Ecofont, unha fonte para aforrar tinta

Ecofont é unha nova tipografía open source inspirada na fonte Vera Sans, tamén de código aberto que, en teoría, permite aforrar ata un 20% de tinta (o líquido máis caro do mundo, lembremos) nas impresións dos textos que a empreguen. Está dispoñíbel para Mac e PC. Probeina e con impresoras láser vai mellor, aínda que en pantalla ao meu ver queda un tanto lixeira de máis. Con todo, é unha iniciativa interesante cando non che queda máis remedio que imprimir.
¡Grazas, Moisés!
















Estaría ben que a xente deixase de darlle bombo á maldita ecofont esa que non é máis cunha campaña publicitaria. Hai moitas razón para escapar dela, só basta darlle un pouco ó Google, e só unha para usala: parecer chachi.
Algunha das razón para escapar que son de sentido común:
- É unha fonte baseada nunha fonte para usar en monitor, así que ó que se lle ocurriu non debía saber moito de tipografía; para fiarse.
- Non se leva ca opción «eco» das impresoras. No meu caso perdería de aforrar 40% de toner a un suposto 20% -que non é certo-
- Non se mira ben con tamaños pequenos. É dicir, o que se perde nos paus gáñase no total do folio.
- Dudo moito que unha Gentium (tamén libre) chupe moita máis tinta e unha Barkerville (de pago, pero común nos SO comerciales) seguro que chupa menos.
…
iago, no meu caso non se trata de darlle bombo, senón de dar alternativas para o consumo máis eficiente de tinta. Penso no momento de facer o post en impresoras láser de oficinas que non teñen activo o modo economizador (en moitas impresoras non é doado atopar a opción, ou non se ten activa por x motivos), esta é unha alternativa decente para traballar en borradores e cousas así.
Ademáis, non me parece mal trasladar o concepto ecolóxico a unha tipografía como idea. É didáctico e sinxelo.
Trasladar o concepto ecolóxico está ben como campaña publicitaria, pero a didáctica non lla vexo por ningures. A didáctica está en ensinarlle á xente a usa-la impresora pois non hai unha solución tecnolóxica para aforrar tinta e sí moito que aprender á hora de presenta-las cousas. Como non usar sempre a configuración por defecto e así usa-la impresora dunha forma máis responsable e, por exemplo, se pasamos algo ó papel, pasalo dun xeito que sexa agradable á vista e non esos traballos feitos cunha Calibri enorme que veñen agora co aquel do Office 2007.
A fin de contas, é máis sinxelo aprender a configura-la impresora en modo Borrador -a falta do modo Ecolóxico- que explicar cómo baixar unha nova fonte, instalala e cambiar a fonte dun documento. Por non decir que a EcoFont esa non renderiza nada ben no monitor, co que habería que ensiñarlle a alternar entre EcoFont antes de imprimir e logo voltar a algo máis «monitoril» para non acabar ca vista da xente.
¡E ollo ó piollo! Usando unha palo-seco como a EcoFont para imprimir, teremos que lembrarnos de amplia-lo intelineado se non queremos deixa-los ollos no papel. Mentras que cunha serifada podemos usar un intelineado sinxelo e aforrar papel, saúde e tempo porque ler unha serifada é máis rápido.
Sinto ser tan intolerante co asunto da EcoFont, pero é unha cousa que me pode.
Quedeime ca curiosidade de si se podería saber se realmente aforrabas tinta respecto a Gentium e, ¡tará! topei isto:
http://farlukar.110mb.com/stuff.php#ecofont
Un estudo moi interesante que sen ser moi científico é tan matemático como os argumentos que usan os de SPRANQ. Nel se demostra que a EcoFont máis que aforrar tinta ten pinta de tirala…
A nota graciosa é un comentario que topei no medio da búsqueda:
«Teño medo que esta fonte faga que os lectores se perdan algúns puntos dos meu texto e topen buracos no meu argumento.»
Creo que xa tirei pedras dabondo contra a EcoFont por hoxe :D
Pois a min paréceme unha idea interesante, e se ve ben…
E cando se tiran tantas pedras contra algo… non sei, o sentido común, que é o menos común dos sentidos, por certo, invita a pensar que unha fonte «furada» por forza ten que consumir menos tinta… ademáis, é bonita. Tampouco dubido que haxa outras que consuman menos, pero non todas quedan ben.
Polo momento, xa está instalada e probareina.
Unha aperta e grazas
@delokos:
¡O sentido común o que nos día é que temos que evitar escoller para imprimir unha fonte que está pensada para usar en pantalla!
Unha fonte para monitor implica que está pensada para ter un bo kerning que nos tempos que non había bo anti-aliasing -porque esa é outra, que é unha fonte dos tempos do NAVIGATOR!!!!- supuña moverse no ámbito das fontes monospaciadas logrando tamaño similares para tódalas letras, unhas líneas bastante gordas para distinguirse do fondo e nada de ligazón e outros aspectos que se usan en imprenta para aforrar espazo e mellora-la lectura.
Por favor, usémo-lo sentido común ben. O que ven sendo usar, para imprimir unha fonte pensada para imprimir. ¿Ou pensades que a tinta subeu de prezo fai dous meses? ¡O de aforrar tinta é algo que estivo presente dende os inicios da imprenta!
A EcoFont ten de todo menos sentido común. Escollemos unha fonte que usa 50% máis de tinta que unha fonte para imprenta, poñémoslle uns buracos e ala, aforramos -30% de tinta coa sensación de que somos ecolóxicos. Se esto é sentido común, o de tunear coches debería convertirse en carreira universitaria…
Por favor, usen Gentium. Unha fonte preciosa que non nace dunha campaña publicitaria senon dun traballo loable i exemplar que por riba, gasta menos tinta que a maldita EcoFont:
http://scripts.sil.org/cms/scripts/page.php?site_id=nrsi&item_id=Gentium
[...] y práctica así que iba a escribir una nota aquí recomendando su uso. Pero buscando un poco de información adicional (leer los comentarios) me he dado cuenta de que tiene algunos puntos oscuros. Antes de continuar debo reconocer que hasta [...]