Carnes con mimo en Casa Barqueiro (Negreira)


Polbo á grella e chuletón na Casa Barqueiro. Fotos: Sole

A Casa Barqueiro [T: 981818234 / localización] ten sona en Negreira e na zona como un lugar de bo xantar. Disque os irmáns que rexentan este céntrico restaurante proveen de carne de boi galego a Arzak. E carnes e elaboracións sinxelas, xunto cunha rica adega pouco habitual nas pequenas vilas galegas, son os sinais desta casa, sen dúbida. Comézase, por exemplo, cun curioso polbo á grella, servido con cachelos e recuberto cunha vinagreta que pode dar lugar a opinións encontradas (¿enriquece ou lle resta sabor a un bo polvo á grella?), e pódese seguir cunha das especialidades da casa, un chuletón á pedra. Carne de lei a un prezo moi interesante. Con postre (unha rica tarta de queixo da casa), viño (Protos Roble 07, servido en boas copas e excelente temperatura), café e licores da casa, sobre 32 por cabeza. Por certo, na mesa do lado estaba sentado o señor que vai ir ao “purrugatorio”, e asegúrovos que é tan fenómeno en privado como en público (e non lle custa nada expresalo nun bo volume).

3 Comments

  1. 10 / Abril/ 2009

    Ten boa pinta o polvo á grella. Nunca o probei, así que pode ser unha boa desculpa dar unha volta de novo por Negreira. Xe teño comido moi ben nese pobo nun restaurante do que non me lembro o nome porque xa fai tempo. Se non me falla a memoria era un sitio moi enxebre.
    Por certo, picoume a curiosidade o do señor que vai ir ao “purrugatorio”, recomendo a súa escoita, non ten desperdicio.
    Moi boa a súa paxina, levo tempo entrando porque ma descubriron os amigos de Certo.
    Saúdos dende Nebra, Porto do Son

  2. 10 / Abril/ 2009

    Moitas grazas, Paco, pase por aquí cando queira!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará