
“Esta é a miña máquina”, unha das historias de Coas Nosas Mans. Podes vela aquí.
Estamos que nos saímos. Coas Nosas Mans, o sitio web que realizamos desde o Grupo de Novos Medios da USC, cun equipo integrado por alumnos das titulacións de Xornalismo e Comunicación Audiovisual dirixidos polos profesores Xavier Vaz e eu mesmo para o Fórum Gastronómico, acaba de gañar o áccesit a mellor web gastronómica no XV Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro que convoca o concello de Lalín. O proxecto foi realizado co apoio da Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago e o Fórum Gastronómico de Santiago.
Coas nosas mans é unha gran reportaxe multimedia sobre o pasado, o presente e o futuro do cerne da nosa gastronomía: os alimentos. Cos alumnos, percorremos moitos quilómetros retratando aos produtores e transformadores dos alimentos do noso país, amosando a íntima relación da nosa cultura coa orixe natural dos nosos mellores produtos alimentarios.
Quero darlle as grazas a Eloi, Rocío, Vanesa, Silvia, Mónica, Elena, Andreia, David, Eloy, Jabi, Juan, Roy, Samuel, Víctor, a Xosé Cannas, a Sole, a Xabi Vaz, a Pep Palau e Jaume Von Arendt, a Turismo de Santiago, á Facultade de CC. da Comunicación e a todos os patrocinadores do proxecto por crer en nós, por todas as horas e ilusión investidas en este proxecto, e tamén ao xurado por elexirnos como mellor web gastronómica.


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 8 comments… read them below or add one }
Non se merecen. Creo que non puidemos buscar un nome mellor para o proxecto.
Noraboa a todos!!!!
Parabéns
Poucas veces un premio foi tan merecido como cando se conxugan aprendizaxe, pasión polo que se fai e traballo ben feito.
Parabéns a todos!
É unha nova fantástica e moi merecida polo expléndido traballo
Parabéns
Parabéns!
Gracias a ti por todo Manolo!!!
O premio foi facelo e, agora, mel sobre filloas!
Gracias compañeiros!
fantástico traballo, rapaces, (so botei en falta un pouco mellor mellor son)
que tal utilizar este formato para unha serie ala “Galicia para el mundo”?
Alégrome de que polo menos algún dos premios deste ano sexan xustos, xa que o primeiro premio vai para un libro editado polo propio Concello de Lalín con certo tufillo a tongo.