Entrevistado en Tortilla de Patata

Tortilla de Patata é un podcast creado polos pontevedreses Andrés Milleiro e Manuls que este ano gañou o Premios Bitácoras 2008 ao mellor podcast en castelán. O outro día estivemos gravando vía Skype unha entrevista sobre Capítulo 0 e a gastronomía que se pode escoitar na súa última, polo momento, edición, a 2×14. Penso que quedou divertida. A entrevista vai máis ou menos desde o minuto 33 ata o final. Moitas grazas por contardes comigo!












Grazas Manolo!
Quedó chula.
Saludos
que grande a recomendación de casa ramallo en padrón, non a coñecía e iso que a teño a 10 kilómetros da casa, foi escoitar o podcast pola mañán e xa collín o coche, a moza e os amigos e aquí estamos a comer pementos recheos de codorniz e guiso de xoubas
graciñas
alégrome de que che gustara, Fran. ¿Pementos recheos de paspallás? Na vida llos probei. Que envexa!