Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Diario

Fórum Gastronómico: unha visión sobre a crise

24 / Febreiro/ 2009 Un comentario


Panorámica dunha das áreas expositivas. Foto: Fórum Gastronómico.

Girona é unha cidade de gourmets. Nalgún colmado da cidade vella un atópase de repente un Petrus de cento e pico anos no escaparate, ou nun bistró rematan a cea sacando un impresionante Dr. Burklin-Wolf do 1998 coma se nada. O Fórum Gastronómico desta cidade é, nesta edición, moitísimo máis grande que o anterior de Santiago -aínda que Santiago multiplicará o seu espazo expositivo levando a Feira a Amio no 2010-. Pero este ateigamento de xente, este bulir, é espectacular nos momentos de delicada situación económica na que nos atopamos. Pregúntolle a Pep Palau, codirector do Fórum, como está a afectar a crise. «Medramos», asegura, «pero non foi doado. Houbo que traballar moito para convencer». Ver unha feira deste calibre, dedicada á exaltación da gastronomía como feito cultural ou económico, con esta enorme vitalidade malia as negras perspectivas económicas que se anuncian para o 2009 ou 2010 resulta intrigante, e fai pensar en cal debe ser a actitude das empresas do sector ante a crise: replegarse cautamente ou optar por unha estratexia de visibilidade, agora que todo se mira con cautela. Falo con algúns expositores. «Eu non vou esperar quieto», asegúrame un.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.