Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co, Roteiros

Cinco pratos para o restaurante Pandemonium en Cambados

16 / January/ 2009 2 comentarios


Arroz de berberechos con codium. Fotos: Sole

O cociñeiro Antonio Botana rexenta o restaurante Pandemonium [T: 986 543 638 / localización] en Cambados. Próximo ao Yayo Daporta (Botana e Yayo pásanse ingredientes entre eles coma os veciños dos pisos sal entre nós), o Pandemonium é un restaurante cun forte acento nos produtos do mar. A xeito de carta de presentación, neste ano Botana tentou demostrar as posibilidades do polbo e, en xeral, dos cefalópodos. O que máis me impresionou do Pandemonium é o competitivo prezo do seu menú degustación (36 euros no 2008), que nos fai pensar nas piruetas creativas que deben facer os cociñeiros para manter unha aposta contemporánea a un prezo competitivo nunha zona na que o turista demanda, moitas veces, un restaurante máis convencional de peixe e marisco. Sei que non é doado manter con dignidade determinadas apostas culinarias como estas no día a día.

Estes cinco pratos do seu menú degustación -hai tamén, obviamente, postres e outros entrantes- que publicamos son a vértebra da destreza do cociñeiro en axustar prezos, receitas, produtos sinxelos e económicos e tempo, equilibra como pode e ensalza o tránsito festivo que supón un xantar degustación de dúas horas e pico. Xunto con ese arroz de excelentes berberechos de Noia con codium (un alga que lle achega un intenso sabor mariño a este arroz), están as luras da ría con tomate confitado e pistacho, a dourada cun mallo de herbas, o xarrete con setas. Este rico ovo con patacas fritidas e chourizo, preparado para que a xema sexa unha festa de textura. Hai pratos que se comprenden mellor coa imaxe en movemento:

Con viño e cafés (nós tomamos un albariño Contra a Parede 2004), o Pandemonium sae arredor dos 50 euros.

2 comentarios »

  • l&m says:

    deus! que fome e termino de comer…!!!
    beijos

  • An says:

    Pois antes era do mozo dunha amiga (supoño que o seguira sendo)…e incluso chegara a facerlle a mascotiña que logo so quedou para cousas dos cativos…algún día ei ir por alí :) Saúdos e apertas

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.