
Os preloaders son esas pequenas animacións flash que substitúen á antiga barra de progreso de moitas aplicacións mentres as cargabas. Teñen a función de entreterte e avisarte de que todo marcha correctamente mentres cargas un sitio web en Flash. Pretty Loaded compila exemplos excelentes de preloaders.

Moi chulos!
Eu sempre busco o “skip intro”, pois odio ter que esperar para entrar nun sitio, pero algúns deses preloaders pagan a pena, polo menos a primeira vez que os miras.
Realmente a selecção é muito interessante… contudo, acuso-me de fazer como María L, isto é, procurar um “skip intro” (consequências de uma vida pouco sossegada? :D).
Paso botarlle un ollo rapidiño—grazas polo vieiro:) Saúdos
Ei, puntualizar que non son “intros”, son “preloaders”. As intros pódeas saltar, pero os preloaders son esas figuras que aparecen mentres carga a páxina e que non podes evitar!
Puntualizo a puntualización:
Os “preloaders” aparecen mentres carga un flash. A páxina pode ter unha vertión flash e outra html. Moitas veces aparece o “skip intro” para saltarte o flash e entrar directamente nos contidos. Nese caso sáltaste tamén o “preloader”.
Claro que hai páxinas só feitas en flash e que non che dan outra opción que aturalos. Nese caso non hai salto posÃbel.