Piraguas castrexas no fondo do río Limia

O descubrimento é sorprendente, e os datos acaban de ver á luz nunha publicación científica do Ministerio de Cultura portugués titulada As pirogas 4 e 5 do rio Lima. No fondo do río Limia, moi preto de Viana de Castelo, un pescador de lampreas chamado Francisco Pinto Agra, localizou a primeira das piraguas. A partir de aí, o equipo de Francisco Alves e Eric Rieth conseguiu localizar outra delas, as dúas nun estado excepcional, e unha delas, cun emocionante e rústico mascarón de golfiño na proa. Son piraguas da Idade do Ferro, da época dos castros, teñen máis de dous mil anos. O equipo retirounas, estudounas, e acaban de publicar os datos. Non sei se se pode publicar o documento, pero con gusto remitirei a quen mo pida por correo electrónico o texto en PDF.

Grazas, Xurxo!

21 Comments

  1. Xurxo
    28 / Abril/ 2009

    Que ben che tería vido este achado para incluír no debate-degustación sobre a lamprea da Radio Galega je je

  2. 28 / Abril/ 2009

    Mimadriña, aínda teño a boca aberta!!

  3. 28 / Abril/ 2009

    unha achedega incrible…se tes o texto podesmo pasar…estaria encantado de leelo. Saúdos e apertas meu :) deixachesme abraiado

  4. Xabrés da teixeira
    28 / Abril/ 2009

    Grazas pola información. Coido que é un grande achádego.
    Noraboa os nosos amigos portugueses, que coidan bastante estas cousas.

  5. Cástor
    28 / Abril/ 2009

    Ola, agradecíache que me enviaras o pdf

    Saudos,
    Cástor

  6. 28 / Abril/ 2009

    Impresionante.

  7. lapatianco
    28 / Abril/ 2009

    Non che sabía nada do tema. Impresionante. Así da gusto irse informando. Graciñas “tocajuevos” pola ligazón á páxina do estudo.

  8. 29 / Abril/ 2009

    Unbelievable!!! Increible!!!

  9. REFLEXF4
    29 / Abril/ 2009

    Eu tamen quero………………

  10. Moncho
    30 / Abril/ 2009

    Impresionante…
    Deben ser as primeiras embarcacións desa época que se atopan polo norte peninsular… Ou hai noticias dalgún descubrimento anterior similar?

    Tamén é interesante saber -máis ca nada for afición persoal- que xa daquela había piragüistas pola zona… :-)

  11. carlos
    30 / Abril/ 2009

    moncho, hai noticia dunha en cesures

  12. XLsebio
    30 / Abril/ 2009

    se mo podes mandar,leereino con atención ,unha aperta.sebio

  13. 1 / Maio/ 2009

    Certo, hai constancia de que en Cesures se atopou unha embarcación, aínda que de aquela non existían datacións C-14 e a embarcación desapareceu. Eu non perdo a esperanza de que algún día soe a flauta.

  14. maceirax
    1 / Maio/ 2009

    Manuel, se tes ben enviarme o pdf a “maceirax” en “gmail.com”, estaríache mil veces agradecido.
    Un saúdo, boa web.

  15. 2 / Maio/ 2009

    Por certo, soname moito algun comentario de Fco. Conde-Valvís que contaba que os paisanos da veiga atoparan unha barca nas zonas onde nos anos 50 el mesmo atopou os palafitos da lagoa de Antela…

  16. João Rodrigues
    5 / Maio/ 2009

    Olá,
    Gostaria muito de receber esse PDF por email (joaorodrigues88(AT)gmail.com).

    Obrigado.

  17. Breogán Lavandeira
    5 / Maio/ 2009

    Olá,eu tamén gostaria muito de receber esse PDF por email: breobrigo@gmail.com

    Obrigado mil veces.

  18. 6 / Maio/ 2009

    Impresionante!!!Mágoa que a ligazón do pdf non vaia.Poderias reenviarmo si fas favor.Graciñas

  19. Vitor Santos
    17 / Maio/ 2011

    De facto em Portugal existem inúmeros vestígios arqueológicos que ainda estão por descobrir.
    Possamos na realidade dar mais atenção ao nosso património, na medida em que devido às debilidades económicas/estruturais que temos teremos de apostar na divulgação deste espólio para fomentar o turismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará