A alta participación

1 / March/ 2009

in Diario

Xa non valen as vellas premisas dos axentes políticos. Cando se confiaba en que a alta participación beneficiaría á esquerda, trasladaban vellos conceptos da sociedade que xa non son válidos para comprender as dinámicas actuais. A alta participación significou, posíbelmente, o pulo do PP para enriba. Que a esquerda confiara na alta participación significa que non valorou que a participación política e a mobilización social xa é unha ferramenta útil para todas as forzas políticas. Que o bipartito non tivera a visión para comprendelo se cadra estea no cerne da explicación do que pasou aquí.

{ 20 comments… read them below or add one }

el pingue 1 / March/ 2009 at 11:39 pm

Y puede que también la izquierda es mucho más crítica con los suyos y lo suyo que la derecha.

magago 2 / March/ 2009 at 12:23 am

Sin duda. Y no hay duda que a un líder de izquierda se le piden cataduras morales que no se le piden a otro de la derecha.

PabloV 2 / March/ 2009 at 12:29 am

eso mismo pensaba eu… pero non me basta para explicar este incremento da participación en favor do partido popular

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien 2 / March/ 2009 at 12:44 am

Que mágoa, mesmo pra un aristócrata teutón, viver de rendas, de salvadores de patrias alleas ( hespañolas, pra ser máis exactos ).

Saudemos a partires de mañá o Anti-País, isto é, Dame Corina Porro conselleira de educación ( ??? ) e o máis espúreo e conservador de Génova instalado en Santiago.

Pois, ¡Viva España!, segundo se significa destes deplorables resultados pseudo-galaicos ( dende logo moitos votantes do PP galego non saben ben o dano que lle fan á cultura galega, con todos os seus significados, có seu voto auto-complacente ou mesmo consecuente, o que é ainda pior… ).

Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Feixon 2 / March/ 2009 at 12:56 am

Para cando o 65 % dos galegos saiban o que significa cambios estructurais nun país , teremos 300 anos máis de goberno conservador.
O PP acadou unha maioría absoluta con :
1º prato: Un coche caro
2º Unhas sillas caras
Postre : Unha foto de Quintana de postre
Viño: Un alvarito de GaliciaBilingue.

Para presumir de país…..

Eu 2 / March/ 2009 at 1:40 am

Foi o fracaso do bipartito moito máis ca o triunfo do PP. E eu votei para manter ó bipartito.

Juan Castro 2 / March/ 2009 at 3:14 am

Son resultados raros, que necesitarán moito tempo de reflexión. Parece que hai novas dinámicas, cun auxe de novos partidos a considerar moi seriamente. Eu pensaba que TeGa ou UPyD ían facer dano ó PP en lugar de quedarse co posible voto de castigo de xente desencantada co Bipartito (en cambio, FPG, EU e similar, que eran os teóricos beneficiarios deste voto de castigo, derrumbáronse).

Seguramente sexa a novidade máis destacada nas dinámicas eleitorais en 20 anos, así que a “Esquerda” ten unha boa oportunidade para estudialas.

Iso si, a maior reflexión que se impón, polo ben de todos, é por que carallo a Esquerda deste país é incapaz de xestionar o poder e a ilusión polo cambio. Fixeron falta 16 anos para volver a ter umha alternativa crible. A saber cantos se necesitan agora. E máis alá da ideoloxía de cada un, iso non é sano para a vida política…

xmanoel 2 / March/ 2009 at 9:56 am

Feixón,

Ademáis do menú habería que incluir os 4 anos que se pasaron cociñandoo, nos que se lles esperaba cociña de vangarda e facían cociña tradicional. E na cociña tradicional, os de sempre teñen unha chea de ventaxa.

xmanoel 2 / March/ 2009 at 10:00 am

Juan, eu non vexo un futuro completamente azul. So hai 2 asentos de diferencia, e iso non me parece unha diferencia insalvable. Coma decía o Obama este “Yes we can”. Pois que se poñan a elo.

Roberto 2 / March/ 2009 at 10:19 am

Luego hay otro dato, al menos en Castilla y León, y es que la corrupción y el caciquismo jamás hace daño a la derecha, o por lo menos es lo que parece. En esta, mi comunidad, lleva el PP en el gobierno decenios, a pesar de todos los escándalos. Algo ha hecho o lo está haciendo mal la izquierda para que en 4 años no hayan calado a los galegos.
Y una reflexión: no conozco a un votante del PP que haya dejado de serlo y que en castigo a la política de su partido haya dejado de ir a votar. Del Psoe, Psg, Pse, IU,……. conozco varios.

Saludos

Gourmetdeprovincias 2 / March/ 2009 at 10:26 am

Eu penso que o votante progresista é máis esixente cos resultados, é dicir, non se conforma con acadar o poder senon que, catro anos despois, avalía e en boa medida pasa factura. Nese sentido penso que moitos votantes puideron sentir que foron catro anos nos que a ilusión do cambio non foi correspondida e, en boa medida, de oportunidades perdidas.

Desde o terreo da xestión cultural, que é no que me movo e do que podo opinar con máis argumentos, penso que houbo unha sensación de desencanto xeralizada, de que moitas cousas non se fixeron (¿Qué foi da modificación da Lei de Patrimonio Cultural ou do seu desenvolvemento normativo?), de que non houbo valor para reformular moitas das herdadas (parques arqueolóxicos, por exemplo) e de que, en moitas ocasións, as actitudes e os modos non foron os que se esperaban cando houbo un voto polo cambio.

Penso que despois de moitos anos de fraguismo houbo unha parte moi significativa do electorado que non entendeu, porque era difícilmente entendible, a política amiguista con determinados sectores do mundo artístico e cultural.

E teño esa sensación porque ó final penso que máis que falar de que as eleccións as gañou o PP, habería que dicir que as perderon o PSOE e o BNG. Non só por non revalidad o poder, que é algo insólito, senón porque á marxe do moderado crecemento do PP resulta moi rechamante (e moi significativa) a dispersión do voto cara Esquerda Unida, UPyD, Terra Galega… En boa medida votos desencantados cun bipartito que non foi quén de entender que gobernar en coalición non supón que cada un goberne a súa leira de xeito independente (penso que, por exemplo, e volvendo ó caso de Cultura, o BNG non foi quén de asumir que xestionaba ese departamento partindo de tan só 1 de cada 5 votos, algo que debería ter moi en conta á hora de elaborar unha política que os votante haberían avaliar en catro anos). Creo que esa dispersión de votos responde a un evidente desencanto e que, se as forzas gobernantes, tiveran sido capaces de aglutinalas poderían ter marcado a diferencia.

Pero teremos catro anos para reflexionar sobre a cuestión.

tocajuevos 2 / March/ 2009 at 10:47 am

Xa me gustaría asistir as xuntanzas de avaliación do bipartito. Teño verdadeira curiosidade por saber como “entenden” o comportamento da xente.
Unha cousa que non se está a falar moito é que hai 6 meses as enquisas daban subida para o BNG e reedición do bipartito. Que pasou en 6 meses? non eran fiables as enquisas? as últimas si que o foron.
Por qué moitos votantes da esquerda estan dispostos a un mal maior en lugar dun menor (que goberne o bipartito)?

an 2 / March/ 2009 at 11:44 am

O que eu saco de conclusión é que toddo seegue igual, que por moito quue nos pese, temos o que qeremos, máis que o que merecemos, e que atendemos máis a contoss que a feitos, e non creo que sexa problema dunha tradición horal, se non máis ben dunha semente caciquil dificil de sacar dos miolos. saúdos

Leiras 2 / March/ 2009 at 11:57 am

Non me alegrei de que gañara o PP, pero tampouco me tería quedado a gusto se tivera renovado o bipartito…

Os galegos, aínda que moitos os tachen de parvos, somosche xente moi lista, e decatámonos de cando se está a facer unha mala política que foi, nin máis nin menos, a causa da derrota do bipartito.
“Desencanto”, como di Gourmet, é a palabra que máis escoitei nos últimos tempos respecto ó goberno saínte.

Que política social se fixo nestes derradeiros catro anos, como cabería agardar dun goberno de esquerdas? Cantos miles de milleiros de euros se estragaron en parvadas, actos de propaganda política, chorradas varias e política de foto… sen atender as prioridades do noso país? Que se fixo para mellorar o rural? Cantas normas se sacaron a toda présa e sen escoitar ós axentes afectados, seguindo a política de “aquí mandamos nós, e punto pelota!”? En definitiva, en cantos erros dos anteriores gobernantes caeu o bipartito?? Predicar co exemplo, é o q

E , sinceramente, eu xa estou un pouco farto das “campañas da anécdota”: que se a foto do Quintana, que se os gastos do coche oficial e do mobiliario de despacho, que se as vacas do Feijoo…
Como dixen, os galegos somos moi listos. Demasiado como para valorar a uns e outros candidatos simplemente por iso. Mellor será que busquedes as causas da derrota noutro lado…

Mon 2 / March/ 2009 at 12:44 pm

Eu creo que hai moito galego que ten vergonza da súa propia lingua, e en consecuencia da súa cultura e de si mesmos.
Cheguei a escoitar a persoas, que din ser de esquerdas, dicir frases como: “Para que sirve el gallego….?”, “Si Feijoo me asegura que va a quitar las asignaturas impartidas en gallego, ya solo por eso, le voto …”.
É moi triste que un dos motivos de castigo ao bipartito sexa o noso idioma …

Corina Lopez-Llaves 2 / March/ 2009 at 1:11 pm

Adios Galescolas, derogación da lei de normalización linguistica, goob bye seleccions galegas, equipo ciclista galego, ou sexa máis Galicia e menos dalá.
Tocalle o turno a banda de gaitas estilo ourensan ou ao cuarteto tradicional con rojo y gualda en la percusión.

Leiras 2 / March/ 2009 at 2:22 pm

Se o que dicides é o principal motivo para lle votar ó BNG, aínda me vai alegrar que teña gañado o PP… (é coña)

As seleccións galegas xa as había antes do bipartito; a Lei de normalización lingüística non é deste goberno; as galescolas deberían depender de Educación, non de Vicepresidencia; a cultura, claro que é moi importante, mentres non se use para facer propaganda…
A mellora do nivel de vida da xente deste país, que é o resumen de todas as prioridades que actualmente temos, segue a ser materia pendente…

magago 2 / March/ 2009 at 5:08 pm

Anxo Guerreiro e alguén tamén nestes comentarios dixo algo clave onte na TVG e hoxe aquí: a cuestión é que non houbo unha ruptura fácil de percibir entre o bipartito e o goberno do anterior PP. Ruptura de modos de gobernar, e de medidas visibles. Si é certo que houbo cousas interesantes, pero a sensación de conxunto é, se cadra confusa. Malia haber moitos menos escándalos que na etapa maragalliana da Generalitat, os partidos instaláronse na comodidade da bipartición.

Pero quero dicir unha cousa: o bipartito, os dirixentes electos e os seus asesores, son só unha pequena parte do entramado do goberno. Para tomar medidas, para facer accións, era preciso contar con máis xente. E, ao mellor, tamén houbo problemas neste sentido.

tocajuevos 2 / March/ 2009 at 7:43 pm

a que te refieres co mais xente? aos funcionarios? aos altos cargos? aos asesores?
Disque moito traballo foi parado polos funcionarios que de repente se puxeron exquisitos, pero eso non xustifica a actitude no goberno de ambas forzas.

botadechaplin 3 / March/ 2009 at 2:07 am

Eu entendo que houbo un problema de desencanto entre os electores que non percibiron un verdadeiro goberno na Xunta: Desconfiaba o BNG do PSOE e ó revés (e esto estase a repetir nos bipartitos municipais). Todo se fai baixo o un acordo escuro e continuamente incumplido de “paz por territorios”. Naturalmente un reparto de concellerías ou consellerías pode ser normal, pero non se atreven a presentalo baixo un programa pactado e de obrigado cumprimiento. Non son capaces de chegar a máis acordos que os de repartirse áreas competenciais, sen un proxecto duradeiro, visible e trasparente. Sobre todo trasparente. Un termo en alza nos tempos que corren.

As consecuencias vimolas na Xunta e as estamos a vivir nas cidades galegas que se reparten como se fosen tartas. En Vigo, que o que me toca máis de preto, o espéctaculo que están dando é lamentable: Gastos de proxectos, asesores e propaganda por duplicado, e case sempre coa única intención de sair máis na prensa que o socio de goberno. Pensan que van crecer en número de votos fagocitando os electores do seu socio, e entón pasanse os catro anos facendolle contraprogramación. Foron expertos en eso. Vense como enemigos. Non fan cambios sustancias na sociedade para que poida aumentar o seu número de votantes desde a ideoloxía. Queren crecer rápido a costa dos votantes do outro partido “de esquerdas”. As enerxias e gasto que fan en marketing coa única intención de DESTACAR MÁIS CO OUTRO, deixaos sen folgos para dirixir un país coa cabeza despexada.

A escenificación da desconfianza mutua (lembro o dos carteliños de Vicipresidencia) e o reparto meramente aritmético, sen outro contido programático que a contraprogramación, desanimou a esa parte do electorado que buscou outros camiños.

Suso de Toro dicía recentemente nun artigo “hai que darlles outra oportunidade”. Pues si. Dentro de catro anos van ter outra.

Deixa un comentario

Previous post: En Twitter

Next post: A conexión italiana