non en vinte blogs falando sobre Adriá (nada contra Adriá, por suposto, refírome a que é o típico tema recurrente). Un blog non está nunha illa deserta, senón que remata por buscar o seu espazo propio no ecosistema de contidos no que se ubica.

Foron a penas 15 horas en Pamplona, e xa escribo desde a T4 de Barajas, de volta a Galicia. Pero aínda deron máis de si. Xa vos contarei.

3 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.