O elefante de guerra da capela de Alba

9 / March/ 2009

in Roteiros

É a gárgola máis enigmática da igrexa de Santiago do Deán, na Pobra do Caramiñal: un elefante disposto con arneses de guerra. Está ubicada, solitaria, no exterior da Capela de Alba, un portento escultórico único do final do Renacemento galego moi descoñecido a nivel popular (un día a ver se conseguimos facer un set decente de fotos do interior e volas ensinamos). A Capela foi construída en 1572, suponse que por un mercader. Este elefante de guerra único pode facer referencia ás lecturas históricas ou novelescas do promotor; en realidade, toda a capela obedece a un concienzudo e barroco programa de representacións e isto non é máis que o exemplo máis excéntrico. Tamén pode estar contando outra historia que, polo de agora, se nos escapa, quen sabe se unha viaxe a Oriente…

Pouca xente advertiu a presenza deste Olifante.

{ 12 comments… read them below or add one }

An 9 / March/ 2009 at 12:59 pm

Pois cando pase por alí heille botar un ollo, que interesante, coido que o home podería ter sido parente de Marco polo XD saúdos e apertas

carlos 9 / March/ 2009 at 2:05 pm

D. Manue vaime encher a bisbarra de turistas coma siga a este ritmo.Cando veña por Atenas (para que non se me olvide) temos que ir a Tallara e ver un moi enigmatico panteón…………………

Gourmetdeprovincias 9 / March/ 2009 at 2:59 pm

A capela de Alba ía ser un dos elementos centrais da miña tese de licenciatura. Lamentablemente, a miña titora enfermou, desvioume a outro titor e desde aí a miña relación coa historia da arte corre por outros derroteiros. Pero aí estiven, a piques de especializarme nela. Así que lle teño un certo cariño.

magago 9 / March/ 2009 at 5:13 pm

Gourmet, pois xa sabes que te vou liar para explicar o interior nese set do que falei. :-)

Gourmetdeprovincias 9 / March/ 2009 at 5:39 pm

Que fora facer ese traballo non quere dicir que chegara facelo ;-)
Pero intentaremos sair do paso con dignidade

Galeguzo 10 / March/ 2009 at 12:27 pm

Realmente é um enigma desses que agitam a imaginação! E a todo isto, a gente do lugar tem alguma teoria sobre o elefante, sobre o que significa o de onde chegou?

magago 10 / March/ 2009 at 5:01 pm

Galeguzo, eu que vivo ao carón da igrexa, nunca atopei tradición oral vinculada a esta gárgola, aínda que si a algunha outra figura do templo e ao conxunto formado por este e os dous pazos que están ao carón. O cal non quere dicir que non a haxa. A verdade é que sería interesante facer unha recompilación da tradición oral vilega que aínda poida quedar (sospeito que moi pouca). Esa gárgola está ausente da tradición oral que eu coñezo.

Folerpa 10 / March/ 2009 at 7:00 pm

Coma sempre, Manolo, quedo pampo coas túas descubertas. Como comento no meu blog eis o xermolo dunha boa novela.

magago 10 / March/ 2009 at 7:28 pm

Grazas, Folerpa, para min sería un orgullo e unha ledicia tremenda que de aí saíse unha novela túa. Acábasme de dar un subidón vespertino, literal.

A Capela de Alba é unha estraña marabilla do Renacemento galego, unha sorte de explosión de imaxinería que moi poucos coñecen. O Olifante pon a guinda divertida pero hai moitas máis cousas. Como vexo que hai interese, esta primavera dedicaremos un sábado a retratar todo o que hai alí dentro, qe é moito.

Folerpa 10 / March/ 2009 at 7:32 pm

Eu xa ando a pensar nunha excursión de domingo para vela, xunto cunha nova e obrigada visita a Noia, para ver as extraordinarias campas gremiais de Santa María.

magago 10 / March/ 2009 at 7:35 pm

Pola mañá do domingo, a partir das 11, non deberas ter problema en visitala, que creo que hai catecismo. Hai misa ás 12 e á 1, e non sei se antes. Pola tarde debe estar pechada.

reflexf4 11 / March/ 2009 at 7:17 pm

Fixeches que me lembrase que quero ler a ultima de Saramago…po lo do elefante..
Estaria ben ler a tua Manuelgago…po lo do elefante.:-)

Deixa un comentario

Previous post: Voando a lombos de Falcóns, en La Voz de Galicia

Next post: Mutating Matter: Intel comeza a idear a materia programábel